Código CeroCódigo CeroCódigo Cero
  • NOVAS
    • Actualidade
    • Electrónica de consumo
    • Eventos
    • Intelixencia artificial
    • I+D+i
    • Audiovisual
    • Software libre
    • Telefonía
  • TREBELLOS
  • VIDEOXOGOS
  • REVISTA EN PAPEL
Lendo: O CITIC acolle a reunión do consorcio europeo SPACIOUS, proxecto punteiro en ciencia de datos e astronomía
Compartir
Código CeroCódigo Cero
Buscar
  • Novas
  • Trebellos
  • Videoxogos
  • Revista en papel
Actualidade

O CITIC acolle a reunión do consorcio europeo SPACIOUS, proxecto punteiro en ciencia de datos e astronomía

S. P.
Publicado: 23/06/2025
3 Min de Lectura
Compartir
3 Min de Lectura

spacious-midterm-meeting-group-1-1024x683.jpgO Centro de Investigación en Tecnoloxías da Información e as Comunicacións (CITIC) da Universidade da Coruña acolleu a semana pasada a reunión intermedia do proxecto europeo SPACIOUS (Science PlAtform Cloud Infrastructure for Outsize Usage Scenarios), unha iniciativa financiada polo programa Horizonte Europa que ten como obxectivo o desenvolvemento dunha plataforma científica na nube orientada á explotación de grandes volumes de datos procedentes de misións espaciais da Axencia Espacial Europea, como Gaia e Euclid.
Durante tres xornadas, do 18 ao 20 de xuño, representantes dos diferentes socios do consorcio reuníronse nas instalacións do CITIC para avanzar no desenvolvemento técnico da infraestrutura e coordinar as seguintes fases do proxecto. No encontro participaron investigadores e enxeñeiros de institucións como a Universidade de Barcelona (entidade coordinadora), o Barcelona Supercomputing Center, a Universidade de Edimburgo, CENTRA (Portugal), a Universidade Adam Mickiewicz (Polonia) e a Universidade da Coruña, que forma parte activa a través do CITIC, nun grupo de traballo que dirixe José Carlos Dafonte Vázquez.
Segundo informa o CITIC, o proxecto SPACIOUS “busca dotar á comunidade científica europea dunha ferramenta avanzada para procesar e analizar de forma eficiente os inxentes volumes de datos xerados por observatorios espaciais”. Seguindo este fío, a plataforma en desenvolvemento “permitirá integrar técnicas de minería de datos, Intelixencia Artificial e visualización avanzada, facilitando novos descubrimentos en astronomía e física fundamental”.
Durante a reunión celebrada na Coruña as persoas participantes abordaron cuestións como o deseño da arquitectura do sistema, a integración de algoritmos de análise masiva, a interoperabilidade con infraestruturas existentes e a preparación de casos de uso científicos que validen a contorna. Amais, planificouse a futura apertura da plataforma á comunidade investigadora internacional, a través dunha convocatoria de propostas que permitirá avaliar o seu potencial en contextos reais de investigación.
A participación do CITIC neste consorcio europeo reforza o seu papel como referente no ámbito das tecnoloxías da información aplicadas á ciencia, achegando a súa experiencia en análise de datos, computación avanzada e transferencia tecnolóxica. Ademais, esta colaboración pon de manifesto a capacidade do ecosistema galego para integrarse en proxectos internacionais de alta esixencia técnica e científica.
SPACIOUS conta cun financiamento de 1,9 millóns de euros e desenvolverase ata finais de 2026. A contribución da Universidade da Coruña, a través do CITIC, representa un impulso estratéxico ao seu compromiso coa investigación de fronteira e a colaboración internacional.

Últimos números da nosa edición impresa

Shelf Wood

Outras novas populares

BoBots gaña o premio do público en Odisea Indie
Actualidade VIDEOXOGOS
4 Min de Lectura
Carlos J. Escudero: “Podemos ser mellores profesionais coas ferramentas IA, sempre que as utilicemos para reforzar as nosas capacidades e non como unha escusa para deixar de aprender”
Actualidade
13 Min de Lectura
A Semana Europea da Robótica pecha en Santiago cunha mañá profesional e unha feira aberta ás familias
Actualidade
6 Min de Lectura
Novo número da nosa edición impresa
Actualidade
2 Min de Lectura
Compartir Este Artigo
Facebook Whatsapp Whatsapp Copiar Ligazón Imprimir
- PÁXINA WEB HOSPEDADA EN -
Ad imageAd image
-PUBLICIDADE-
De fronte á violencia de xénero
-PUBLICIDADE-
PEL 2027

Revista en papel


Ad imageAd image

Feed RSS: ACTUALIDADE DA AMTEGA ACTUALIDADE DA AMTEGA

  • As persoas que coordinan as 93 aulas CeMIT de Galicia celebran o seu encontro anual na Cidade da Cultura
  • A intelixencia artificial é a tecnoloxía avanzada que máis medra no tecido empresarial galego no último ano
  • Inauguración Laboratorio e Centro Demostrador de Ciberseguridade Industrial de Galicia
  • Laboratorio e Centro Demostrador en Ciberseguridade Industrial

Subscríbete ao noso boletín

Recibe de balde por correo electrónico as novas novas.







banner							
banner
Lenos en Magzter
Os contidos da nosa edición impresa poden lerse comodamente a través da aplicación de Magzter para iOS e Android.
Ir a Magzter
Ad imageAd image

Outras novas de interese

apple_park_visitor_center_explore_03.jpg
Actualidade

OpenAI contrademanda a Apple

27/11/2026
Actualidade

As XVI Xornadas Achégate á Igualdade de Ames puxeron o foco na machosfera e nas plataformas dixitais

27/11/2026
Actualidade

Maldita.es denuncia unha rede de páxinas de Facebook que difunden desinformación política en campaña electoral

27/11/2026
Actualidade

A Universidade de Vigo dá o salto ao voto electrónico

27/11/2026

CÓDIGO CERO

Código Cero, diario de novas tecnolóxicas de Galicia, é unha publicación en galego sobre TIC nacida en formato dixital o 25 de xullo de 2001, que comezou a editarse tamén en formato impreso en decembro do mesmo ano.

- PÁXINA WEB HOSPEDADA EN -
Ad imageAd image

 

PREMIOS

   
   

Grupo Código Cero Comunicación, S.L.

Rúa das Hedras 4 1 M
(Pol. Novo Milladoiro)
15895 Ames - Milladoiro
981 53 02 68
redaccion@codigocero.com
Código CeroCódigo Cero
Síguenos
© Grupo Código Cero Comunicación, S.L. – Política de privacidade
Banner de cookies RXPD

Utilizamos cookies para ofrecerche a mellor experiencia na nosa web.

Podes aprender máis sobre que cookies utilizamos na nosa política de cookies ou desactivalas nos axustes.

Welcome Back!

Sign in to your account

Nome de usuario ou Enderezo de Correo
Contrasinal

Perdiches o teu contrasinal?