Código CeroCódigo CeroCódigo Cero
  • NOVAS
    • Actualidade
    • Electrónica de consumo
    • Eventos
    • Intelixencia artificial
    • I+D+i
    • Audiovisual
    • Software libre
    • Telefonía
  • TREBELLOS
  • VIDEOXOGOS
  • REVISTA EN PAPEL
Lendo: A ABE e Kracia Comunicación encherán as redes de contidos audiovisuais sobre os negocios de Boiro
Compartir
Código CeroCódigo Cero
Buscar
  • Novas
  • Trebellos
  • Videoxogos
  • Revista en papel
Actualidade

A ABE e Kracia Comunicación encherán as redes de contidos audiovisuais sobre os negocios de Boiro

S. P.
Publicado: 17/06/2025
3 Min de Lectura
Compartir
3 Min de Lectura

abe_sabias_que_1_rrss_opcio_2.jpgA Asociación Boirense de Empresas (ABE) lanzou neste ecuador do mes de xuño unha nova campaña de dinamización comercial. Trátase de Sabías que?, unha acción de comunicación que, en palabras da ABE, “busca achegar aos negocios de Boiro todo o valor que supón formar parte da asociación empresarial da vila”. A través desta campaña, a ABE irá publicando de forma periódica nas redes contidos divulgativos que explican, “dun xeito próximo e visual”, algúns dos servizos máis útiles que ofrece á súa base social, así como proxectos que están actualmente en marcha. O obxectivo é dobre: reforzar o vínculo coas máis de 200 empresas asociadas e animar a novos negocios a sumarse.
O primeiro exemplo desta campaña céntrase no que para a ABE constitúe un dos servizos máis potentes do momento: a gravación mensual de vídeos profesionais para redes sociais, unha iniciativa desenvolvida coa axuda da axencia Kracia Comunicación. Durante seis meses, esta axencia está visitando e gravando negocios asociados para xerar contidos audiovisuais de calidade que se publican nas contas de Facebook e Instagram da ABE.
Nas bases da campaña Sabías que? explícase que a intención é que as máis de 200 empresas asociadas aparezan de maneira rotativa nos vídeos e que as gravacións realizaranse unha vez ao mes, polo que, segundo apunta a patronal de Boiro, “os negocios que aínda non saíron non teñen que preocuparse, xa que terán o seu espazo ao longo do proxecto”.
Como complemento, a campaña inclúe tamén vídeos protagonizados polos propios asociados, nos que contarán en primeira persoa como valoran os servizos da ABE, que beneficios lles achega pertencer á asociación e por que recomendan formar parte da comunidade empresarial boirense.
Sabías que?, explica a ABE, “nace como unha campaña viva e dinámica que continuará ao longo do ano, incorporando novas accións, vantaxes, formacións, campañas e servizos, sempre coa finalidade de poñer en valor o traballo da nosa asociación e seguir facendo comunidade entre as empresas de Boiro”.
“Queremos que os negocios de Boiro, tanto os que xa están asociados como os que aínda non o están, coñezan todo o que lles podemos ofrecer. Sabemos que moitas veces o valor dunha asociación non se percibe ata que se vive, e con esta campaña queremos facelo visible”, explica Daniel García, presidente da entidade.

Últimos números da nosa edición impresa

Shelf Wood

Outras novas populares

BoBots gaña o premio do público en Odisea Indie
Actualidade VIDEOXOGOS
4 Min de Lectura
Carlos J. Escudero: “Podemos ser mellores profesionais coas ferramentas IA, sempre que as utilicemos para reforzar as nosas capacidades e non como unha escusa para deixar de aprender”
Actualidade
13 Min de Lectura
A Semana Europea da Robótica pecha en Santiago cunha mañá profesional e unha feira aberta ás familias
Actualidade
6 Min de Lectura
Novo número da nosa edición impresa
Actualidade
2 Min de Lectura
Compartir Este Artigo
Facebook Whatsapp Whatsapp Copiar Ligazón Imprimir
- PÁXINA WEB HOSPEDADA EN -
Ad imageAd image
-PUBLICIDADE-
De fronte á violencia de xénero
-PUBLICIDADE-
PEL 2027

Revista en papel


Ad imageAd image

Feed RSS: ACTUALIDADE DA AMTEGA ACTUALIDADE DA AMTEGA

  • As persoas que coordinan as 93 aulas CeMIT de Galicia celebran o seu encontro anual na Cidade da Cultura
  • A intelixencia artificial é a tecnoloxía avanzada que máis medra no tecido empresarial galego no último ano
  • Inauguración Laboratorio e Centro Demostrador de Ciberseguridade Industrial de Galicia
  • Laboratorio e Centro Demostrador en Ciberseguridade Industrial

Subscríbete ao noso boletín

Recibe de balde por correo electrónico as novas novas.







banner							
banner
Lenos en Magzter
Os contidos da nosa edición impresa poden lerse comodamente a través da aplicación de Magzter para iOS e Android.
Ir a Magzter
Ad imageAd image

Outras novas de interese

apple_park_visitor_center_explore_03.jpg
Actualidade

OpenAI contrademanda a Apple

27/11/2026
Actualidade

As XVI Xornadas Achégate á Igualdade de Ames puxeron o foco na machosfera e nas plataformas dixitais

27/11/2026
Actualidade

Maldita.es denuncia unha rede de páxinas de Facebook que difunden desinformación política en campaña electoral

27/11/2026
Actualidade

A Universidade de Vigo dá o salto ao voto electrónico

27/11/2026

CÓDIGO CERO

Código Cero, diario de novas tecnolóxicas de Galicia, é unha publicación en galego sobre TIC nacida en formato dixital o 25 de xullo de 2001, que comezou a editarse tamén en formato impreso en decembro do mesmo ano.

- PÁXINA WEB HOSPEDADA EN -
Ad imageAd image

 

PREMIOS

   
   

Grupo Código Cero Comunicación, S.L.

Rúa das Hedras 4 1 M
(Pol. Novo Milladoiro)
15895 Ames - Milladoiro
981 53 02 68
redaccion@codigocero.com
Código CeroCódigo Cero
Síguenos
© Grupo Código Cero Comunicación, S.L. – Política de privacidade
Banner de cookies RXPD

Utilizamos cookies para ofrecerche a mellor experiencia na nosa web.

Podes aprender máis sobre que cookies utilizamos na nosa política de cookies ou desactivalas nos axustes.

Welcome Back!

Sign in to your account

Nome de usuario ou Enderezo de Correo
Contrasinal

Perdiches o teu contrasinal?