Código CeroCódigo CeroCódigo Cero
  • NOVAS
    • Actualidade
    • Electrónica de consumo
    • Eventos
    • Intelixencia artificial
    • I+D+i
    • Audiovisual
    • Software libre
    • Telefonía
  • TREBELLOS
  • VIDEOXOGOS
  • REVISTA EN PAPEL
Lendo: A Zona Franca desembarca en Mindtech mostrando casos de éxito como HTA, StartTIC e Ardán
Compartir
Código CeroCódigo Cero
Buscar
  • Novas
  • Trebellos
  • Videoxogos
  • Revista en papel
Actualidade

A Zona Franca desembarca en Mindtech mostrando casos de éxito como HTA, StartTIC e Ardán

S. P.
Publicado: 16/06/2025
4 Min de Lectura
Compartir
4 Min de Lectura

mindtech_asime.jpgA Zona Franca de Vigo recala este martes na feira Mindtech, que se desenvolve do 17 (martes) ao 19 de xuño da man de ASIME, Asociación de Industriais do Metal e Tecnoloxías Asociadas de Galicia. Neste marco, a Zona Franca realizará a presentación de casos de éxito como o da incubadora de Automoción HTA, a incubadora de alta tecnoloxía que, liderada polo Consorcio xunto ao centro tecnolóxico Gradiant e a Cámara de Comercio, instalarase no Polo TIC de López Mora, ou o Servizo de Estudos Ardán que, xunto á Universidade de Vigo deseña, elabora e difunde estudos e ferramentas baseados na investigación científica, a transferencia de coñecemento e a vixilancia da contorna empresarial e socioeconómica.
A Zona Franca dispoñerá para iso no recinto do IFEVI dunha caseta propia que co lema de Máis emprego, máis innovación e máis futuro, será o escenario das presentacións. Con case 50 metros cadrados, o espazo dispón de aforo para o público e elementos dinámicos, así como material informativo dos programas do Consorcio.
O mércores ás 12.00h será a primeira presentación co Servizos de Estudos Ardán cono protagonista. Será unha exposición en directo das particularidades deste servizo, singular e pioneiro en España, baseado en informes e plataformas de información, cunha base de datos de máis de 200.000 empresas españolas e series históricas de máis de 25 anos, que son utilizados para a toma de decisións no ámbito empresarial público e privado, contribuíndo ao desenvolvemento económico e social de Galicia. Unha hora e media máis tarde, ás 13.30h, será a quenda no mesmo escenario para a presentación da HTA. Á incubadora para o fomento da innovación e a transferencia de tecnoloxía ao sector da automoción, que foi seleccionada pola Conferencia das Zonas Francas Iberoamericanas como un dos tres proxectos máis relevantes en innovación, sustentabilidade e novas tecnoloxías.
Segundo a Zona Franca, “cun orzamento de case 2 millóns de euros, a Higt Tech Auto destaca polos seus talleres de fomento da innovación e a creatividade, de modelos de negocio e Lean Startup, e de acceso a financiamento e contabilidade en fase 0; e tamén polo seu programa de mentoring do sector de mobilidade e de emprendedores durante a incubación ou os programas de networking”. A formación técnica desta incubadora dispón de Autolab con áreas de prototipado rápido, de Electrónica, de 5G con Edge Computing, de CNC, de Robótica e de Dixitalización con Hard Software.
Finalmente, o xoves ás 11.00h, tamén na caseta oficial do Consorcio, presentarase o modelo de emprendemento da Zona Franca e a incubadora de Alta Tecnoloxía StartTIC que será protagonista do novo HUB TIC que o Consorcio está a realizar no Complexo de López Mora. Liderada por Zona Franca, con socios como Gradiant e a Cámara de Comercio, StartTIC conseguiu a máxima puntuación da convocatoria de INCYDE en toda España para obter financiamento europeo e conta cun orzamento de 3,5 millóns de euros.

Últimos números da nosa edición impresa

Shelf Wood

Outras novas populares

BoBots gaña o premio do público en Odisea Indie
Actualidade VIDEOXOGOS
4 Min de Lectura
Carlos J. Escudero: “Podemos ser mellores profesionais coas ferramentas IA, sempre que as utilicemos para reforzar as nosas capacidades e non como unha escusa para deixar de aprender”
Actualidade
13 Min de Lectura
A Semana Europea da Robótica pecha en Santiago cunha mañá profesional e unha feira aberta ás familias
Actualidade
6 Min de Lectura
Novo número da nosa edición impresa
Actualidade
2 Min de Lectura
Compartir Este Artigo
Facebook Whatsapp Whatsapp Copiar Ligazón Imprimir
- PÁXINA WEB HOSPEDADA EN -
Ad imageAd image
-PUBLICIDADE-
De fronte á violencia de xénero
-PUBLICIDADE-
PEL 2027

Revista en papel


Ad imageAd image

Feed RSS: ACTUALIDADE DA AMTEGA ACTUALIDADE DA AMTEGA

  • As persoas que coordinan as 93 aulas CeMIT de Galicia celebran o seu encontro anual na Cidade da Cultura
  • A intelixencia artificial é a tecnoloxía avanzada que máis medra no tecido empresarial galego no último ano
  • Inauguración Laboratorio e Centro Demostrador de Ciberseguridade Industrial de Galicia
  • Laboratorio e Centro Demostrador en Ciberseguridade Industrial

Subscríbete ao noso boletín

Recibe de balde por correo electrónico as novas novas.







banner							
banner
Lenos en Magzter
Os contidos da nosa edición impresa poden lerse comodamente a través da aplicación de Magzter para iOS e Android.
Ir a Magzter
Ad imageAd image

Outras novas de interese

apple_park_visitor_center_explore_03.jpg
Actualidade

OpenAI contrademanda a Apple

27/11/2026
Actualidade

As XVI Xornadas Achégate á Igualdade de Ames puxeron o foco na machosfera e nas plataformas dixitais

27/11/2026
Actualidade

Maldita.es denuncia unha rede de páxinas de Facebook que difunden desinformación política en campaña electoral

27/11/2026
Actualidade

A Universidade de Vigo dá o salto ao voto electrónico

27/11/2026

CÓDIGO CERO

Código Cero, diario de novas tecnolóxicas de Galicia, é unha publicación en galego sobre TIC nacida en formato dixital o 25 de xullo de 2001, que comezou a editarse tamén en formato impreso en decembro do mesmo ano.

- PÁXINA WEB HOSPEDADA EN -
Ad imageAd image

 

PREMIOS

   
   

Grupo Código Cero Comunicación, S.L.

Rúa das Hedras 4 1 M
(Pol. Novo Milladoiro)
15895 Ames - Milladoiro
981 53 02 68
redaccion@codigocero.com
Código CeroCódigo Cero
Síguenos
© Grupo Código Cero Comunicación, S.L. – Política de privacidade
Banner de cookies RXPD

Utilizamos cookies para ofrecerche a mellor experiencia na nosa web.

Podes aprender máis sobre que cookies utilizamos na nosa política de cookies ou desactivalas nos axustes.

Welcome Back!

Sign in to your account

Nome de usuario ou Enderezo de Correo
Contrasinal

Perdiches o teu contrasinal?