Código CeroCódigo CeroCódigo Cero
  • NOVAS
    • Actualidade
    • Electrónica de consumo
    • Eventos
    • Intelixencia artificial
    • I+D+i
    • Audiovisual
    • Software libre
    • Telefonía
  • TREBELLOS
  • VIDEOXOGOS
  • REVISTA EN PAPEL
Lendo: Gadis celebra a escritura co VI Concurso de Microrrelatos
Compartir
Código CeroCódigo Cero
Buscar
  • Novas
  • Trebellos
  • Videoxogos
  • Revista en papel
Actualidade

Gadis celebra a escritura co VI Concurso de Microrrelatos

S. P.
Publicado: 26/06/2025
3 Min de Lectura
Compartir
3 Min de Lectura

vi_concurso_microrrelatos_gadis.jpgA cadea alimentaria galega Gadis volve convocar o seu Concurso de Microrrelatos, que xa alcanza a sexta edición. Coincidindo co verán, o destino é o tema elixido nesta ocasión para construír unha historia de entre 3 e 100 palabras. O elemento clave da iniciativa é gadismicrorrelatos.com, onde se fornece ás escritoras e escritores dos recursos precisos para dar renda solta á súa inspiración.
“Queremos celebrar a escritura cun concurso inclusivo para todas as idades. Animamos a mozos e a maiores a que exploren a súa habilidade coa escritura e participen. Nestes últimos cinco anos descubrimos auténticos talentos coas letras” sosteñen desde Gadis, engadindo que o propósito desta acción é “fomentar unha cultura para todos e todas e contribuír a promover o hábito de lectura”.
Desde o 26 de xuño ata o 31 de agosto pódense presentar os relatos breves cubrindo o formulario na web habilitada, onde tamén se inclúe un cadro para o envío do relato. Os únicos requisitos é que os textos deben de ser inéditos e orixinais, ter menos de cen palabras e o seu autor ser maior de 14 anos. En canto ao idioma, acéptanse tanto en castelán como en galego.
A orixinalidade, a creatividade, a sensibilidade e a capacidade de síntese son os catro valores que terá en conta o xurado para seleccionar aos finalistas. Co destino como idea central da historia, a organización do concurso deixa aberta á imaxinación de cada participante o seu relato, que pode ser real, baseado en experiencias persoais, ficticio ou fantástico.
Supermercados Gadis recompilará nun libro os microrrelatos seleccionados como finalistas. En total, editará 12.000 exemplares que se repartirán gratis nos puntos de venda de Galicia e Castela e León no mes de outubro. Ademais, poderase descargar en formato dixital en gadismicrorrelatos.com. “Este labor editorial ten como fin dar a oportunidade aos participantes de que un maior número de persoas lea as súas creacións”, sinalou Gadis, engadindo que dende que lanzou a primeira edición do concurso, editou máis de 60.000 libros de relatos breves.
Entre os finalistas, o xurado elixirá os tres gañadores. O 1º premio levará un ebook e un cheque por valor de 100 euros, o 2º, un ebook e un cheque de 50 euros, mentres que o 3º conseguirá un ebook.

Últimos números da nosa edición impresa

Shelf Wood

Outras novas populares

BoBots gaña o premio do público en Odisea Indie
Actualidade VIDEOXOGOS
4 Min de Lectura
Carlos J. Escudero: “Podemos ser mellores profesionais coas ferramentas IA, sempre que as utilicemos para reforzar as nosas capacidades e non como unha escusa para deixar de aprender”
Actualidade
13 Min de Lectura
A Semana Europea da Robótica pecha en Santiago cunha mañá profesional e unha feira aberta ás familias
Actualidade
6 Min de Lectura
Novo número da nosa edición impresa
Actualidade
2 Min de Lectura
Compartir Este Artigo
Facebook Whatsapp Whatsapp Copiar Ligazón Imprimir
- PÁXINA WEB HOSPEDADA EN -
Ad imageAd image
-PUBLICIDADE-
De fronte á violencia de xénero
-PUBLICIDADE-
PEL 2027

Revista en papel


Ad imageAd image

Feed RSS: ACTUALIDADE DA AMTEGA ACTUALIDADE DA AMTEGA

  • As persoas que coordinan as 93 aulas CeMIT de Galicia celebran o seu encontro anual na Cidade da Cultura
  • A intelixencia artificial é a tecnoloxía avanzada que máis medra no tecido empresarial galego no último ano
  • Inauguración Laboratorio e Centro Demostrador de Ciberseguridade Industrial de Galicia
  • Laboratorio e Centro Demostrador en Ciberseguridade Industrial

Subscríbete ao noso boletín

Recibe de balde por correo electrónico as novas novas.







banner							
banner
Lenos en Magzter
Os contidos da nosa edición impresa poden lerse comodamente a través da aplicación de Magzter para iOS e Android.
Ir a Magzter
Ad imageAd image

Outras novas de interese

apple_park_visitor_center_explore_03.jpg
Actualidade

OpenAI contrademanda a Apple

27/11/2026
Actualidade

As XVI Xornadas Achégate á Igualdade de Ames puxeron o foco na machosfera e nas plataformas dixitais

27/11/2026
Actualidade

Maldita.es denuncia unha rede de páxinas de Facebook que difunden desinformación política en campaña electoral

27/11/2026
Actualidade

A Universidade de Vigo dá o salto ao voto electrónico

27/11/2026

CÓDIGO CERO

Código Cero, diario de novas tecnolóxicas de Galicia, é unha publicación en galego sobre TIC nacida en formato dixital o 25 de xullo de 2001, que comezou a editarse tamén en formato impreso en decembro do mesmo ano.

- PÁXINA WEB HOSPEDADA EN -
Ad imageAd image

 

PREMIOS

   
   

Grupo Código Cero Comunicación, S.L.

Rúa das Hedras 4 1 M
(Pol. Novo Milladoiro)
15895 Ames - Milladoiro
981 53 02 68
redaccion@codigocero.com
Código CeroCódigo Cero
Síguenos
© Grupo Código Cero Comunicación, S.L. – Política de privacidade
Banner de cookies RXPD

Utilizamos cookies para ofrecerche a mellor experiencia na nosa web.

Podes aprender máis sobre que cookies utilizamos na nosa política de cookies ou desactivalas nos axustes.

Welcome Back!

Sign in to your account

Nome de usuario ou Enderezo de Correo
Contrasinal

Perdiches o teu contrasinal?