Código CeroCódigo CeroCódigo Cero
  • NOVAS
    • Actualidade
    • Electrónica de consumo
    • Eventos
    • Intelixencia artificial
    • I+D+i
    • Audiovisual
    • Software libre
    • Telefonía
  • TREBELLOS
  • VIDEOXOGOS
  • REVISTA EN PAPEL
Lendo: O Campus de Pontevedra xuntou especialistas na loita contra as fake news
Compartir
Código CeroCódigo Cero
Buscar
  • Novas
  • Trebellos
  • Videoxogos
  • Revista en papel
Actualidade

O Campus de Pontevedra xuntou especialistas na loita contra as fake news

S. P.
Publicado: 10/06/2025
5 Min de Lectura
Compartir
5 Min de Lectura

campus_pontevedra_podesinformacion1.jpgO Museo de Pontevedra acolleu este luns 9 de xuño unha xornada de debate arredor da proliferación das novas falsas nas redes socias, caldo de cultivo dos populismos máis extremistas e de todo tipo de movementos que poñen en xaque a democracia. A xornada, moderada e conducida polo xornalista Xabier Fortes, contou con investigadores de diferentes ámbitos, co propósito de afondar nos efectos da desinformación e nas ferramentas existentes para detectala e combatela.
Promovido pola Unidade de Cultura Científica e da Innovación da UVigo (UCC+i), este coloquio puxo de relevo que “a desinformación organizada obedece sempre a intereses políticos e económicos”, como sinalou o profesor da Facultade de Comunicación Xosé Rúas, e na incidencia que esta problemática ten á hora de que “crear un estado de opinión polo que xa non sabemos que é certo e que non”, como engadiu a psiquiatra e divulgadora científica Iria Veiga.
Baixo o título de A desinformación baixo o foco, este debate aberto á cidadanía inseríase nas actividades promovidas pola UCC+i a raíz da celebración, o pasado 17 de maio, do Día Mundial das Telecomunicacións e da Sociedade da Información, dentro do Plan de Ciencia de Ida e Volta, que conta co financiamento da FECYT.
Contou coas intervencións dos integrantes do grupo CP2 Xosé Rúas e Iván Puentes; do investigador do grupo SING Guillermo Blanco, do integrante do Grupo de Tecnoloxías da Información Francisco de Arriba e da psiquiatra Iria Veiga. Tamén asistiron as vicerreitoras de Comunicación e Relacións Institucionais, Mónica Valderrama, e do Campus de Pontevedra, Eva María Lantarón.
Estruturada en tres bloques, a conversa arrancou pondo o foco nas diferentes manifestacións dunha problemática que, lembraron, non se limita ás loiadas e ás noticias falsas, senón que abrangue tamén a difusión de contidos nesgados, esaxerados ou manipulados. “É un fenómeno que sempre existiu, o que cambiou foi a súa capacidade de viralización coas redes sociais”, salientou Rúas, investigador principal do proxecto FakeLocal, que subliñou que a “desinformación organizada sempre obedece a intereses políticos e económicos”, o que levou a Veiga a incidir en que esta “non parte de forma equidistante de todos os puntos do espectro político”, sinalando estudos que atribúen a maioría das loiadas a “partidos de extrema dereita e populistas”. Neste punto, Iván Puentes alertou de que a democracia estase a ver “francamente ameazada” por esta problemática e recalcou a necesidade dunha “opinión pública informada”. Pola contra, alertou, nos últimos tempo está a medrar un “novo fenómeno”, o dos “evitadores de información”, persoas que optan por “non consumir información”, que un estudo do Instituto Reuters, apuntou, sitúa xa en preto do 50% da poboación en España.
O segundo bloque da conversa centrouse nos efectos que este clima de desinformación está a ter na posta en cuestión da ciencia, un aspecto que levou a Veiga a incidir na importancia de “cambiar a maneira na que transmitimos o coñecemento científico”, xa que, ademais de proporcionar á cidadanía datos, é preciso tamén achegala ao “funcionamento do método científico”, o que á súa vez permitiralles identificar informacións falsas, ao comprender “que as premisas das que parten non son correctas”.
O debate puxo tamén o foco no papel que xogan as redes sociais na proliferación destes contidos, mais tamén na existencia de ferramentas para facerlle fronte. “As redes sociais son unha grande ferramenta democratizadora”, recoñeceu Guillermo Blanco, quen lembrou que estas plataformas permiten á cidadanía expresarse, mais tamén son unha canle idónea para facer chegar “certo tipo de mensaxes” a un gran número posible de persoas.
O investigador da Escola Superior de Enxeñaría Informática sinalou o problema que supoñen os “algoritmos de recomendacións”, que promoven “aquilo que ten máis interaccións” e que poden ser alterados mediante o uso de bots. Neste punto, De Arriba lembrou que tras as redes sociais atópanse “empresas privadas que buscan beneficios”, ao que Blanco engadiu que se ben existen ferramentas, estas “non se están aplicando o suficientemente”.

Últimos números da nosa edición impresa

Shelf Wood

Outras novas populares

BoBots gaña o premio do público en Odisea Indie
Actualidade VIDEOXOGOS
4 Min de Lectura
Carlos J. Escudero: “Podemos ser mellores profesionais coas ferramentas IA, sempre que as utilicemos para reforzar as nosas capacidades e non como unha escusa para deixar de aprender”
Actualidade
13 Min de Lectura
A Semana Europea da Robótica pecha en Santiago cunha mañá profesional e unha feira aberta ás familias
Actualidade
6 Min de Lectura
Novo número da nosa edición impresa
Actualidade
2 Min de Lectura
Compartir Este Artigo
Facebook Whatsapp Whatsapp Copiar Ligazón Imprimir
- PÁXINA WEB HOSPEDADA EN -
Ad imageAd image
-PUBLICIDADE-
De fronte á violencia de xénero
-PUBLICIDADE-
PEL 2027

Revista en papel


Ad imageAd image

Feed RSS: ACTUALIDADE DA AMTEGA ACTUALIDADE DA AMTEGA

  • As persoas que coordinan as 93 aulas CeMIT de Galicia celebran o seu encontro anual na Cidade da Cultura
  • A intelixencia artificial é a tecnoloxía avanzada que máis medra no tecido empresarial galego no último ano
  • Inauguración Laboratorio e Centro Demostrador de Ciberseguridade Industrial de Galicia
  • Laboratorio e Centro Demostrador en Ciberseguridade Industrial

Subscríbete ao noso boletín

Recibe de balde por correo electrónico as novas novas.







banner							
banner
Lenos en Magzter
Os contidos da nosa edición impresa poden lerse comodamente a través da aplicación de Magzter para iOS e Android.
Ir a Magzter
Ad imageAd image

Outras novas de interese

apple_park_visitor_center_explore_03.jpg
Actualidade

OpenAI contrademanda a Apple

27/11/2026
Actualidade

As XVI Xornadas Achégate á Igualdade de Ames puxeron o foco na machosfera e nas plataformas dixitais

27/11/2026
Actualidade

Maldita.es denuncia unha rede de páxinas de Facebook que difunden desinformación política en campaña electoral

27/11/2026
Actualidade

A Universidade de Vigo dá o salto ao voto electrónico

27/11/2026

CÓDIGO CERO

Código Cero, diario de novas tecnolóxicas de Galicia, é unha publicación en galego sobre TIC nacida en formato dixital o 25 de xullo de 2001, que comezou a editarse tamén en formato impreso en decembro do mesmo ano.

- PÁXINA WEB HOSPEDADA EN -
Ad imageAd image

 

PREMIOS

   
   

Grupo Código Cero Comunicación, S.L.

Rúa das Hedras 4 1 M
(Pol. Novo Milladoiro)
15895 Ames - Milladoiro
981 53 02 68
redaccion@codigocero.com
Código CeroCódigo Cero
Síguenos
© Grupo Código Cero Comunicación, S.L. – Política de privacidade
Banner de cookies RXPD

Utilizamos cookies para ofrecerche a mellor experiencia na nosa web.

Podes aprender máis sobre que cookies utilizamos na nosa política de cookies ou desactivalas nos axustes.

Welcome Back!

Sign in to your account

Nome de usuario ou Enderezo de Correo
Contrasinal

Perdiches o teu contrasinal?