Código CeroCódigo CeroCódigo Cero
  • NOVAS
    • Actualidade
    • Electrónica de consumo
    • Eventos
    • Intelixencia artificial
    • I+D+i
    • Audiovisual
    • Software libre
    • Telefonía
  • TREBELLOS
  • VIDEOXOGOS
  • REVISTA EN PAPEL
Lendo: O catedrático emérito de Enxeñaría Química Juan Casares Long, novo Colexiado de Honra do CPEIG
Compartir
Código CeroCódigo Cero
Buscar
  • Novas
  • Trebellos
  • Videoxogos
  • Revista en papel
Actualidade

O catedrático emérito de Enxeñaría Química Juan Casares Long, novo Colexiado de Honra do CPEIG

S. P.
Publicado: 24/06/2025
3 Min de Lectura
Compartir
3 Min de Lectura

juan_casares_long.jpgO Colexio Profesional de Enxeñaría en Informática de Galicia (CPEIG) decidiu outorgar o Premio Colexiado de Honra ao catedrático emérito en Enxeñaría Química Juan Casares Long. O galardón será entregado no marco da XVII Noite da Enxeñaría en Informática que se celebra este venres 27 no Hotel Puerta del Camino de Santiago.
O CPEIG concédelle esta distinción pola “súa contribución ao avance tecnolóxico de Galicia, destacando por presidir a Comisión Técnica de Informática de Galicia encargada do deseño do entorno que debía acoller en Galicia o cálculo intensivo, a solución compartida polo sistema universitario galego e o CSIC e, de seguido, ser o primeiro director do Centro de Supercomputación de Galicia, desde onde organizou a rede de banda ampla de ciencia e tecnoloxía de Galicia, RECETGA”.
Tamén destaca o CPEIG que “foi o impulsor e responsable da posta en marcha de Meteogalicia desde a Consellería de Medio Ambiente, onde conseguiu o recoñecemento do Sistema de Información Ambiental por parte do Computerworld Smithsonian no ano 2000”.
O profesor Casares Long mostrouse sorprendido e agradecido ao Colexio por este recoñecemento. Sinalou que os seus acertos “foron froito de ter colaboradores, xente amante da informática desde os anos setenta cando os medios non eran os que son agora nin nada parecido: circuítos eléctricos, tarxetas perforadas, teletipo, e o primeiro ordenador persoal de Sinclair. Tiven a sorte de desenvolverme profesionalmente no mundo da computación, da programación desde os ordenadores analóxicos aos superordenadores, e da comunicación, da primeira rede de banda larga en ATM, participando dese xeito na definición do cambio planetario que estamos a vivir.
Juan José Casares Long (A Coruña, 1950) é Licenciado (Premio Extraordinario de Licenciatura) en Química pola Universidade de Santiago de Compostela (USC) en 1972; así como doutor en Química pola Universidade Autónoma de Barcelona en 1976 e doutor en Enxeñaría Química pola Universidade de Salford (Gran Bretaña) desde 1978.
Tras traballar en Arabia Saudí nos anos 80, foi catedrático de Enxeñaría Química das Universidades de Sevilla, Cantabria e posteriormente Santiago de Compostela da que chegou a ser reitor. Tamén foi técnico superior na Empresa Nacional de Electricidade e membro do Consello de Dirección do Wessex Institute of Technology. É membro do Club de Roma.
Casares Long recollerá o galardón na XVII Noite da Enxeñaría en Informática de Galicia que se celebrará este venres, 27 de xuño, no Hotel OCA Puerta del Camino de Santiago.

Últimos números da nosa edición impresa

Shelf Wood

Outras novas populares

BoBots gaña o premio do público en Odisea Indie
Actualidade VIDEOXOGOS
4 Min de Lectura
Carlos J. Escudero: “Podemos ser mellores profesionais coas ferramentas IA, sempre que as utilicemos para reforzar as nosas capacidades e non como unha escusa para deixar de aprender”
Actualidade
13 Min de Lectura
A Semana Europea da Robótica pecha en Santiago cunha mañá profesional e unha feira aberta ás familias
Actualidade
6 Min de Lectura
Novo número da nosa edición impresa
Actualidade
2 Min de Lectura
Compartir Este Artigo
Facebook Whatsapp Whatsapp Copiar Ligazón Imprimir
- PÁXINA WEB HOSPEDADA EN -
Ad imageAd image
-PUBLICIDADE-
De fronte á violencia de xénero
-PUBLICIDADE-
PEL 2027

Revista en papel


Ad imageAd image

Feed RSS: ACTUALIDADE DA AMTEGA ACTUALIDADE DA AMTEGA

  • As persoas que coordinan as 93 aulas CeMIT de Galicia celebran o seu encontro anual na Cidade da Cultura
  • A intelixencia artificial é a tecnoloxía avanzada que máis medra no tecido empresarial galego no último ano
  • Inauguración Laboratorio e Centro Demostrador de Ciberseguridade Industrial de Galicia
  • Laboratorio e Centro Demostrador en Ciberseguridade Industrial

Subscríbete ao noso boletín

Recibe de balde por correo electrónico as novas novas.







banner							
banner
Lenos en Magzter
Os contidos da nosa edición impresa poden lerse comodamente a través da aplicación de Magzter para iOS e Android.
Ir a Magzter
Ad imageAd image

Outras novas de interese

apple_park_visitor_center_explore_03.jpg
Actualidade

OpenAI contrademanda a Apple

27/11/2026
Actualidade

As XVI Xornadas Achégate á Igualdade de Ames puxeron o foco na machosfera e nas plataformas dixitais

27/11/2026
Actualidade

Maldita.es denuncia unha rede de páxinas de Facebook que difunden desinformación política en campaña electoral

27/11/2026
Actualidade

A Universidade de Vigo dá o salto ao voto electrónico

27/11/2026

CÓDIGO CERO

Código Cero, diario de novas tecnolóxicas de Galicia, é unha publicación en galego sobre TIC nacida en formato dixital o 25 de xullo de 2001, que comezou a editarse tamén en formato impreso en decembro do mesmo ano.

- PÁXINA WEB HOSPEDADA EN -
Ad imageAd image

 

PREMIOS

   
   

Grupo Código Cero Comunicación, S.L.

Rúa das Hedras 4 1 M
(Pol. Novo Milladoiro)
15895 Ames - Milladoiro
981 53 02 68
redaccion@codigocero.com
Código CeroCódigo Cero
Síguenos
© Grupo Código Cero Comunicación, S.L. – Política de privacidade
Banner de cookies RXPD

Utilizamos cookies para ofrecerche a mellor experiencia na nosa web.

Podes aprender máis sobre que cookies utilizamos na nosa política de cookies ou desactivalas nos axustes.

Welcome Back!

Sign in to your account

Nome de usuario ou Enderezo de Correo
Contrasinal

Perdiches o teu contrasinal?