O conselleiro de Educación, Román Rodríguez, presidiu este martes 17 de xuño a entrega de premios da 2ª edición do certame InnovaTech FP a centros educativos da Coruña, Culleredo, Ferrol, Lugo, Vilalba, Maceda, Ourense, Xinzo de Limia, Pontevedra e Vigo. O acto desenvolveuse no Centro Integrado de FP Universidade Laboral, en Culleredo, coa presenza de aproximadamente 500 persoas entre as que se encontran os alumnos e alumnas participantes nos retos, os seus profesores e representantes das empresas colaboradoras.
O titular da Consellería, que estivo acompañado pola directora xeral de FP, Eugenia Pérez, puxo en valor o potencial innovador da FP galega e destacou o éxito de InnovaTech, “en cuxa primeira edición participaron 10 empresas, nesta segunda foron 20 e moitas delas repetiron”, dixo Román Rodríguez.
“A través deste tipo de iniciativas fortalecemos a relación entre a FP e o tecido produtivo, crucial tanto para que os estudantes coñezan a realidade do mundo laboral, como para que as empresas conten con profesionais coa maior cualificación”, sinalou, ao tempo que deu os parabéns aos estudantes e docentes participantes, un 50% máis ca na primeira edición, “pola capacidade de facer fronte ao retos e traballar en equipo para crear propostas que lle dean solución”.
Os centros con iniciativas premiadas, dotadas cada unha con 10.000€ para o desenvolvemento do proxecto, son os que reflectimos deseguido, cos nomes das empresas participantes con cadanseu desafío. Entre os 20 centros premiados, seleccionouse o equipo formado por alumnado do CIFP Valentín Paz Andrade de Vigo e do CIFP A Xunqueira de Pontevedra en resposta ao reto presentado pola empresa Eba, como premio especial.
Naturgy
Solucións sostibles para a xestión de palas de aeroxeradores en desuso
CIFP Valentín Paz Andrade (Vigo)
L”Oreal
Plataforma dixital para mellorar a empregabilidade no sector da imaxe persoal
IES de Teis (Vigo)
Viaqua
Mantemento preditivo de equipos industriais mediante análise acústica con Intelixencia Artificial
CIFP A Carballeira (Ourense)
Roberto Verino
Optimización da xestión de inventarios no sector da moda mediante Intelixencia Artificial
IES de Teis (Vigo)
FINSA
Valorización das cinzas resultantes da combustión da biomasa
IES A Sardiñeira (A Coruña)
El Pulpo
Plataforma de economía circular mediante Intelixencia Artificial para o sector da moda
CIFP Portovello (Ourense)
Pérez Rumbao
Sistema integral de localización e xestión de vehículos en talleres de automoción
IES San Mamede (Maceda)
Fundación San Rosendo
Solucións tecnolóxicas para fomentar a motivación e participación en terapias de rehabilitación
CIFP Politécnico de Lugo (Lugo)
Diesemm
Plataforma dixital para a xestión optimizada de recursos e persoal en grandes eventos
IES Lois Peña Novo (Vilalba)
Coca-Cola
Redución do consumo de auga no proceso de pasteurización de refrescos
CIFP As Mercedes (Lugo)
Repsol
Sistema de análise preditiva para equipos críticos na industria química
CIFP Universidade Laboral (Culleredo)
Navantia
Mellora da inspección e control na construción modular de buques
CIFP Ferrolterra (Ferrol)
Eba
Sistema de embalaxe ecolóxico para a protección de mercadorías no transporte internacional
CIFP Valentín Paz Andrade (Vigo) / CIFP A Xunqueira (Pontevedra)
Zendal
Método in vitro para a cuantificación de toxoides na produción de vacinas
CIFP Politécnico de Lugo (Lugo)
Grupo Cuevas
Mellora do proceso de pelado de castañas para a elaboración de marrón glacé
CIFP A Farixa (Ourense)
Offshore Windwaves
Sistema remoto para a inspección e reparación de soldaduras en tubaxes de difícil acceso
CIFP Ferrolterra (Ferrol)
Biomasa Forestal
Produtos alternativos para reducir a estacionalidade nas plantas de biomasa forestal
IES Cidade de Antioquía (Xinzo de Limia)
Quescrem
Optimización da xestión de lodos orgánicos obtidos na produción de biogás
IES A Sardiñeira (A Coruña)
EMAFESA
Sistema automático para a detección e control de fugas de auga en tempo real
CIFP Politécnico de Lugo (Lugo)
BOAGA
Solución dixital para a automatización das medidas zootécnicas do gando
IES Urbano Lugrís (A Coruña)
A 2ª edición InnovaTech FP premia proxectos tecnolóxicos dunha decena de concellos
Compartir Este Artigo

