Código CeroCódigo CeroCódigo Cero
  • NOVAS
    • Actualidade
    • Electrónica de consumo
    • Eventos
    • Intelixencia artificial
    • I+D+i
    • Audiovisual
    • Software libre
    • Telefonía
  • TREBELLOS
  • VIDEOXOGOS
  • REVISTA EN PAPEL
Lendo: O CCG achégase á memoria colectiva galega cun novo proxecto web
Compartir
Código CeroCódigo Cero
Buscar
  • Novas
  • Trebellos
  • Videoxogos
  • Revista en papel
Actualidade

O CCG achégase á memoria colectiva galega cun novo proxecto web

S. P.
Publicado: 11/06/2025
4 Min de Lectura
Compartir
4 Min de Lectura

20250611_lugaresdememoria-emilioinsuaxmnunezseixasramonvillaresanacabanaxurxoayan_envio.jpgO Consello da Cultura Galega estrea un novo proxecto web, Lugares de memoria, que reivindica a memoria colectiva da nosa terra. O novo sitio ábrese poñendo o foco en seis contornas clave da nosa historia compartida e común: as minas do volframio, os Mártires de Carral, a Federación de Sociedades Galegas, o Dolmen de Dombate, o Castro de Santa Tegra e a Porta de Carlos V.
O portal estará conformado por 75 entradas que poñerán o acento nas interpretacións, permanencias e legado na memoria colectiva do país. “Pretende ser unha viaxe polo noso patrimonio e pola nosa historia” apuntou a presidenta do CCG, Rosario Álvarez, na inauguración da xornada Lugares de Memoria de Galicia: historia e lembranza coa que se abriu publicamente este proxecto. Xunto con ela, Xosé M. Núñez Seixas, vicepresidente do CCG e coordinador do proxecto, destacou que este catálogo virtual “irá incorporando novas entradas progresivamente”.
Entidades tanxibles e intanxibles
lugares_de_memoria_web.jpg Lugares de memoria é un espazo web que contará con 75 entradas que seguen a definición canónica do historiador francés recentemente falecido Pierre Nora, que aseguraba que os lugares de memoria son entidades tanxibles e intanxibles (desde espazos físicos, conceptos, prácticas ou obxectos) que “se converten co paso do tempo nun elemento simbólico para ese colectivo ou comunidade determinada”. Segundo explicou Núñez Seixas, “hai lugares de memoria en Suiza, Italia, Francia e tamén en Cataluña e nós entendemos que tamén podería haber un catálogo para o caso galego”.
O elenco de entradas comeza co Dolmen de Dombate e remata coas folgas de Ferrol en 1972, e polo medio hai entradas que abranguen lugares físicos como o Gran Sol, o Parque do Pasatempo. Hai proxectos editoriais e xornalísticos como O Tío Marcos d’a Portela ou a Editorial Galaxia xunto con figuras, mitos, termos ou eventos destacados. No caso de figuras emblemáticas non se abordará a súa biografía, senón o seu pouso poliédrico da memoria posterior, dende o mestre Mateo a Castelao.
Para a creación deste proxecto elaborouse unha comisión técnica temporal coordinada por Xosé M. Núñez Seixas e integrada por Ramón Villares, Xurxo Ayán, Ana Cabana e Emilio Ínsua.
No marco da xornada celebrada esta mañá no CCG presentáronse as primeiras entradas. A memoria do volframio en Galicia, preparada por Ana Cabana destaca a singular proxección simbólica e histórica que superou a lembranza local doutros minerais debido á súa vinculación coa Segunda Guerra Mundial e ao seu papel na economía e sociedade galegas da posguerra.
Pola súa banda, Ramón Villares abordou os Mártires de Carral, e Xurxo Ayán abordou a significación do Dolmen de Dombate, no que se chantou os alicerces do mito celtista como referente identitario do pobo galego. A maiores, a Porta de Carlos V ou do Castelo da Ponte de Viveiro foi explicada por Emilio Insua.

Últimos números da nosa edición impresa

Shelf Wood

Outras novas populares

BoBots gaña o premio do público en Odisea Indie
Actualidade VIDEOXOGOS
4 Min de Lectura
Carlos J. Escudero: “Podemos ser mellores profesionais coas ferramentas IA, sempre que as utilicemos para reforzar as nosas capacidades e non como unha escusa para deixar de aprender”
Actualidade
13 Min de Lectura
A Semana Europea da Robótica pecha en Santiago cunha mañá profesional e unha feira aberta ás familias
Actualidade
6 Min de Lectura
Novo número da nosa edición impresa
Actualidade
2 Min de Lectura
Compartir Este Artigo
Facebook Whatsapp Whatsapp Copiar Ligazón Imprimir
- PÁXINA WEB HOSPEDADA EN -
Ad imageAd image
-PUBLICIDADE-
De fronte á violencia de xénero
-PUBLICIDADE-
PEL 2027

Revista en papel


Ad imageAd image

Feed RSS: ACTUALIDADE DA AMTEGA ACTUALIDADE DA AMTEGA

  • As persoas que coordinan as 93 aulas CeMIT de Galicia celebran o seu encontro anual na Cidade da Cultura
  • A intelixencia artificial é a tecnoloxía avanzada que máis medra no tecido empresarial galego no último ano
  • Inauguración Laboratorio e Centro Demostrador de Ciberseguridade Industrial de Galicia
  • Laboratorio e Centro Demostrador en Ciberseguridade Industrial

Subscríbete ao noso boletín

Recibe de balde por correo electrónico as novas novas.







banner							
banner
Lenos en Magzter
Os contidos da nosa edición impresa poden lerse comodamente a través da aplicación de Magzter para iOS e Android.
Ir a Magzter
Ad imageAd image

Outras novas de interese

apple_park_visitor_center_explore_03.jpg
Actualidade

OpenAI contrademanda a Apple

27/11/2026
Actualidade

As XVI Xornadas Achégate á Igualdade de Ames puxeron o foco na machosfera e nas plataformas dixitais

27/11/2026
Actualidade

Maldita.es denuncia unha rede de páxinas de Facebook que difunden desinformación política en campaña electoral

27/11/2026
Actualidade

A Universidade de Vigo dá o salto ao voto electrónico

27/11/2026

CÓDIGO CERO

Código Cero, diario de novas tecnolóxicas de Galicia, é unha publicación en galego sobre TIC nacida en formato dixital o 25 de xullo de 2001, que comezou a editarse tamén en formato impreso en decembro do mesmo ano.

- PÁXINA WEB HOSPEDADA EN -
Ad imageAd image

 

PREMIOS

   
   

Grupo Código Cero Comunicación, S.L.

Rúa das Hedras 4 1 M
(Pol. Novo Milladoiro)
15895 Ames - Milladoiro
981 53 02 68
redaccion@codigocero.com
Código CeroCódigo Cero
Síguenos
© Grupo Código Cero Comunicación, S.L. – Política de privacidade
Banner de cookies RXPD

Utilizamos cookies para ofrecerche a mellor experiencia na nosa web.

Podes aprender máis sobre que cookies utilizamos na nosa política de cookies ou desactivalas nos axustes.

Welcome Back!

Sign in to your account

Nome de usuario ou Enderezo de Correo
Contrasinal

Perdiches o teu contrasinal?