Código CeroCódigo CeroCódigo Cero
  • NOVAS
    • Actualidade
    • Electrónica de consumo
    • Eventos
    • Intelixencia artificial
    • I+D+i
    • Audiovisual
    • Software libre
    • Telefonía
  • TREBELLOS
  • VIDEOXOGOS
  • REVISTA EN PAPEL
Lendo: María José Ginzo recibe o premio ao mellor artigo no IX Seminario Internacional de Estatística con R
Compartir
Código CeroCódigo Cero
Buscar
  • Novas
  • Trebellos
  • Videoxogos
  • Revista en papel
Actualidade

María José Ginzo recibe o premio ao mellor artigo no IX Seminario Internacional de Estatística con R

S. P.
Publicado: 11/06/2025
2 Min de Lectura
Compartir
2 Min de Lectura

maria-jose-ginzo-villamayor-conferencia-humanidades-digitales-2.jpgA profesora María José Ginzo Villamayor, do Departamento de Estatística, Análise Matemática e Optimización da Universidade de Santiago, foi galardoada co premio ao mellor artigo completo no IX Seminario Internacional de Estatística con R que tivo lugar a finais de maio no Brasil, organizado pola Universidade Federal Fluminense.
O traballo premiado, titulado Application of Record Linkage Techniques for Road Infrastructure Data Integration: A Study Using R and Real Data e presentado na modalidade de comunicación oral, afonda no uso de técnicas de record linkage para integrar datos reais de infraestruturas viarias mediante o software R, linguaxe de programación especializada na análise estatística e a visualización de datos, amplamente empregada na comunidade científica internacional.
Ademais da súa destacada traxectoria investigadora, María José Ginzo Villamayor é presidenta da Asociación de Usuarios de Software Libre da Terra de Melide (MeLiSa), desde onde organiza, en colaboración coa Facultade de Matemáticas, a Xornada de Usuarios de R en Galicia desde o ano 2015. Este evento é un referente na comunidade galega de análise de datos e busca promover o uso e a divulgación do software R no ámbito académico, profesional e empresarial.
En palabras da USC, “este recoñecemento internacional pon en valor o labor investigador e divulgador da profesora Ginzo Villamayor, así como o papel relevante que Galicia está a xogar na promoción do software libre e da ciencia aberta no eido da estatística e da análise de datos”.

Últimos números da nosa edición impresa

Shelf Wood

Outras novas populares

BoBots gaña o premio do público en Odisea Indie
Actualidade VIDEOXOGOS
4 Min de Lectura
Carlos J. Escudero: “Podemos ser mellores profesionais coas ferramentas IA, sempre que as utilicemos para reforzar as nosas capacidades e non como unha escusa para deixar de aprender”
Actualidade
13 Min de Lectura
A Semana Europea da Robótica pecha en Santiago cunha mañá profesional e unha feira aberta ás familias
Actualidade
6 Min de Lectura
Novo número da nosa edición impresa
Actualidade
2 Min de Lectura
Compartir Este Artigo
Facebook Whatsapp Whatsapp Copiar Ligazón Imprimir
- PÁXINA WEB HOSPEDADA EN -
Ad imageAd image
-PUBLICIDADE-
De fronte á violencia de xénero
-PUBLICIDADE-
PEL 2027

Revista en papel


Ad imageAd image

Feed RSS: ACTUALIDADE DA AMTEGA ACTUALIDADE DA AMTEGA

  • As persoas que coordinan as 93 aulas CeMIT de Galicia celebran o seu encontro anual na Cidade da Cultura
  • A intelixencia artificial é a tecnoloxía avanzada que máis medra no tecido empresarial galego no último ano
  • Inauguración Laboratorio e Centro Demostrador de Ciberseguridade Industrial de Galicia
  • Laboratorio e Centro Demostrador en Ciberseguridade Industrial

Subscríbete ao noso boletín

Recibe de balde por correo electrónico as novas novas.







banner							
banner
Lenos en Magzter
Os contidos da nosa edición impresa poden lerse comodamente a través da aplicación de Magzter para iOS e Android.
Ir a Magzter
Ad imageAd image

Outras novas de interese

apple_park_visitor_center_explore_03.jpg
Actualidade

OpenAI contrademanda a Apple

27/11/2026
Actualidade

As XVI Xornadas Achégate á Igualdade de Ames puxeron o foco na machosfera e nas plataformas dixitais

27/11/2026
Actualidade

Maldita.es denuncia unha rede de páxinas de Facebook que difunden desinformación política en campaña electoral

27/11/2026
Actualidade

A Universidade de Vigo dá o salto ao voto electrónico

27/11/2026

CÓDIGO CERO

Código Cero, diario de novas tecnolóxicas de Galicia, é unha publicación en galego sobre TIC nacida en formato dixital o 25 de xullo de 2001, que comezou a editarse tamén en formato impreso en decembro do mesmo ano.

- PÁXINA WEB HOSPEDADA EN -
Ad imageAd image

 

PREMIOS

   
   

Grupo Código Cero Comunicación, S.L.

Rúa das Hedras 4 1 M
(Pol. Novo Milladoiro)
15895 Ames - Milladoiro
981 53 02 68
redaccion@codigocero.com
Código CeroCódigo Cero
Síguenos
© Grupo Código Cero Comunicación, S.L. – Política de privacidade
Banner de cookies RXPD

Utilizamos cookies para ofrecerche a mellor experiencia na nosa web.

Podes aprender máis sobre que cookies utilizamos na nosa política de cookies ou desactivalas nos axustes.

Welcome Back!

Sign in to your account

Nome de usuario ou Enderezo de Correo
Contrasinal

Perdiches o teu contrasinal?