Código CeroCódigo CeroCódigo Cero
  • NOVAS
    • Actualidade
    • Electrónica de consumo
    • Eventos
    • Intelixencia artificial
    • I+D+i
    • Audiovisual
    • Software libre
    • Telefonía
  • TREBELLOS
  • VIDEOXOGOS
  • REVISTA EN PAPEL
Lendo: O CTAG recibirá o Premio Iniciativa Empresarial do CPEIG
Compartir
Código CeroCódigo Cero
Buscar
  • Novas
  • Trebellos
  • Videoxogos
  • Revista en papel
Actualidade

O CTAG recibirá o Premio Iniciativa Empresarial do CPEIG

S. P.
Publicado: 19/06/2025
5 Min de Lectura
Compartir
5 Min de Lectura

ctag-2.jpgO Colexio Profesional de Enxeñaría en Informática de Galicia (CPEIG) anunciou que vai conceder o Premio Iniciativa Empresarial da XVII Noite da Enxeñaría en Informática de Galicia de 2025 ao Centro Tecnolóxico de Automoción de Galicia (CTAG).
Segundo explica o CPEIG, o CTAG é un referente internacional en I+D+i aplicada á automoción e á mobilidade do futuro: “Con máis de 20 anos de traxectoria, un investimento acumulado superior aos 70 millóns de euros e máis de 1.000 profesionais, CTAG é un socio clave para a industria, desenvolvendo solucións tecnolóxicas que transforman o sector e impulsando unha mobilidade máis limpa, intelixente, conectada e segura”, salienta o Colexio, engadindo que o centro dispón dun equipo multidisciplinar e uns laboratorios de vangarda que permiten a dixitalización e modernización do sector, liderando proxectos estratéxicos en ámbitos como a condución autónoma, o vehículo eléctrico, a seguridade, a conectividade, os novos materiais e a fábrica do futuro.
Desde a súa creación, CTAG participou en máis de 200 proxectos de innovación colaborativos, ademais dos proxectos unilaterais con empresas do sector automóbil. Algúns dos proxectos actuais nos que está a traballar son:
O CPEIG destaca tamén que un exemplo de proxecto europeo no que traballa o CTAG actualmente é o proxecto Hi-Drive, que se dirixe a “levar a condución automatizada ao seguinte nivel, facendo que os vehículos sexan cada vez máis capaces de conducir sen necesidade de intervención humana, mesmo en situacións complexas”. Para logralo, o proxecto céntrase en crear un entorno de probas en Europa, desenvolver tecnoloxías que permitan aos coches adaptarse a distintos tipos de estradas e condicións de tráfico, probar estas funcións en situacións reais e esixentes, e entender como reaccionan as persoas ante este tipo de automatización. Ademais, Hi-Drive avalía o impacto desta tecnoloxía tanto a nivel individual como na sociedade en xeral.
O Colexio tamén enxalza o traballo do CTAG en materia de electrificación e tecnoloxías de baterías (innovación en sistemas de propulsión eléctrica, integración de baterías, xestión térmica, etc). O CPEIG destaca que este ámbito “é unha prioridade para o sector” e é tamén unha prioridade para o CTAG, axente clave na transición enerxética. Por exemplo, destaca o proxecto SOCELL para desenvolver un ASIC que permita implantar Sistemas de Xestión de Baterías (Battery Management Systems, BMS) máis compactos, eficaces e alcanzables, con diagnóstico mellorado baseado en hardware, comunicacións sen fñíos, tolerancia a fallos e capacidades de equilibrado intelixente.  
No ámbito da ciberseguridade, o CPEIG salienta que ao abeiro do convenio RETECH, promovido e liderado por AMTEGA, o CTAG crearía un laboratorio especializado en ciberseguridade aplicada á automoción. Trátase dunha iniciativa que impulsa a nivel nacional o Instituto Nacional de Ciberseguridad (INCIBE).
Tamén a través de INCIBE, o CTAG lidera o proxecto ASCAN (Analizador de Sinais CAN), co que busca desenvolver unha solución innovadora para a seguridade no ámbito da condución autónoma e conectada, mediante un software que emite alertas ante posibles ataques á rede do vehículo.
Ademais, o CTAG desenvolve proxectos que conectan o mundo real e o virtual para optimizar procesos de produción, mellorando a toma de decisións mediante a visualización de datos. Estes días está a presentar no evento Mindtech Vigo un demostrador das capacidades de CTAG no eido dos xemelgos dixitais.
No ámbito da sustentabilidade, o CTAG participou no proxecto FORTEXVAL que ten como obxecto a valorización de residuos forestais derivados das podas, utilizando tecnoloxías avanzadas para converter estes materiais en recursos industriais útiles.
O director TIC e de Operacións do CTAG, Esteban Martínez Germade, recollerá o galardón na XVII Noite da Enxeñaría en Informática de Galicia que se celebrará o 27 de xuño no Hotel OCA Puerta del Camino de Santiago.

Últimos números da nosa edición impresa

Shelf Wood

Outras novas populares

BoBots gaña o premio do público en Odisea Indie
Actualidade VIDEOXOGOS
4 Min de Lectura
Carlos J. Escudero: “Podemos ser mellores profesionais coas ferramentas IA, sempre que as utilicemos para reforzar as nosas capacidades e non como unha escusa para deixar de aprender”
Actualidade
13 Min de Lectura
A Semana Europea da Robótica pecha en Santiago cunha mañá profesional e unha feira aberta ás familias
Actualidade
6 Min de Lectura
Novo número da nosa edición impresa
Actualidade
2 Min de Lectura
Compartir Este Artigo
Facebook Whatsapp Whatsapp Copiar Ligazón Imprimir
- PÁXINA WEB HOSPEDADA EN -
Ad imageAd image
-PUBLICIDADE-
De fronte á violencia de xénero
-PUBLICIDADE-
PEL 2027

Revista en papel


Ad imageAd image

Feed RSS: ACTUALIDADE DA AMTEGA ACTUALIDADE DA AMTEGA

  • As persoas que coordinan as 93 aulas CeMIT de Galicia celebran o seu encontro anual na Cidade da Cultura
  • A intelixencia artificial é a tecnoloxía avanzada que máis medra no tecido empresarial galego no último ano
  • Inauguración Laboratorio e Centro Demostrador de Ciberseguridade Industrial de Galicia
  • Laboratorio e Centro Demostrador en Ciberseguridade Industrial

Subscríbete ao noso boletín

Recibe de balde por correo electrónico as novas novas.







banner							
banner
Lenos en Magzter
Os contidos da nosa edición impresa poden lerse comodamente a través da aplicación de Magzter para iOS e Android.
Ir a Magzter
Ad imageAd image

Outras novas de interese

apple_park_visitor_center_explore_03.jpg
Actualidade

OpenAI contrademanda a Apple

27/11/2026
Actualidade

As XVI Xornadas Achégate á Igualdade de Ames puxeron o foco na machosfera e nas plataformas dixitais

27/11/2026
Actualidade

Maldita.es denuncia unha rede de páxinas de Facebook que difunden desinformación política en campaña electoral

27/11/2026
Actualidade

A Universidade de Vigo dá o salto ao voto electrónico

27/11/2026

CÓDIGO CERO

Código Cero, diario de novas tecnolóxicas de Galicia, é unha publicación en galego sobre TIC nacida en formato dixital o 25 de xullo de 2001, que comezou a editarse tamén en formato impreso en decembro do mesmo ano.

- PÁXINA WEB HOSPEDADA EN -
Ad imageAd image

 

PREMIOS

   
   

Grupo Código Cero Comunicación, S.L.

Rúa das Hedras 4 1 M
(Pol. Novo Milladoiro)
15895 Ames - Milladoiro
981 53 02 68
redaccion@codigocero.com
Código CeroCódigo Cero
Síguenos
© Grupo Código Cero Comunicación, S.L. – Política de privacidade
Banner de cookies RXPD

Utilizamos cookies para ofrecerche a mellor experiencia na nosa web.

Podes aprender máis sobre que cookies utilizamos na nosa política de cookies ou desactivalas nos axustes.

Welcome Back!

Sign in to your account

Nome de usuario ou Enderezo de Correo
Contrasinal

Perdiches o teu contrasinal?