Código CeroCódigo CeroCódigo Cero
  • NOVAS
    • Actualidade
    • Electrónica de consumo
    • Eventos
    • Intelixencia artificial
    • I+D+i
    • Audiovisual
    • Software libre
    • Telefonía
  • TREBELLOS
  • VIDEOXOGOS
  • REVISTA EN PAPEL
Lendo: O proxecto QUORUM, Premio Impulso Dixital de Galicia do CPEIG
Compartir
Código CeroCódigo Cero
Buscar
  • Novas
  • Trebellos
  • Videoxogos
  • Revista en papel
Actualidade

O proxecto QUORUM, Premio Impulso Dixital de Galicia do CPEIG

S. P.
Publicado: 13/06/2025
4 Min de Lectura
Compartir
4 Min de Lectura

membros_do_consorcio_quorum.jpgO Colexio Profesional de Enxeñaría en Informática de Galicia (CPEIG) concede o Premio Impulso Dixital de Galicia ao proxecto QUORUM destinado a impulsar el ecosistema de innovación en tecnoloxías cuánticas en España. O galardón será entregado no marco da Noite da Enxeñaría en Informática de Galicia, que se celebra o 27 de xuño no Hotel Puerta del Camino de Santiago.
O centro tecnolóxico Gradiant lidera o proxecto, e entre os socios en Galicia atópanse o CESGA (Centro de Supercomputación de Galicia), a Consellería de Educación, Ciencia, Universidades e Formación Profesional a través da Axencia Galega de Innovación, o International Quantum Center de Fujitsu (multinacional xaponesa líder en tecnoloxía), Fidesol, Itecam e QCentroid. Estas entidades únense co obxecto de “crear un entorno colaborativo para fomentar a innovación no campo cuántico en España e situar ao país á vangarda das tecnoloxías do futuro”.
O proxecto QUORUM enmárcase na Convocatoria Ecosistemas Innovación do Centro para el Desarrollo Tecnológico y la Innovación (CDTI) do Ministerio de Ciencia, Innovación y Universidades, e conta co financiamento dos fondos europeos Next Generation EU e o Plan de Recuperación, Transformación y Resiliencia.
Segundo salienta o CPEIG, o principal obxectivo do proxecto é “consolidar e ampliar a rede de ecosistemas de innovación cuántica en España, cunha base de colaboración público-privada”.
O proxecto actúa como catalizador nacional para que as tecnoloxías cuánticas avancen desde a investigación cara a industria, “cun impacto real no tecido produtivo, a formación e a soberanía tecnolóxica do país”, destaca o Colexio, explicando que se pretende “fomentar a cooperación tecnolóxica entre empresas e outros axentes, como universidades, centros tecnolóxicos e organismos públicos de investigación; impulsar a innovación territorialmente equilibrada, promovendo polos de innovación fóra dos grandes núcleos urbanos; aumentar a participación de empresas en actividades de I+D+i, especialmente en sectores estratéxicos para a economía española; reforzar capacidades científico-tecnolóxicas, incluíndo infraestruturas, talento e transferencia de coñecemento; e favorecer o escalado de startups tecnolóxicas e a atracción de investimento privado”.
Ademais, o proxecto contribuirá á consolidación do Polo de Tecnoloxías Cuánticas de Galicia, a iniciativa estratéxica da Xunta de Galicia para situar a comunidade autónoma como un referente internacional nestas tecnoloxías no horizonte do 2030.
“Recibir o Premio Impulso Dixital Galicia por parte do CPEIG é unha honra para o consorcio QUORUM e agradecémolo profundamente. Este recoñecemento é un reflexo de que o traballo que estamos desenvolvendo conxuntamente é relevante e necesario. O desenvolvemento de tecnoloxías cuánticas marcará a diferencia entre ser espectadores ou protagonistas do futuro, e cremos que é esencial seguir xerando contornos como este que fomenten o talento e a transferencia de coñecemento científico. Galicia e España contan con capacidade e talento para ocupar unha posición de referencia neste campo. Este premio anímanos a continuar por ese camiño”, sinala o director xeral de Gradiant, Luis Pérez Freire.
Luis Pérez; o Head of Quantum Technologias de Gradiant, Miguel Ferreira; Cora Vinagre, Innovation Manager de International Quantum Center de Fujitsu; e Alberto Calvo, co-fundador e CTO de QCentroid recollerán o galardón na Noite da Enxeñaría en Informática de Galicia que se celebrará o 27 de xuño no Hotel OCA Puerta del Camino de Santiago.

Últimos números da nosa edición impresa

Shelf Wood

Outras novas populares

BoBots gaña o premio do público en Odisea Indie
Actualidade VIDEOXOGOS
4 Min de Lectura
Carlos J. Escudero: “Podemos ser mellores profesionais coas ferramentas IA, sempre que as utilicemos para reforzar as nosas capacidades e non como unha escusa para deixar de aprender”
Actualidade
13 Min de Lectura
A Semana Europea da Robótica pecha en Santiago cunha mañá profesional e unha feira aberta ás familias
Actualidade
6 Min de Lectura
Novo número da nosa edición impresa
Actualidade
2 Min de Lectura
Compartir Este Artigo
Facebook Whatsapp Whatsapp Copiar Ligazón Imprimir
- PÁXINA WEB HOSPEDADA EN -
Ad imageAd image
-PUBLICIDADE-
De fronte á violencia de xénero
-PUBLICIDADE-
PEL 2027

Revista en papel


Ad imageAd image

Feed RSS: ACTUALIDADE DA AMTEGA ACTUALIDADE DA AMTEGA

  • As persoas que coordinan as 93 aulas CeMIT de Galicia celebran o seu encontro anual na Cidade da Cultura
  • A intelixencia artificial é a tecnoloxía avanzada que máis medra no tecido empresarial galego no último ano
  • Inauguración Laboratorio e Centro Demostrador de Ciberseguridade Industrial de Galicia
  • Laboratorio e Centro Demostrador en Ciberseguridade Industrial

Subscríbete ao noso boletín

Recibe de balde por correo electrónico as novas novas.







banner							
banner
Lenos en Magzter
Os contidos da nosa edición impresa poden lerse comodamente a través da aplicación de Magzter para iOS e Android.
Ir a Magzter
Ad imageAd image

Outras novas de interese

apple_park_visitor_center_explore_03.jpg
Actualidade

OpenAI contrademanda a Apple

27/11/2026
Actualidade

As XVI Xornadas Achégate á Igualdade de Ames puxeron o foco na machosfera e nas plataformas dixitais

27/11/2026
Actualidade

Maldita.es denuncia unha rede de páxinas de Facebook que difunden desinformación política en campaña electoral

27/11/2026
Actualidade

A Universidade de Vigo dá o salto ao voto electrónico

27/11/2026

CÓDIGO CERO

Código Cero, diario de novas tecnolóxicas de Galicia, é unha publicación en galego sobre TIC nacida en formato dixital o 25 de xullo de 2001, que comezou a editarse tamén en formato impreso en decembro do mesmo ano.

- PÁXINA WEB HOSPEDADA EN -
Ad imageAd image

 

PREMIOS

   
   

Grupo Código Cero Comunicación, S.L.

Rúa das Hedras 4 1 M
(Pol. Novo Milladoiro)
15895 Ames - Milladoiro
981 53 02 68
redaccion@codigocero.com
Código CeroCódigo Cero
Síguenos
© Grupo Código Cero Comunicación, S.L. – Política de privacidade
Banner de cookies RXPD

Utilizamos cookies para ofrecerche a mellor experiencia na nosa web.

Podes aprender máis sobre que cookies utilizamos na nosa política de cookies ou desactivalas nos axustes.

Welcome Back!

Sign in to your account

Nome de usuario ou Enderezo de Correo
Contrasinal

Perdiches o teu contrasinal?