Código CeroCódigo CeroCódigo Cero
  • NOVAS
    • Actualidade
    • Electrónica de consumo
    • Eventos
    • Intelixencia artificial
    • I+D+i
    • Audiovisual
    • Software libre
    • Telefonía
  • TREBELLOS
  • VIDEOXOGOS
  • REVISTA EN PAPEL
Lendo: A Deputación de Lugo entregou os diplomas da 21ª promoción do curso do Centro de Formación Audiovisual
Compartir
Código CeroCódigo Cero
Buscar
  • Novas
  • Trebellos
  • Videoxogos
  • Revista en papel
Actualidade

A Deputación de Lugo entregou os diplomas da 21ª promoción do curso do Centro de Formación Audiovisual

S. P.
Publicado: 18/06/2025
4 Min de Lectura
Compartir
4 Min de Lectura

deputacion_de_lugo_centro_de_formacion_audiovisual_clausura_curso_diplomas.jpgO deputado de Promoción Económica e Social, Pablo Rivera Capón, clausurou este martes 17 de xuño o curso 2024/2025 do Centro de Formación Audiovisual da Deputación (CFA) coa entrega de diplomas á 21ª promoción de graduados en Realización e Produción. A gala, á que asistiron familiares e amigos, estivo inspirada no Studio Ghibli e foi organizada e realizada polo alumnado de primeiro.
Rivera Capón destacou que “este é un día importante para os novos graduados do noso centro, pero tamén para a Deputación, que ve como se consolida un proxecto formativo que leva xa 21 anos formando a profesionais do audiovisual, un sector que está en constante evolución e necesita persoas preparadas, creativas e versátiles”. Salientou o esforzo económico que fai a institución provincial para garantir unha formación pública e de calidade, e lembrou que xa está aberto, ata o 4 de xullo, o prazo de solicitude de matrícula, “que volverá ser gratuíta, unha decisión que reafirma o noso compromiso coa igualdade de oportunidades e co futuro da mocidade da nosa provincia”.
Na súa intervención, o deputado subliñou que se deu un paso importante neste curso para implantar a nova Lei Orgánica de Ordenación e Integración da Formación Profesional. “Comezouse en 1º de Realización e Produción, e o vindeiro ano académico completarase o proceso coa adaptación tamén en 2º. A nova FP inclúe contidos actualizados, módulos sobre dixitalización, inglés técnico ou sustentabilidade, e sobre todo, prácticas máis longas e flexibles, para garantir unha mellor conexión entre a formación e a realidade do sector”, sinalou Pablo Rivera.
Por outra banda, Rivera Capón destacou “o momento de crecemento e recoñecemento que está vivindo o sector audiovisual galego, “que na nosa provincia ten un claro referente: o cineasta Oliver Laxe, gañador do Premio do Xurado no Festival de Cannes, un dos máis prestixiosos do mundo. O éxito de Laxe é a demostración de que, con talento, traballo e unha boa formación, se pode chegar moi lonxe, tamén dende Lugo e dende o noso rural”. Animou aos graduados na andaina que comezan agora e díxolles que “sodes parte desa nova xeración chamada a seguir transformando o sector, e a facelo medrar desde Galicia”.
AgGala deste ano, que se celebrou nos xardíns do CFA, estivo inspirada no Studio Ghibli, considerado pola crítica especializada como un dos mellores estudos de animación do mundo. Con motivo do 40 aniversario da súa fundación, os alumnos e alumnas de 1º de Produción elixiron algunhas das súas películas máis recoñecidas e contaron coa colaboración do pianista Luis Monsalve, que tocou bandas sonoras de filmes do estudo xaponés. Ademais, un dos momentos máis especiais da gala foi a estrea do vídeo-clip que fixeron os novos graduados xunto ao grupo Jade4.
O deputado felicitou aos estudantes de primeiro, encargados de organizar esta celebración.

Últimos números da nosa edición impresa

Shelf Wood

Outras novas populares

BoBots gaña o premio do público en Odisea Indie
Actualidade VIDEOXOGOS
4 Min de Lectura
Carlos J. Escudero: “Podemos ser mellores profesionais coas ferramentas IA, sempre que as utilicemos para reforzar as nosas capacidades e non como unha escusa para deixar de aprender”
Actualidade
13 Min de Lectura
A Semana Europea da Robótica pecha en Santiago cunha mañá profesional e unha feira aberta ás familias
Actualidade
6 Min de Lectura
Novo número da nosa edición impresa
Actualidade
2 Min de Lectura
Compartir Este Artigo
Facebook Whatsapp Whatsapp Copiar Ligazón Imprimir
- PÁXINA WEB HOSPEDADA EN -
Ad imageAd image
-PUBLICIDADE-
De fronte á violencia de xénero
-PUBLICIDADE-
PEL 2027

Revista en papel


Ad imageAd image

Feed RSS: ACTUALIDADE DA AMTEGA ACTUALIDADE DA AMTEGA

  • As persoas que coordinan as 93 aulas CeMIT de Galicia celebran o seu encontro anual na Cidade da Cultura
  • A intelixencia artificial é a tecnoloxía avanzada que máis medra no tecido empresarial galego no último ano
  • Inauguración Laboratorio e Centro Demostrador de Ciberseguridade Industrial de Galicia
  • Laboratorio e Centro Demostrador en Ciberseguridade Industrial

Subscríbete ao noso boletín

Recibe de balde por correo electrónico as novas novas.







banner							
banner
Lenos en Magzter
Os contidos da nosa edición impresa poden lerse comodamente a través da aplicación de Magzter para iOS e Android.
Ir a Magzter
Ad imageAd image

Outras novas de interese

apple_park_visitor_center_explore_03.jpg
Actualidade

OpenAI contrademanda a Apple

27/11/2026
Actualidade

As XVI Xornadas Achégate á Igualdade de Ames puxeron o foco na machosfera e nas plataformas dixitais

27/11/2026
Actualidade

Maldita.es denuncia unha rede de páxinas de Facebook que difunden desinformación política en campaña electoral

27/11/2026
Actualidade

A Universidade de Vigo dá o salto ao voto electrónico

27/11/2026

CÓDIGO CERO

Código Cero, diario de novas tecnolóxicas de Galicia, é unha publicación en galego sobre TIC nacida en formato dixital o 25 de xullo de 2001, que comezou a editarse tamén en formato impreso en decembro do mesmo ano.

- PÁXINA WEB HOSPEDADA EN -
Ad imageAd image

 

PREMIOS

   
   

Grupo Código Cero Comunicación, S.L.

Rúa das Hedras 4 1 M
(Pol. Novo Milladoiro)
15895 Ames - Milladoiro
981 53 02 68
redaccion@codigocero.com
Código CeroCódigo Cero
Síguenos
© Grupo Código Cero Comunicación, S.L. – Política de privacidade
Banner de cookies RXPD

Utilizamos cookies para ofrecerche a mellor experiencia na nosa web.

Podes aprender máis sobre que cookies utilizamos na nosa política de cookies ou desactivalas nos axustes.

Welcome Back!

Sign in to your account

Nome de usuario ou Enderezo de Correo
Contrasinal

Perdiches o teu contrasinal?