Código CeroCódigo CeroCódigo Cero
  • NOVAS
    • Actualidade
    • Electrónica de consumo
    • Eventos
    • Intelixencia artificial
    • I+D+i
    • Audiovisual
    • Software libre
    • Telefonía
  • TREBELLOS
  • VIDEOXOGOS
  • REVISTA EN PAPEL
Lendo: A Xunta investirá 200 millóns de euros ata 2026 para aplicar tecnoloxías de IA na práctica sanitaria
Compartir
Código CeroCódigo Cero
Buscar
  • Novas
  • Trebellos
  • Videoxogos
  • Revista en papel
Actualidade

A Xunta investirá 200 millóns de euros ata 2026 para aplicar tecnoloxías de IA na práctica sanitaria

S. P.
Publicado: 10/06/2025
3 Min de Lectura
Compartir
3 Min de Lectura

miguel_corgos_quincemil-2.jpgA Xunta anunciou esta mañá que vai investir 200 millóns de euros ata o 2026 para implementar tecnoloxías de Intelixencia Artificial na práctica sanitaria. Así o explicou o conselleiro de Facenda e Administración Pública, Miguel Corgos, durante o peche da xornada de mañá do IV Foro Económico Galicia –El Español titulado A Galicia que vén.
Explicou que se trata de fondos contemplados no Plan de Transformación e Saúde Dixital e que esta habilitación de ferramentas de IA no sistema sanitario permitirá axilizar e afinar diagnoses, predicir o risco de enfermidades e anticiparse, personalizar a atención e os tratamentos, monitorizar pacientes ou mellorar a xestión das citas.
Miguel Corgos puxo en valor a especialización tecnolóxica de Galicia para o desenvolvemento da Comunidade, destacando que a Comunidade conta cun “ecosistema dixital consolidado”, que medra de xeito constante e que suma xa máis de 3.100 empresas, preto de 23.000 persoas traballadoras e un volume de negocio duns 3.700 millóns de euros. Explicou que o devandito “foi posible grazas á aposta da Administración autonómica pola transformación dixital, estratexia que incluíu dúas axendas dixitais nunha década, entre 2010 e 2020, e que permitiron lograr fitos tan destacados”, explicou Corgos, “como o de ter un territorio conectado con acceso case universal aos servizos de Internet, o desenvolvemento dos servizos públicos modernos, próximos e accesibles e, tameń, ofrecer á sociedade a capacitación para acceder a estas novas contornas dixitais”.
Lembrou tamén que “Galicia foi das primeiras comunidades en atender a recomendación da UE de elaborar unha estratexia de IA e, a partir de aí, atraer a AESIA para Galicia e desenvolver e aprobar unha Lei de IA pioneira, con visión humanista, que favorece a competitividade e o progreso económico e empresarial e, ao mesmo tempo, garante os dereitos dos galegos e as galegas ante o uso da IA polas Administracións”.
O conselleiro de Facenda insistiu na necesidade de consolidar a especialización dixital de Galicia, desenvolvendo de xeito harmónico os distintos territorios que conforman Galicia. Así, A Coruña identifícase coa IA, ao acoller a sede da AESIA e pola cidade das TIC. Pola súa banda, Santiago de Compostela está ligada ao desenvolvemento da Administración e os servizos dixitais, impulsados pola Axencia Galega para a Modernización Tecnolóxica de Galicia (AMTEGA). A maiores, Lugo vincúlase aos vehículos aéreos non tripulados grazas ao Polo Aeroespacial de Galicia, situado nas Rozas; Vigo representa o despregue de redes de telecomunicacións, con iniciativas como o Laboratorio 5G; e Ourense coa a capital galega da ciberseguridade, grazas ao futuro Centro de Excelencia en Ciberseguridade.


Intervención de Miguel Corgos

Últimos números da nosa edición impresa

Shelf Wood

Outras novas populares

BoBots gaña o premio do público en Odisea Indie
Actualidade VIDEOXOGOS
4 Min de Lectura
Carlos J. Escudero: “Podemos ser mellores profesionais coas ferramentas IA, sempre que as utilicemos para reforzar as nosas capacidades e non como unha escusa para deixar de aprender”
Actualidade
13 Min de Lectura
A Semana Europea da Robótica pecha en Santiago cunha mañá profesional e unha feira aberta ás familias
Actualidade
6 Min de Lectura
Novo número da nosa edición impresa
Actualidade
2 Min de Lectura
Compartir Este Artigo
Facebook Whatsapp Whatsapp Copiar Ligazón Imprimir
- PÁXINA WEB HOSPEDADA EN -
Ad imageAd image
-PUBLICIDADE-
De fronte á violencia de xénero
-PUBLICIDADE-
PEL 2027

Revista en papel


Ad imageAd image

Feed RSS: ACTUALIDADE DA AMTEGA ACTUALIDADE DA AMTEGA

  • As persoas que coordinan as 93 aulas CeMIT de Galicia celebran o seu encontro anual na Cidade da Cultura
  • A intelixencia artificial é a tecnoloxía avanzada que máis medra no tecido empresarial galego no último ano
  • Inauguración Laboratorio e Centro Demostrador de Ciberseguridade Industrial de Galicia
  • Laboratorio e Centro Demostrador en Ciberseguridade Industrial

Subscríbete ao noso boletín

Recibe de balde por correo electrónico as novas novas.







banner							
banner
Lenos en Magzter
Os contidos da nosa edición impresa poden lerse comodamente a través da aplicación de Magzter para iOS e Android.
Ir a Magzter
Ad imageAd image

Outras novas de interese

apple_park_visitor_center_explore_03.jpg
Actualidade

OpenAI contrademanda a Apple

27/11/2026
Actualidade

As XVI Xornadas Achégate á Igualdade de Ames puxeron o foco na machosfera e nas plataformas dixitais

27/11/2026
Actualidade

Maldita.es denuncia unha rede de páxinas de Facebook que difunden desinformación política en campaña electoral

27/11/2026
Actualidade

A Universidade de Vigo dá o salto ao voto electrónico

27/11/2026

CÓDIGO CERO

Código Cero, diario de novas tecnolóxicas de Galicia, é unha publicación en galego sobre TIC nacida en formato dixital o 25 de xullo de 2001, que comezou a editarse tamén en formato impreso en decembro do mesmo ano.

- PÁXINA WEB HOSPEDADA EN -
Ad imageAd image

 

PREMIOS

   
   

Grupo Código Cero Comunicación, S.L.

Rúa das Hedras 4 1 M
(Pol. Novo Milladoiro)
15895 Ames - Milladoiro
981 53 02 68
redaccion@codigocero.com
Código CeroCódigo Cero
Síguenos
© Grupo Código Cero Comunicación, S.L. – Política de privacidade
Banner de cookies RXPD

Utilizamos cookies para ofrecerche a mellor experiencia na nosa web.

Podes aprender máis sobre que cookies utilizamos na nosa política de cookies ou desactivalas nos axustes.

Welcome Back!

Sign in to your account

Nome de usuario ou Enderezo de Correo
Contrasinal

Perdiches o teu contrasinal?