Código CeroCódigo CeroCódigo Cero
  • NOVAS
    • Actualidade
    • Electrónica de consumo
    • Eventos
    • Intelixencia artificial
    • I+D+i
    • Audiovisual
    • Software libre
    • Telefonía
  • TREBELLOS
  • VIDEOXOGOS
  • REVISTA EN PAPEL
Lendo: Padrón impulsa este verán un campamento tecnolóxico para a rapazada
Compartir
Código CeroCódigo Cero
Buscar
  • Novas
  • Trebellos
  • Videoxogos
  • Revista en papel
Actualidade

Padrón impulsa este verán un campamento tecnolóxico para a rapazada

S. P.
Publicado: 16/06/2025
4 Min de Lectura
Compartir
4 Min de Lectura

cemit_padron_formacion.jpgO Concello de Padrón reforza o seu compromiso coa conciliación familiar e laboral durante os meses de verán incrementando a cifra de prazas dispoñibles nos seus programas estivais destinados a nenos e nenas do municipio. Este ano, ofrécense tres iniciativas: Conciliación Verán, Campus Deportivo de Verán e o novo Campamento Dixital, sumando unha oferta máis diversa e adaptada ás necesidades das familias.
Máis prazas e novo horario no programa Conciliación Verán
Un dos programas máis demandados, Conciliación Verán, aumenta este ano a súa capacidade con 125 prazas, cinco máis que na edición anterior. Ademais, este ano amplíase o horario: adiántase a entrada 15 minutos e atrásase a saída outros 15, ofrecendo unha franxa de conciliación máis ampla para facilitar a organización familiar de 7:45-15:15.
Como novidade, incorpórase unha nova quincena no mes de agosto, dando resposta ás demandas veciñais para cubrir un período que tradicionalmente quedaba sen oferta de conciliación.
Campus Deportivo e novo Campamento Dixital
Á oferta tradicional do Campus Deportivo con 120 prazas, súmase este ano o innovador Campamento Dixital, un programa gratuíto centrado na iniciación á informática e a tecnoloxía, orientado a fomentar o pensamento lóxico e as habilidades dixitais dos máis novos. Dito programa é unha iniciativa impulsada pola Fundación Cibervoluntarios, dentro do Programa de Competencias Dixitais para a Infancia, CODI, posto en marcha polo Ministerio de Juventud e Infancia, financiado pola Unión Europea-Next Generation EU e en colaboración co Concello de Padrón.
O Campamento Dixital contará con 20 prazas por quenda durante o mes de xullo, o que supoñerá un total de 60 prazas dispoñibles de luns a venres de 10:00-13:00 horas. A primeira quenda do 23 de xuño ao 4 de xullo (inscrición ata o xoves 5 de xuño), a segunda quenda do 7 de xullo ao 18 de xullo (inscrición ata o xoves 19 de xuño) e a terceira quenda do 21 de xullo ao 4 de agosto (inscrición ata o xoves 3 de xullo).
Segundo explicou o Concello, “este novo espazo educativo reforza a aposta por actividades formativas e lúdicas adaptadas ao mundo onde cada participante obtén o certificado DigComp, recoñecido pola Unión Europea en competencias dixitais”.
Desde o Concello de Padrón lanzaron un convite ás familias para inscribirse no Campamento Dixital para poder realizalo, xa que é necesario un mínimo de 15 nenos e nenas entre 9-13 anos de idade para poder levalo a cabo.
Con estas medidas, o Concello reafirma o seu compromiso “coa educación, o lecer saudable e a conciliación, ofrecendo alternativas de calidade para que os nenos e nenas poidan desfrutar do verán mentres as súas familias poden compaxinar a súa vida laboral”.
Para máis información sobre o Campamento Dixital, poden poñerse en contacto coa Aula CeMIT no teléfono 675 748 812 en horario de mañá e fóra deste horario en correo@padron.gal.

Últimos números da nosa edición impresa

Shelf Wood

Outras novas populares

BoBots gaña o premio do público en Odisea Indie
Actualidade VIDEOXOGOS
4 Min de Lectura
Carlos J. Escudero: “Podemos ser mellores profesionais coas ferramentas IA, sempre que as utilicemos para reforzar as nosas capacidades e non como unha escusa para deixar de aprender”
Actualidade
13 Min de Lectura
A Semana Europea da Robótica pecha en Santiago cunha mañá profesional e unha feira aberta ás familias
Actualidade
6 Min de Lectura
Novo número da nosa edición impresa
Actualidade
2 Min de Lectura
Compartir Este Artigo
Facebook Whatsapp Whatsapp Copiar Ligazón Imprimir
- PÁXINA WEB HOSPEDADA EN -
Ad imageAd image
-PUBLICIDADE-
De fronte á violencia de xénero
-PUBLICIDADE-
PEL 2027

Revista en papel


Ad imageAd image

Feed RSS: ACTUALIDADE DA AMTEGA ACTUALIDADE DA AMTEGA

  • As persoas que coordinan as 93 aulas CeMIT de Galicia celebran o seu encontro anual na Cidade da Cultura
  • A intelixencia artificial é a tecnoloxía avanzada que máis medra no tecido empresarial galego no último ano
  • Inauguración Laboratorio e Centro Demostrador de Ciberseguridade Industrial de Galicia
  • Laboratorio e Centro Demostrador en Ciberseguridade Industrial

Subscríbete ao noso boletín

Recibe de balde por correo electrónico as novas novas.







banner							
banner
Lenos en Magzter
Os contidos da nosa edición impresa poden lerse comodamente a través da aplicación de Magzter para iOS e Android.
Ir a Magzter
Ad imageAd image

Outras novas de interese

apple_park_visitor_center_explore_03.jpg
Actualidade

OpenAI contrademanda a Apple

27/11/2026
Actualidade

As XVI Xornadas Achégate á Igualdade de Ames puxeron o foco na machosfera e nas plataformas dixitais

27/11/2026
Actualidade

Maldita.es denuncia unha rede de páxinas de Facebook que difunden desinformación política en campaña electoral

27/11/2026
Actualidade

A Universidade de Vigo dá o salto ao voto electrónico

27/11/2026

CÓDIGO CERO

Código Cero, diario de novas tecnolóxicas de Galicia, é unha publicación en galego sobre TIC nacida en formato dixital o 25 de xullo de 2001, que comezou a editarse tamén en formato impreso en decembro do mesmo ano.

- PÁXINA WEB HOSPEDADA EN -
Ad imageAd image

 

PREMIOS

   
   

Grupo Código Cero Comunicación, S.L.

Rúa das Hedras 4 1 M
(Pol. Novo Milladoiro)
15895 Ames - Milladoiro
981 53 02 68
redaccion@codigocero.com
Código CeroCódigo Cero
Síguenos
© Grupo Código Cero Comunicación, S.L. – Política de privacidade
Banner de cookies RXPD

Utilizamos cookies para ofrecerche a mellor experiencia na nosa web.

Podes aprender máis sobre que cookies utilizamos na nosa política de cookies ou desactivalas nos axustes.

Welcome Back!

Sign in to your account

Nome de usuario ou Enderezo de Correo
Contrasinal

Perdiches o teu contrasinal?