Código CeroCódigo CeroCódigo Cero
  • NOVAS
    • Actualidade
    • Electrónica de consumo
    • Eventos
    • Intelixencia artificial
    • I+D+i
    • Audiovisual
    • Software libre
    • Telefonía
  • TREBELLOS
  • VIDEOXOGOS
  • REVISTA EN PAPEL
Lendo: A Xunta inaugura este xoves a exposición que recupera a Castelao con IA
Compartir
Código CeroCódigo Cero
Buscar
  • Novas
  • Trebellos
  • Videoxogos
  • Revista en papel
Actualidade

A Xunta inaugura este xoves a exposición que recupera a Castelao con IA

S. P.
Publicado: 24/06/2025
4 Min de Lectura
Compartir
4 Min de Lectura

castelao_ia_exposicion_2.jpgA Xunta de Galicia inaugura este xoves 26 de xuño na Cidade da Cultura a exposición inmersiva Castelao. Mirar por Galicia, que sería, en palabras do Goberno autonómico, “o primeiro proxecto galego de arte dixital que recupera a figura dunha personaxe histórica emblemática da nosa cultura con Intelixencia Artificial e cun amplo abano de tecnoloxías dixitais que inclúen hologramas, videomapping ou realidade virtual”.
Trátase dunha iniciativa realizada en colaboración coa Fundación Castelao e encadrada na programación da Consellería de Cultura, Lingua e Xuventude con motivo da conmemoración deste 2025 como Ano Castelao.
A mostra, engade a Consellería, “propón unha visión anovadora da vida e universo artístico de Castelao, recreando a súa imaxe e a súa voz, de xeito hiperrealista, e partindo dunha ampla base de documentación histórica e arquivos visuais conservados en diferentes institucións”.
Para a Consellería, un dos puntos destacados desta exposición é unha instalación inmersiva con videomapping e son cadrafónico dentro dun gran cubo de papel. Neste espazo, as persoas visitantes terán a oportunidade de volver escoitar a voz de Castelao, grazas a un traballo de recreación da mesma con tecnoloxía de IA xerativa a partir do único rexistro sonoro conservado: a mensaxe, en castelán, que el mesmo gravou en fonopostal na Central de Correos de Bos Aires, co gallo da estrea de Os vellos non deben de namorarse en Montevideo en 1941.
castelao_ia_exposicion.jpg O arquivo, conservado polo Consello da Cultura Galega, someteuse a un depurado do son para, a continuación, adestrar unha Intelixencia Artificial para reproducir con fidelidade o timbre, entoación e textura da voz, combinándoo co traballo de locutores profesionais a partir de textos de publicacións como Cousas, Sempre en Galiza, Alba de Gloria ou o Diario 1921.
“A exposición ofrecerá así unha recreación o máis fidedigna posible da voz orixinal do ilustre escritor e galeguista rianxeiro, supoñendo a primeira vez que poderemos oír a Castelao falar galego desde o seu pasamento en 1950”, destacou a Consellería.
A exposición incorpora un amplo abano de medidas para achegar esta proposta cultural a todo tipo de públicos, reducindo as barreiras de acceso. Así, os textos de sala contarán cunha versión en lectura fácil, un método de redacción de contidos adaptados ás necesidades de persoas con dificultades de comprensión lectora, realizada co apoio da Federación Autismo Galicia.
A videoproxección inmersiva da exposición contará tamén cunha versión en lingua de signos no propio espazo expositivo, liberándoa de barreiras para persoas xordas ou con discapacidade auditiva, e os textos de sala disporán dunha versión en liña con lingua de signos, subtitulado accesible, e contido en audio narrado para facilitar o acceso das persoas con discapacidade visual.
A maiores, o Museo Centro Gaiás disporá de bucle magnético portátil tanto para a atención ao público como na súa oferta de visitas guiadas, facilitando o acceso ás persoas que empreguen implantes cocleares ou audífonos. Esta tecnoloxía permite recoller o audio da conversa e transmitilo directamente aos dispositivos sen interferencias do ruído ambiente, mellorando a experiencia das persoas con discapacidade auditiva.
A mostra Castelao. Mirar por Galicia poderá visitarse na Cidade da Cultura desde a tarde do 26 de xuño ata o 11 de xaneiro de 2026, con acceso libre e de balde, e contará no vindeiro curso cunha oferta didáctica destinada aos centros de ensino.

Últimos números da nosa edición impresa

Shelf Wood

Outras novas populares

BoBots gaña o premio do público en Odisea Indie
Actualidade VIDEOXOGOS
4 Min de Lectura
Carlos J. Escudero: “Podemos ser mellores profesionais coas ferramentas IA, sempre que as utilicemos para reforzar as nosas capacidades e non como unha escusa para deixar de aprender”
Actualidade
13 Min de Lectura
A Semana Europea da Robótica pecha en Santiago cunha mañá profesional e unha feira aberta ás familias
Actualidade
6 Min de Lectura
Novo número da nosa edición impresa
Actualidade
2 Min de Lectura
Compartir Este Artigo
Facebook Whatsapp Whatsapp Copiar Ligazón Imprimir
- PÁXINA WEB HOSPEDADA EN -
Ad imageAd image
-PUBLICIDADE-
De fronte á violencia de xénero
-PUBLICIDADE-
PEL 2027

Revista en papel


Ad imageAd image

Feed RSS: ACTUALIDADE DA AMTEGA ACTUALIDADE DA AMTEGA

  • As persoas que coordinan as 93 aulas CeMIT de Galicia celebran o seu encontro anual na Cidade da Cultura
  • A intelixencia artificial é a tecnoloxía avanzada que máis medra no tecido empresarial galego no último ano
  • Inauguración Laboratorio e Centro Demostrador de Ciberseguridade Industrial de Galicia
  • Laboratorio e Centro Demostrador en Ciberseguridade Industrial

Subscríbete ao noso boletín

Recibe de balde por correo electrónico as novas novas.







banner							
banner
Lenos en Magzter
Os contidos da nosa edición impresa poden lerse comodamente a través da aplicación de Magzter para iOS e Android.
Ir a Magzter
Ad imageAd image

Outras novas de interese

apple_park_visitor_center_explore_03.jpg
Actualidade

OpenAI contrademanda a Apple

27/11/2026
Actualidade

As XVI Xornadas Achégate á Igualdade de Ames puxeron o foco na machosfera e nas plataformas dixitais

27/11/2026
Actualidade

Maldita.es denuncia unha rede de páxinas de Facebook que difunden desinformación política en campaña electoral

27/11/2026
Actualidade

A Universidade de Vigo dá o salto ao voto electrónico

27/11/2026

CÓDIGO CERO

Código Cero, diario de novas tecnolóxicas de Galicia, é unha publicación en galego sobre TIC nacida en formato dixital o 25 de xullo de 2001, que comezou a editarse tamén en formato impreso en decembro do mesmo ano.

- PÁXINA WEB HOSPEDADA EN -
Ad imageAd image

 

PREMIOS

   
   

Grupo Código Cero Comunicación, S.L.

Rúa das Hedras 4 1 M
(Pol. Novo Milladoiro)
15895 Ames - Milladoiro
981 53 02 68
redaccion@codigocero.com
Código CeroCódigo Cero
Síguenos
© Grupo Código Cero Comunicación, S.L. – Política de privacidade
Banner de cookies RXPD

Utilizamos cookies para ofrecerche a mellor experiencia na nosa web.

Podes aprender máis sobre que cookies utilizamos na nosa política de cookies ou desactivalas nos axustes.

Welcome Back!

Sign in to your account

Nome de usuario ou Enderezo de Correo
Contrasinal

Perdiches o teu contrasinal?