Código CeroCódigo CeroCódigo Cero
  • NOVAS
    • Actualidade
    • Electrónica de consumo
    • Eventos
    • Intelixencia artificial
    • I+D+i
    • Audiovisual
    • Software libre
    • Telefonía
  • TREBELLOS
  • VIDEOXOGOS
  • REVISTA EN PAPEL
Lendo: Máis de 50 de directivos reúnense en Santiago nun encontro con Paco Salcedo, presidente de Microsoft España
Compartir
Código CeroCódigo Cero
Buscar
  • Novas
  • Trebellos
  • Videoxogos
  • Revista en papel
Actualidade

Máis de 50 de directivos reúnense en Santiago nun encontro con Paco Salcedo, presidente de Microsoft España

S. P.
Publicado: 18/06/2025
3 Min de Lectura
Compartir
3 Min de Lectura

apd_microsoft_santiago_paco_salcedo.jpgA Asociación para o Progreso da Dirección (APD), de man de Abanca e en colaboración con MCN Audiovisuais, celebraron este mércores 18 de xuño a cuarta edición do encontro Líderes que deixarán pegada, que xuntou numerosos empresarios para falar do liderado na empresa galega cunha perspectiva tecnolóxica da man de Paco Salcedo, presidente de Microsoft España.
A inauguración do encontro correu a cargo de Teresa Ramos, conselleira da zona noroeste en APD e directora xeral de ACTEGA Artística, que deu paso á intervención do presidente de Microsoft.
apd_microsoft_santiago_paco_salcedo_2.jpgPaco Salcedo apuntou na súa intervención que “o valor da Intelixencia Artificial está en quen o aplica mellor”. O directivo resumiu o impacto da IA sobre catro eixos principais: a mellora da experiencia do empregado, a reinvención da relación co cliente, a optimización dos procesos de negocio e o impulso do ciclo de innovación. “O uso da IA debe ser responsable”, destacou o presidente, que considerou “de vital importancia” a adopción de modelos éticos no uso de IA e pedía ás empresas viabilidade, transparencia e seguridade nos seus métodos.
apd_microsoft_santiago_paco_salcedo_4.jpgAdemais, o directivo aproveitou a ocasión para sinalar un plan que están a preparar desde Microsoft xunto á Xunta de Galicia que pretende formar a máis de 45.000 mozos galegos en Intelixencia Artificial. “Os directores executivos están dispostos a contratar a xente que saiba sobre isto e non teña tanta experiencia”, explicou Salcedo, engadindo que “para 2030 prevese que as tecnoloxías relacionadas coa IA xeren no PIB de Galicia 5.000 millóns de euros e 9.300 empregos”.
Tras o relatorio, houbo marxe para un micro aberto no que os asistentes tiveron a oportunidade de charlar con Paco Salcedo sobre temas como o mantemento da diferenciación das empresas neste panorama, os retos e a situación das pemes ou de como a educación non se adapta á rapidez do avance tecnolóxico.
apd_microsoft_santiago_paco_salcedo_3.jpgTras a súa intervención, Salcedo participou nunha conversa coa directiva galega, Cristina Vázquez, directora executiva (CEO) de Teimas. Ambos os directivos salientaron a importancia dos valores como unha das claves do bo liderado, ao que hai que sumar claridade, enerxía positiva e resultados íntegros. A maiores, Vázquez defendeu que “o seu liderado tiña como bases a defensa do propósito da empresa, a xestión de persoas e a comunicación con transparencia e empatía”.
Ambos incidiron tamén na defensa do talento e a diversidade nas organizacións, sinalando que “a diversidade é a mellor maneira de obter talento e a inclusión a mellor maneira de retelo”.

Últimos números da nosa edición impresa

Shelf Wood

Outras novas populares

BoBots gaña o premio do público en Odisea Indie
Actualidade VIDEOXOGOS
4 Min de Lectura
Carlos J. Escudero: “Podemos ser mellores profesionais coas ferramentas IA, sempre que as utilicemos para reforzar as nosas capacidades e non como unha escusa para deixar de aprender”
Actualidade
13 Min de Lectura
A Semana Europea da Robótica pecha en Santiago cunha mañá profesional e unha feira aberta ás familias
Actualidade
6 Min de Lectura
Novo número da nosa edición impresa
Actualidade
2 Min de Lectura
Compartir Este Artigo
Facebook Whatsapp Whatsapp Copiar Ligazón Imprimir
- PÁXINA WEB HOSPEDADA EN -
Ad imageAd image
-PUBLICIDADE-
De fronte á violencia de xénero
-PUBLICIDADE-
PEL 2027

Revista en papel


Ad imageAd image

Feed RSS: ACTUALIDADE DA AMTEGA ACTUALIDADE DA AMTEGA

  • As persoas que coordinan as 93 aulas CeMIT de Galicia celebran o seu encontro anual na Cidade da Cultura
  • A intelixencia artificial é a tecnoloxía avanzada que máis medra no tecido empresarial galego no último ano
  • Inauguración Laboratorio e Centro Demostrador de Ciberseguridade Industrial de Galicia
  • Laboratorio e Centro Demostrador en Ciberseguridade Industrial

Subscríbete ao noso boletín

Recibe de balde por correo electrónico as novas novas.







banner							
banner
Lenos en Magzter
Os contidos da nosa edición impresa poden lerse comodamente a través da aplicación de Magzter para iOS e Android.
Ir a Magzter
Ad imageAd image

Outras novas de interese

apple_park_visitor_center_explore_03.jpg
Actualidade

OpenAI contrademanda a Apple

27/11/2026
Actualidade

As XVI Xornadas Achégate á Igualdade de Ames puxeron o foco na machosfera e nas plataformas dixitais

27/11/2026
Actualidade

Maldita.es denuncia unha rede de páxinas de Facebook que difunden desinformación política en campaña electoral

27/11/2026
Actualidade

A Universidade de Vigo dá o salto ao voto electrónico

27/11/2026

CÓDIGO CERO

Código Cero, diario de novas tecnolóxicas de Galicia, é unha publicación en galego sobre TIC nacida en formato dixital o 25 de xullo de 2001, que comezou a editarse tamén en formato impreso en decembro do mesmo ano.

- PÁXINA WEB HOSPEDADA EN -
Ad imageAd image

 

PREMIOS

   
   

Grupo Código Cero Comunicación, S.L.

Rúa das Hedras 4 1 M
(Pol. Novo Milladoiro)
15895 Ames - Milladoiro
981 53 02 68
redaccion@codigocero.com
Código CeroCódigo Cero
Síguenos
© Grupo Código Cero Comunicación, S.L. – Política de privacidade
Banner de cookies RXPD

Utilizamos cookies para ofrecerche a mellor experiencia na nosa web.

Podes aprender máis sobre que cookies utilizamos na nosa política de cookies ou desactivalas nos axustes.

Welcome Back!

Sign in to your account

Nome de usuario ou Enderezo de Correo
Contrasinal

Perdiches o teu contrasinal?