Código CeroCódigo CeroCódigo Cero
  • NOVAS
    • Actualidade
    • Electrónica de consumo
    • Eventos
    • Intelixencia artificial
    • I+D+i
    • Audiovisual
    • Software libre
    • Telefonía
  • TREBELLOS
  • VIDEOXOGOS
  • REVISTA EN PAPEL
Lendo: A Aula CeMIT de Ribeira inclúe a formación en IA no seu paquete de cursos de verán
Compartir
Código CeroCódigo Cero
Buscar
  • Novas
  • Trebellos
  • Videoxogos
  • Revista en papel
Actualidade

A Aula CeMIT de Ribeira inclúe a formación en IA no seu paquete de cursos de verán

S. P.
Publicado: 11/06/2025
4 Min de Lectura
Compartir
4 Min de Lectura

suarez_puerta_ribeira_cemit_2.jpgEste 11 de xuño o concelleiro de Novas Tecnoloxías de Ribeira, Francisco Suárez-Puerta, presentou o extensa programación que a Aula CeMIT ten deseñada para o verán 2025. O edil salientou que é unha programación “pensada para os máis novos da casa, xa que nestas datas sen cole poden ter máis dispoñibilidade de tirar proveito da Aula CeMIT”.
Explicou que durante o mes de xullo haberá só unha hora de formación para os adultos, en horario de 13:00 a 14:00 horas, cunha programación de contidos básica que terá como novidade (a petición dos usuarios) dun curso de iniciación á AI. No mes de agosto a formación contará cuns contidos máis avanzados, “tal e como víñamos informando en presentación anteriores”. Un destes contidos será o de Intelixencia Artificial, informou.
Suárez-Puerta pasou a informar sobre o Campamento Dixital e o Pobo Dixital que son dúas iniciativas promovidas pola Fundación Cibervoluntarios, a través das cales, de xeito gratuíto e coa colaboración da Aula CeMIT, os mozos e mozas de 9 a 14 anos poderán adquirir os coñecementos dixitais fundamentais para o seu futuro. As actividades terán lugar nas instalacións da Casa da Xuventude do Concello de Ribeira; o Campamento Dixital será para a franxa de 9 a 13 anos de luns a venres de 9:00 a 12:00 horas e a iniciativa Pobo Dixital, para a franxa de 11 a 14 anos de luns a xoves de 12:00 a 14:00 h.
suarez_puerta_ribeira_cemit.jpgPara unha franxa de idade máis baixa –de 8 a 11 anos– o concelleiro presentou o tradicional Verán Dixital que terá lugar na Aula CeMIT de 10:00 á 13:00 horas nos meses de xullo e agosto: “A idea é que os nenos e nenas poidan estar esas tres horas aprendendo as cousas máis básicas da informática como poden ser a mecanografía, as utilidades do paquete Office ou a creación e edición de imaxes con Paint. Tamén se lles ensinarán os perigos dun mal uso de Internet e das redes sociais así como o acceso aos contidos de forma segura. O Verán Dixital sumará a maiores coñecemento na impresión en 3D e no manexo e pilotaxe de drons.
Para rematar, o concelleiro de Novas Tecnoloxías para rematar, animou a veciñanza a inscribirse “neste completo programa de cursos para o vindeiro verán”.
Verán Dixital xullo – Para nenas e nenos de 8 a 11 anos
Todos os días de 10.00 a 13.00 h. – Do 01 o 23 de xullo
Verán Dixital agosto – Para nenas e nenos de 8 a 11 anos
Tódolos días, de 10:00 a 13:00 h. – Do 04 ao 29 de Agosto
O temario do Verán Dixital inclúe os seguintes contidos: mecanografía de maneira divertida (aprenderase a utilizar o teclado de maneira correcta, con programas online que utilizan xogos interactivos nun contexto de diversión e dinamismo para motivar aos nenos a aprender a escribir con soltura e velocidade sen aburrirse), iniciación ao paquete LibreOffice (edición de textos con Write e realización de presentacións animadas con Impress), creación e edición de imaxes co programa Paint), educación dixital (aplicacións, plataformas, xogos educativos que axudarán aos asistentes a identificar os riscos dun mal uso de Internet e as redes sociais; acceso a contidos de forma segura, etc) e manexo e pilotaxe de drons (obradoiro para iniciarse no mundo dos vehículos aéreos non tripulados).

Últimos números da nosa edición impresa

Shelf Wood

Outras novas populares

BoBots gaña o premio do público en Odisea Indie
Actualidade VIDEOXOGOS
4 Min de Lectura
Carlos J. Escudero: “Podemos ser mellores profesionais coas ferramentas IA, sempre que as utilicemos para reforzar as nosas capacidades e non como unha escusa para deixar de aprender”
Actualidade
13 Min de Lectura
A Semana Europea da Robótica pecha en Santiago cunha mañá profesional e unha feira aberta ás familias
Actualidade
6 Min de Lectura
Novo número da nosa edición impresa
Actualidade
2 Min de Lectura
Compartir Este Artigo
Facebook Whatsapp Whatsapp Copiar Ligazón Imprimir
- PÁXINA WEB HOSPEDADA EN -
Ad imageAd image
-PUBLICIDADE-
De fronte á violencia de xénero
-PUBLICIDADE-
PEL 2027

Revista en papel


Ad imageAd image

Feed RSS: ACTUALIDADE DA AMTEGA ACTUALIDADE DA AMTEGA

  • As persoas que coordinan as 93 aulas CeMIT de Galicia celebran o seu encontro anual na Cidade da Cultura
  • A intelixencia artificial é a tecnoloxía avanzada que máis medra no tecido empresarial galego no último ano
  • Inauguración Laboratorio e Centro Demostrador de Ciberseguridade Industrial de Galicia
  • Laboratorio e Centro Demostrador en Ciberseguridade Industrial

Subscríbete ao noso boletín

Recibe de balde por correo electrónico as novas novas.







banner							
banner
Lenos en Magzter
Os contidos da nosa edición impresa poden lerse comodamente a través da aplicación de Magzter para iOS e Android.
Ir a Magzter
Ad imageAd image

Outras novas de interese

apple_park_visitor_center_explore_03.jpg
Actualidade

OpenAI contrademanda a Apple

27/11/2026
Actualidade

As XVI Xornadas Achégate á Igualdade de Ames puxeron o foco na machosfera e nas plataformas dixitais

27/11/2026
Actualidade

Maldita.es denuncia unha rede de páxinas de Facebook que difunden desinformación política en campaña electoral

27/11/2026
Actualidade

A Universidade de Vigo dá o salto ao voto electrónico

27/11/2026

CÓDIGO CERO

Código Cero, diario de novas tecnolóxicas de Galicia, é unha publicación en galego sobre TIC nacida en formato dixital o 25 de xullo de 2001, que comezou a editarse tamén en formato impreso en decembro do mesmo ano.

- PÁXINA WEB HOSPEDADA EN -
Ad imageAd image

 

PREMIOS

   
   

Grupo Código Cero Comunicación, S.L.

Rúa das Hedras 4 1 M
(Pol. Novo Milladoiro)
15895 Ames - Milladoiro
981 53 02 68
redaccion@codigocero.com
Código CeroCódigo Cero
Síguenos
© Grupo Código Cero Comunicación, S.L. – Política de privacidade
Banner de cookies RXPD

Utilizamos cookies para ofrecerche a mellor experiencia na nosa web.

Podes aprender máis sobre que cookies utilizamos na nosa política de cookies ou desactivalas nos axustes.

Welcome Back!

Sign in to your account

Nome de usuario ou Enderezo de Correo
Contrasinal

Perdiches o teu contrasinal?