Código CeroCódigo CeroCódigo Cero
  • NOVAS
    • Actualidade
    • Electrónica de consumo
    • Eventos
    • Intelixencia artificial
    • I+D+i
    • Audiovisual
    • Software libre
    • Telefonía
  • TREBELLOS
  • VIDEOXOGOS
  • REVISTA EN PAPEL
Lendo: Nace Vega, o software galego que quere revolucionar a protección das vítimas de violencia machista
Compartir
Código CeroCódigo Cero
Buscar
  • Novas
  • Trebellos
  • Videoxogos
  • Revista en papel
Actualidade

Nace Vega, o software galego que quere revolucionar a protección das vítimas de violencia machista

S. P.
Publicado: 25/06/2025
4 Min de Lectura
Compartir
4 Min de Lectura

aplicacion_vega_jorge_ferna_ndez_manuel_montenegro_rube_n_gardo_n_y_david_calvo_este_vez.jpgA Zona Franca de Vigo acolleu este mércores 25 de xuño a presentación de Vega, unha aplicación para incrementar a protección das vítimas de violencia machista. A ferramenta usa Intelixencia Artificial para identificar patróns de risco na contorna conversacional, sen requirir que a vítima interactúe directamente co dispositivo en situacións críticas.
Os seus creadores son dous axentes da Policía Local de Vigo con décadas de experiencia operativa e dous investidores tecnolóxicos radicados en Suíza. Atópase en fase avanzada de probas piloto e, segundo indicaron os seus creadores, espertou o interese de institucións públicas, corpos de seguridade e entidades especializadas na atención a vítimas.
Ofrécese a posibilidade de que a vítima personalice a interface da app para evitar que o agresor poida recoñecela.
Segundo explicaron con máis detalle, “Vega é un recurso tecnolóxico revolucionario para a prevención e a reacción fronte á violencia machista que se fan especialmente necesarias en casos nos que o medo ás reaccións do agresor e o temor das vítimas de non ser cridas frean as necesarias denuncias”.
David Calvo Estévez, Manuel Montenegro, Rubén Gardón e Jorge Fernández son os creadores deste proxecto que busca dar maior soporte ás vítimas cunha operativa fácil de manexar e discreta. Ao acto asistiron David Regades (delegado especial do Consorcio da Zona Franca de Vigo), o alcalde de Vigo Abel Caballero, e as concelleiras do Concello de Vigo Carmela Silva e Ana Laura Iglesias, Yolanda Aguiar, así como colectivos e asociacións vinculados á loita contra a violencia de xénero.
A aplicación, sinalaron os seus creadores, “nace co propósito de reducir ao máximo o tempo de reacción policial, facilitar a obtención de probas e apoderar ás vítimas”.
“Coñecemos de primeira man as limitacións do sistema actual”, sinalaron os responsables do desenvolvemento, indicando neste senso que “Vega non é só un produto tecnolóxico; é unha ferramenta nada da experiencia real e cun enfoque humano e preventivo”.
Vega estrutúrase en dúas fases clave: a fase preventiva (con asistencia informativa inmediata sobre os pasos para seguir en diferentes situacións, consultas con resposta automática en formato escrito, comunicación discreta e directa con autoridades competentes e posibilidade de instalarse en móbiles ou reloxos sen deixar rastro visible -e sen que exista necesidade de ordes de protección nin trámites previos para ser utilizada-) e a fase reactiva (activación automática ante situacións de risco, mesmo cando a vítima sufra inmobilidade tónica; apertura do micrófono do dispositivo, enviando a localización GPS e gravando a contorna en tempo real, enviando esta información a unha Central Receptora de Alarmas; e xeración dun arquivo dixital seguro que facilita a denuncia e conserva probas válidas para o proceso xudicial).
A aplicación usa Intelixencia Artificial para identificar patróns de risco na contorna conversacional, sen requirir que a vítima interactúe directamente co dispositivo en situacións críticas.
“Vega”, sinalaron os seus creadores, “non só pretende asistir no momento da agresión, senón crear un ecosistema de apoio que restaure a dignidade e a seguridade das mulleres; ademais o seu deseño accesible e a súa posta en marcha sinxela fana compatible con distintos contextos legais e realidades sociais”.
Actualmente, atópase en fase avanzada de probas piloto e espertou o interese de institucións públicas, corpos de seguridade e entidades especializadas na atención a vítimas.

Últimos números da nosa edición impresa

Shelf Wood

Outras novas populares

BoBots gaña o premio do público en Odisea Indie
Actualidade VIDEOXOGOS
4 Min de Lectura
Carlos J. Escudero: “Podemos ser mellores profesionais coas ferramentas IA, sempre que as utilicemos para reforzar as nosas capacidades e non como unha escusa para deixar de aprender”
Actualidade
13 Min de Lectura
A Semana Europea da Robótica pecha en Santiago cunha mañá profesional e unha feira aberta ás familias
Actualidade
6 Min de Lectura
Novo número da nosa edición impresa
Actualidade
2 Min de Lectura
Compartir Este Artigo
Facebook Whatsapp Whatsapp Copiar Ligazón Imprimir
- PÁXINA WEB HOSPEDADA EN -
Ad imageAd image
-PUBLICIDADE-
De fronte á violencia de xénero
-PUBLICIDADE-
PEL 2027

Revista en papel


Ad imageAd image

Feed RSS: ACTUALIDADE DA AMTEGA ACTUALIDADE DA AMTEGA

  • As persoas que coordinan as 93 aulas CeMIT de Galicia celebran o seu encontro anual na Cidade da Cultura
  • A intelixencia artificial é a tecnoloxía avanzada que máis medra no tecido empresarial galego no último ano
  • Inauguración Laboratorio e Centro Demostrador de Ciberseguridade Industrial de Galicia
  • Laboratorio e Centro Demostrador en Ciberseguridade Industrial

Subscríbete ao noso boletín

Recibe de balde por correo electrónico as novas novas.







banner							
banner
Lenos en Magzter
Os contidos da nosa edición impresa poden lerse comodamente a través da aplicación de Magzter para iOS e Android.
Ir a Magzter
Ad imageAd image

Outras novas de interese

apple_park_visitor_center_explore_03.jpg
Actualidade

OpenAI contrademanda a Apple

27/11/2026
Actualidade

As XVI Xornadas Achégate á Igualdade de Ames puxeron o foco na machosfera e nas plataformas dixitais

27/11/2026
Actualidade

Maldita.es denuncia unha rede de páxinas de Facebook que difunden desinformación política en campaña electoral

27/11/2026
Actualidade

A Universidade de Vigo dá o salto ao voto electrónico

27/11/2026

CÓDIGO CERO

Código Cero, diario de novas tecnolóxicas de Galicia, é unha publicación en galego sobre TIC nacida en formato dixital o 25 de xullo de 2001, que comezou a editarse tamén en formato impreso en decembro do mesmo ano.

- PÁXINA WEB HOSPEDADA EN -
Ad imageAd image

 

PREMIOS

   
   

Grupo Código Cero Comunicación, S.L.

Rúa das Hedras 4 1 M
(Pol. Novo Milladoiro)
15895 Ames - Milladoiro
981 53 02 68
redaccion@codigocero.com
Código CeroCódigo Cero
Síguenos
© Grupo Código Cero Comunicación, S.L. – Política de privacidade
Banner de cookies RXPD

Utilizamos cookies para ofrecerche a mellor experiencia na nosa web.

Podes aprender máis sobre que cookies utilizamos na nosa política de cookies ou desactivalas nos axustes.

Welcome Back!

Sign in to your account

Nome de usuario ou Enderezo de Correo
Contrasinal

Perdiches o teu contrasinal?