Código CeroCódigo CeroCódigo Cero
  • NOVAS
    • Actualidade
    • Electrónica de consumo
    • Eventos
    • Intelixencia artificial
    • I+D+i
    • Audiovisual
    • Software libre
    • Telefonía
  • TREBELLOS
  • VIDEOXOGOS
  • REVISTA EN PAPEL
Lendo: Dosfer lanza NETEA, a primeira plataforma tecnolóxica para a xestión integral do Mercado CAE
Compartir
Código CeroCódigo Cero
Buscar
  • Novas
  • Trebellos
  • Videoxogos
  • Revista en papel
Actualidade

Dosfer lanza NETEA, a primeira plataforma tecnolóxica para a xestión integral do Mercado CAE

S. P.
Publicado: 11/06/2025
5 Min de Lectura
Compartir
5 Min de Lectura

grupo_alvarino_presentacion_netea.jpgDosfer, firma do grupo galego Alvariño especializada no Mercado CAE (Mercado dos Certificados de Aforro Enerxético), presentou hoxe os detalles da súa plataforma tecnolóxica NETEA, que sería, en palabras de Dosfer, “a primeira ferramenta dixital que se lanza en España para a xestión integral e optimizada de proxectos de aforro enerxético no mercado asociado ao sistema nacional de CAE”.
A nova plataforma deuse a coñecer no marco dunha xornada que, baixo o título Tecnoloxía e avances no Mercado CAE, reuniu en Santiago de Compostela a case un centenar de convidados, entre os que se contaban as empresas de referencia do tecido produtivo galego que xa valorizan os seus proxectos de eficiencia enerxética a través do mercado CAE, e os principais actores implicados no sistema (suxeitos obrigados e entidades verificadoras), acompañados do secretario xeral de Industria e Desenvolvemento Enerxético da Xunta de Galicia, Nicolás Vázquez, e o director xeral de Planificación Enerxética e Minas, Pablo Fernández, xunto a outras entidades representativas do sector.
Unha plataforma pioneira para dinamizar o Mercado CAE
grupo_alvarino_presentacion_de_netea.jpg No marco desta presentación, o director xeneral de Dosfer, Juan Rodríguez, detallou as funcionalidades da nova plataforma NETEA, que “abarca a xestión integral do Mercado CAE en todas as súas fases e incorporando a todos os seus actores”. Segundo explicou, NETEA conta con ferramentas para a identificación das actuacións de eficiencia enerxética, o cálculo e construción de proxectos de aforro enerxético, a venda do aforro enerxético xerado, a verificación do aforro, e o rexistro do CAE.
“NETEA cobre así todas as etapas do proceso técnico e administrativo que implica operar no Mercado CAE, dando unha resposta integrada tanto ás empresas que executan actuacións de eficiencia enerxética –e poden obter a través da venda dos CAE derivados das mesmas unha rendibilidade adicional ao propio aforro que xeran estas actuacións–, como aos suxeitos obrigados interesados en adquirir estes CAE”, sinalou.
A plataforma incorpora un módulo de xestión documental automatizada e rastrexabilidade completa do proceso de construción de cada proxecto. Así mesmo, está deseñada para integrar a todos os actores principais do Mercado CAE mediante perfís de usuario: usuario final, propietario do aforro enerxético, suxeito obrigado, suxeito delegado, organismo avaliador, intermediarios, instaladores, entidades que poden ser agregadores de aforro enerxético como asociacións ou agrupacións industriais, empresas de servizos enerxéticos ou entidades financeiras.
O obxectivo último, segundo explicou Juan Rodríguez é “aglutinar aforro enerxético”, para o que inclúe ferramentas deseñadas para a agregación do devandito aforro, permitindo capturar actuacións de eficiencia enerxética con volumes de aforro enerxético máis pequenos e paquetizalas”.
Neste sentido, Sergio Fernández, socio fundador de Dosfer, destacou que NETEA “é a ferramenta dixital definitiva para potenciar, dinamizar e optimizar este novo mercado de enerxía, o Mercado de Certificados de Aforro Enerxético, xerando a interconexión áxil e efectiva entre todas as entidades que participan no desenvolvemento dun ou varios proxectos de eficiencia enerxética, definindo para cada entidade o seu rol específico con accesibilidade protexida”.
grupo_alvarino_presentacion_de_netea-2.jpg Pola súa banda, o presidente do Grupo Alvariño, José Manuel Fernández Alvariño, sinalou o éxito de Dosfer con este proxecto: “Non só consolidamos a nosa firma como unha referencia neste mercado, senón que ademais contribuímos á innovación dentro do mesmo. Isto demostra que Galicia é un territorio frutífero para a innovación e que aposta pola dixitalización dos seus sectores máis punteiros e estratéxicos”, asegurou. Tamén destacou “a dobre satisfacción que supón o lanzamento de NETEA, posto que Galvintec, firma TIC do Grupo Alvariño, foi a responsable do seu desenvolvemento tecnolóxico”.
Por outra banda, Fernández Alvariño puxo en valor o gran labor que vén desenvolvendo Dosfer para o avance do Mercado CAE, incorporando ás empresas de referencia do tecido económico, especialmente no ámbito galego, que xa comezaron a operar neste novo mercado da man de Dosfer. “No último ano, CAE xestionados por Dosfer supuxeron para estas firmas uns ingresos adicionais de máis de dez millóns de euros polas súas actuacións de eficiencia enerxética, contribuíndo así á mellora da competitividade”. Así, agradeceu a confianza de compañías líderes como Stellantis, Cortizo, FINSA, Hijos de Rivera, Vegalsa-Eroski, Profand, Grupo Pereira, COREN, JEALSA, Nauterra, FRINSA, Cabomar, Nova Pescanova, CEAMSA ou Brandia, entre outras, que participaron no evento de presentación de Netea.

Últimos números da nosa edición impresa

Shelf Wood

Outras novas populares

BoBots gaña o premio do público en Odisea Indie
Actualidade VIDEOXOGOS
4 Min de Lectura
Carlos J. Escudero: “Podemos ser mellores profesionais coas ferramentas IA, sempre que as utilicemos para reforzar as nosas capacidades e non como unha escusa para deixar de aprender”
Actualidade
13 Min de Lectura
A Semana Europea da Robótica pecha en Santiago cunha mañá profesional e unha feira aberta ás familias
Actualidade
6 Min de Lectura
Novo número da nosa edición impresa
Actualidade
2 Min de Lectura
Compartir Este Artigo
Facebook Whatsapp Whatsapp Copiar Ligazón Imprimir
- PÁXINA WEB HOSPEDADA EN -
Ad imageAd image
-PUBLICIDADE-
De fronte á violencia de xénero
-PUBLICIDADE-
PEL 2027

Revista en papel


Ad imageAd image

Feed RSS: ACTUALIDADE DA AMTEGA ACTUALIDADE DA AMTEGA

  • As persoas que coordinan as 93 aulas CeMIT de Galicia celebran o seu encontro anual na Cidade da Cultura
  • A intelixencia artificial é a tecnoloxía avanzada que máis medra no tecido empresarial galego no último ano
  • Inauguración Laboratorio e Centro Demostrador de Ciberseguridade Industrial de Galicia
  • Laboratorio e Centro Demostrador en Ciberseguridade Industrial

Subscríbete ao noso boletín

Recibe de balde por correo electrónico as novas novas.







banner							
banner
Lenos en Magzter
Os contidos da nosa edición impresa poden lerse comodamente a través da aplicación de Magzter para iOS e Android.
Ir a Magzter
Ad imageAd image

Outras novas de interese

apple_park_visitor_center_explore_03.jpg
Actualidade

OpenAI contrademanda a Apple

27/11/2026
Actualidade

As XVI Xornadas Achégate á Igualdade de Ames puxeron o foco na machosfera e nas plataformas dixitais

27/11/2026
Actualidade

Maldita.es denuncia unha rede de páxinas de Facebook que difunden desinformación política en campaña electoral

27/11/2026
Actualidade

A Universidade de Vigo dá o salto ao voto electrónico

27/11/2026

CÓDIGO CERO

Código Cero, diario de novas tecnolóxicas de Galicia, é unha publicación en galego sobre TIC nacida en formato dixital o 25 de xullo de 2001, que comezou a editarse tamén en formato impreso en decembro do mesmo ano.

- PÁXINA WEB HOSPEDADA EN -
Ad imageAd image

 

PREMIOS

   
   

Grupo Código Cero Comunicación, S.L.

Rúa das Hedras 4 1 M
(Pol. Novo Milladoiro)
15895 Ames - Milladoiro
981 53 02 68
redaccion@codigocero.com
Código CeroCódigo Cero
Síguenos
© Grupo Código Cero Comunicación, S.L. – Política de privacidade
Banner de cookies RXPD

Utilizamos cookies para ofrecerche a mellor experiencia na nosa web.

Podes aprender máis sobre que cookies utilizamos na nosa política de cookies ou desactivalas nos axustes.

Welcome Back!

Sign in to your account

Nome de usuario ou Enderezo de Correo
Contrasinal

Perdiches o teu contrasinal?