Código CeroCódigo CeroCódigo Cero
  • NOVAS
    • Actualidade
    • Electrónica de consumo
    • Eventos
    • Intelixencia artificial
    • I+D+i
    • Audiovisual
    • Software libre
    • Telefonía
  • TREBELLOS
  • VIDEOXOGOS
  • REVISTA EN PAPEL
Lendo: Máis de 140 concellos pediron asesoramento sobre redes á Oficina Concellos da Xunta
Compartir
Código CeroCódigo Cero
Buscar
  • Novas
  • Trebellos
  • Videoxogos
  • Revista en papel
Actualidade

Máis de 140 concellos pediron asesoramento sobre redes á Oficina Concellos da Xunta

S. P.
Publicado: 19/06/2025
3 Min de Lectura
Compartir
3 Min de Lectura

teclado_informatica_tecnoloxia.jpgMáis de 140 municipios de Galicia, sobre todo das áreas rurais, recorreron aos servizos da Oficina Concellos da Xunta, que proporciona información e axuda sobre o despregamento de redes de telecomunicacións no ámbito local.
A Axencia para a Modernización Tecnolóxica de Galicia (AMTEGA) e a Asociación de Enxeñeiros de Telecomunicacións de Galicia (AETG) levan 10 anos asesorando e informando aos concellos galegos sobre o despregadura de redes de telefonía e internet. A Oficina Concellos creouse en 2014 no marco do convenio de colaboración que manteñen ambas entidades co obxectivo de axudar ás entidades locais en aspectos relacionados coa normativa e as solucións técnicas de aplicación nas diferentes zonas.
Ademais de responder centenares de consultas específicas das entidades locais, a Oficina desenvolveu sesións informativas nas que participaron máis de 2.000 persoas dos concellos e axentes locais de telecomunicacións. Ademais dun teléfono de atención diaria, o servizo dispón dunha web que ofrece todo tipo de información.
Entre as publicacións distribuídas na última década destacan o informe sobre as directivas de paisaxe da Lei de Ordenación do Territorio de Galicia, sobre a ordenación de tendidos aéreos de cables; as recomendacións para a introdución de infraestruturas de telecomunicacións nos plans urbanísticos; ou a Guía de Solucións de Conectividade na Casa ante a crise do COVID 19.
A Oficina tamén elaborou comunicacións específicas para axudar aos concellos a presentar alegacións ás consultas públicas da Secretaría de Estado de Telecomunicacións relacionadas co programa ÚNICO, co que o Estado comprometeuse a cumprir co obxectivo de que o 100% da poboación española dispoña de internet de banda larga de, ao menos, 100 Mbps. Tamén circulou información sobre a viabilidade dos tendidos aéreos de telecomunicacións nos núcleos rurais tradicionais, así como sobre todas as novidades lexislativas que atinxen a telecomunicacións e concellos.
Entre as sesións informativas destacan as que permitiron compartir boas prácticas para compartir tendidos de alumeado na despregadura da fibra óptica; ou as que presentaron casos prácticos de tramitación de infraestruturas de telecomunicacións.
Os 10 anos de existencia da Oficina foron conmemorados hoxe cun evento que se celebrou no centro GaiásTech da Cidade da Cultura, ao que asistiron persoal dos concellos e axentes do sector das telecomunicacións.

Últimos números da nosa edición impresa

Shelf Wood

Outras novas populares

BoBots gaña o premio do público en Odisea Indie
Actualidade VIDEOXOGOS
4 Min de Lectura
Carlos J. Escudero: “Podemos ser mellores profesionais coas ferramentas IA, sempre que as utilicemos para reforzar as nosas capacidades e non como unha escusa para deixar de aprender”
Actualidade
13 Min de Lectura
A Semana Europea da Robótica pecha en Santiago cunha mañá profesional e unha feira aberta ás familias
Actualidade
6 Min de Lectura
Novo número da nosa edición impresa
Actualidade
2 Min de Lectura
Compartir Este Artigo
Facebook Whatsapp Whatsapp Copiar Ligazón Imprimir
- PÁXINA WEB HOSPEDADA EN -
Ad imageAd image
-PUBLICIDADE-
De fronte á violencia de xénero
-PUBLICIDADE-
PEL 2027

Revista en papel


Ad imageAd image

Feed RSS: ACTUALIDADE DA AMTEGA ACTUALIDADE DA AMTEGA

  • As persoas que coordinan as 93 aulas CeMIT de Galicia celebran o seu encontro anual na Cidade da Cultura
  • A intelixencia artificial é a tecnoloxía avanzada que máis medra no tecido empresarial galego no último ano
  • Inauguración Laboratorio e Centro Demostrador de Ciberseguridade Industrial de Galicia
  • Laboratorio e Centro Demostrador en Ciberseguridade Industrial

Subscríbete ao noso boletín

Recibe de balde por correo electrónico as novas novas.







banner							
banner
Lenos en Magzter
Os contidos da nosa edición impresa poden lerse comodamente a través da aplicación de Magzter para iOS e Android.
Ir a Magzter
Ad imageAd image

Outras novas de interese

apple_park_visitor_center_explore_03.jpg
Actualidade

OpenAI contrademanda a Apple

27/11/2026
Actualidade

As XVI Xornadas Achégate á Igualdade de Ames puxeron o foco na machosfera e nas plataformas dixitais

27/11/2026
Actualidade

Maldita.es denuncia unha rede de páxinas de Facebook que difunden desinformación política en campaña electoral

27/11/2026
Actualidade

A Universidade de Vigo dá o salto ao voto electrónico

27/11/2026

CÓDIGO CERO

Código Cero, diario de novas tecnolóxicas de Galicia, é unha publicación en galego sobre TIC nacida en formato dixital o 25 de xullo de 2001, que comezou a editarse tamén en formato impreso en decembro do mesmo ano.

- PÁXINA WEB HOSPEDADA EN -
Ad imageAd image

 

PREMIOS

   
   

Grupo Código Cero Comunicación, S.L.

Rúa das Hedras 4 1 M
(Pol. Novo Milladoiro)
15895 Ames - Milladoiro
981 53 02 68
redaccion@codigocero.com
Código CeroCódigo Cero
Síguenos
© Grupo Código Cero Comunicación, S.L. – Política de privacidade
Banner de cookies RXPD

Utilizamos cookies para ofrecerche a mellor experiencia na nosa web.

Podes aprender máis sobre que cookies utilizamos na nosa política de cookies ou desactivalas nos axustes.

Welcome Back!

Sign in to your account

Nome de usuario ou Enderezo de Correo
Contrasinal

Perdiches o teu contrasinal?