
Indo a esta XXIX edición, sinalar que chega baixo o lema Telecos: xestionando infraestruturas críticas, reflectindo o rol fundamental destes profesionais na xestión de sistemas avanzados de telecomunicacións nas redes de electricidade, gas ou auga, entre outros. Estes sistemas, de gran complexidade, necesitan un axuste case instantáneo na produción e a distribución para adaptalos á demanda, empregando redes públicas e privadas de comunicacións que hai que sincronizar con estritas medidas de seguridade.
En canto aos premiados deste ano, o premio Enxeñeiro do Ano 2025 será para Alfonso Juan Álvarez Villamarín, CEO de Cellnex España, que desenvolveu tanto no noso país como no estranxeiro, foi tamén conselleiro da Cámara de Comercio Española no Reino Unido.
O premio Socio de Honra 2025 foi para a Corporación Hijos de Rivera, en recoñecemento ao seu apoio á innovación e aposta pola tecnoloxía a prol das iniciativas galegas en Internet. Fíxose fincapé na web Bigcrafters, coa que se creou un mercado de comercio electrónico dirixido a facilitar a difusión e distribución de produtos artesáns, sobre todo aqueles elaborados en Galicia en pequenas cantidades.

Os Premios Galicia das Telecomunicacións e da Sociedade da Información 2025 xa teñen gañadores
Compartir Este Artigo

