Código CeroCódigo CeroCódigo Cero
  • NOVAS
    • Actualidade
    • Electrónica de consumo
    • Eventos
    • Intelixencia artificial
    • I+D+i
    • Audiovisual
    • Software libre
    • Telefonía
  • TREBELLOS
  • VIDEOXOGOS
  • REVISTA EN PAPEL
Lendo: Vía libre á planta de chips fotónicos de Vigo: proxecto SPARC
Compartir
Código CeroCódigo Cero
Buscar
  • Novas
  • Trebellos
  • Videoxogos
  • Revista en papel
Actualidade

Vía libre á planta de chips fotónicos de Vigo: proxecto SPARC

S. P.
Publicado: 17/06/2025
4 Min de Lectura
Compartir
4 Min de Lectura

chips_fotonicos_vigo.jpgO Consello de Ministros aprobou este 17 de xuño a participación da Sociedade Española para a Transformación Tecnolóxica (SETT) no proxecto SPARC da factoría de semi condutores de Vigo, cunha inxección económica de 17,2 millóns de euros.
Como lembraremos, a planta de chips fotónicos será impulsada pola Zona Franca de Vigo no PTL (Parque Tecnolóxico e Loxístico de Vigo) e constituirá, nas súas palabras, “un proxecto único en España e unha das iniciativas europeas máis ambiciosas”. Con ela, engade a Zona Franca, “a cidade posiciónase como clave da soberanía tecnolóxica industrial en España e en Europa do século XXI”. O proxecto, no que tamén participa a firma Indra, será clave para sectores como o aeroespacial ou da defensa.
Os chips fotónicos son a vindeira revolución en tecnoloxías para o procesamento e o subministro dos datos, con velocidades máis rápidas e unha eficiencia superior aos chips electrónicos convencionais. No canto de tirar proveito dos electróns empregan partículas de luz (fotóns) para achegar información.
Á fronte de Europa
“Con esta decisión do Goberno de España, Vigo ponse á fronte en Europa no deseño e a produción de chips fotónicos baseados no nitruro de galio, a tecnoloxía clave para a autonomía estratéxica española e europea, vital nos sectores de defensa e aeroespacial polas súas aplicacións en radiofrecuencia e radares, e con aplicacións na automoción, as comunicacións ou a biomedicina”, sinalou a Zona Franca a través do seu delegado, David Regades, que fixo fincapé “no importante que é que desde a nosa cidade sexamos capaces de fabricar uns semicondutores con nitruro de galio que se van a facer unicamente desde aquí para toda Europa. Iso significa que o talento que temos na nosa Universidade e na nosa cidade vai ser clave no futuro tecnolóxico europeo”.
A factoría viguesa, que se situará nunha parcela de 3.000 metros cadrados do Parque Tecnolóxico e Loxístico da Zona Franca (PTL), será ademais a primeira de España, que hai 40 anos que non tiña unha planta de semiconductores, naquel momento electrónicos e que agora serán fotónicos. A Zona Franca dispón xa da licenza e o proxecto de execución da fábrica e licitará as obras nas vindeiras semanas polo que espera que a construción poida iniciarse este ano e que en 2027 xa estea a fabricar semiconductores.
SPARC nace como sociedade en 2022 ao constituírse como unha spin-off da Universidade de Vigo. O obxectivo do investimento é construír un ecosistema fotónico en Vigo que satisfaga a alta demanda no mercado europeo, ao ofrecer unha capacidade teórica de 20.000 obleas ao ano e crear preto de 200 postos de traballo directos de alto valor, ademais de 550 empregos indirectos.
O proxecto vigués xa obtivera máis de 3 millóns de euros do PERTE Chip do Gobierno de España e, pola súa banda, a Universidade de Vigo, socio institucional de Zona Franca, tamén conseguiu do Ministerio de Transformación Dixital unha subvención de 4,7 millóns para crear a Cátedra Chip, da que sairá persoal formado e especializado para traballar en SPARC.

Últimos números da nosa edición impresa

Shelf Wood

Outras novas populares

BoBots gaña o premio do público en Odisea Indie
Actualidade VIDEOXOGOS
4 Min de Lectura
Carlos J. Escudero: “Podemos ser mellores profesionais coas ferramentas IA, sempre que as utilicemos para reforzar as nosas capacidades e non como unha escusa para deixar de aprender”
Actualidade
13 Min de Lectura
A Semana Europea da Robótica pecha en Santiago cunha mañá profesional e unha feira aberta ás familias
Actualidade
6 Min de Lectura
Novo número da nosa edición impresa
Actualidade
2 Min de Lectura
Compartir Este Artigo
Facebook Whatsapp Whatsapp Copiar Ligazón Imprimir
- PÁXINA WEB HOSPEDADA EN -
Ad imageAd image
-PUBLICIDADE-
De fronte á violencia de xénero
-PUBLICIDADE-
PEL 2027

Revista en papel


Ad imageAd image

Feed RSS: ACTUALIDADE DA AMTEGA ACTUALIDADE DA AMTEGA

  • As persoas que coordinan as 93 aulas CeMIT de Galicia celebran o seu encontro anual na Cidade da Cultura
  • A intelixencia artificial é a tecnoloxía avanzada que máis medra no tecido empresarial galego no último ano
  • Inauguración Laboratorio e Centro Demostrador de Ciberseguridade Industrial de Galicia
  • Laboratorio e Centro Demostrador en Ciberseguridade Industrial

Subscríbete ao noso boletín

Recibe de balde por correo electrónico as novas novas.







banner							
banner
Lenos en Magzter
Os contidos da nosa edición impresa poden lerse comodamente a través da aplicación de Magzter para iOS e Android.
Ir a Magzter
Ad imageAd image

Outras novas de interese

apple_park_visitor_center_explore_03.jpg
Actualidade

OpenAI contrademanda a Apple

27/11/2026
Actualidade

As XVI Xornadas Achégate á Igualdade de Ames puxeron o foco na machosfera e nas plataformas dixitais

27/11/2026
Actualidade

Maldita.es denuncia unha rede de páxinas de Facebook que difunden desinformación política en campaña electoral

27/11/2026
Actualidade

A Universidade de Vigo dá o salto ao voto electrónico

27/11/2026

CÓDIGO CERO

Código Cero, diario de novas tecnolóxicas de Galicia, é unha publicación en galego sobre TIC nacida en formato dixital o 25 de xullo de 2001, que comezou a editarse tamén en formato impreso en decembro do mesmo ano.

- PÁXINA WEB HOSPEDADA EN -
Ad imageAd image

 

PREMIOS

   
   

Grupo Código Cero Comunicación, S.L.

Rúa das Hedras 4 1 M
(Pol. Novo Milladoiro)
15895 Ames - Milladoiro
981 53 02 68
redaccion@codigocero.com
Código CeroCódigo Cero
Síguenos
© Grupo Código Cero Comunicación, S.L. – Política de privacidade
Banner de cookies RXPD

Utilizamos cookies para ofrecerche a mellor experiencia na nosa web.

Podes aprender máis sobre que cookies utilizamos na nosa política de cookies ou desactivalas nos axustes.

Welcome Back!

Sign in to your account

Nome de usuario ou Enderezo de Correo
Contrasinal

Perdiches o teu contrasinal?