Código CeroCódigo CeroCódigo Cero
  • NOVAS
    • Actualidade
    • Electrónica de consumo
    • Eventos
    • Intelixencia artificial
    • I+D+i
    • Audiovisual
    • Software libre
    • Telefonía
  • TREBELLOS
  • VIDEOXOGOS
  • REVISTA EN PAPEL
Lendo: Medrar Solutions, recoñecida cun accésit no IX Premio Peme do Ano Lugo 2025
Compartir
Código CeroCódigo Cero
Buscar
  • Novas
  • Trebellos
  • Videoxogos
  • Revista en papel
Actualidade

Medrar Solutions, recoñecida cun accésit no IX Premio Peme do Ano Lugo 2025

S. P.
Publicado: 26/06/2025
3 Min de Lectura
Compartir
3 Min de Lectura

260625_premios_peme_do_ano_de_lugo.jpgEste xoves 26 de xuño entregouse o IX Premio Peme do Ano Lugo 2025, galardón posto en marcha pola Cámara de Comercio de España, a Cámara de Comercio de Lugo e o Banco Santander. Nesta edición, a entidade galardoada con este recoñecemento foi Industrial Recense, unha empresa da Pontenova con máis de 70 anos de historia que se dedica a fornecer de recursos ao sector da construción. Tamén foi distinguida a empresa tecnolóxica Medrar Smart Solutions, consultora TIC centrada na transferencia de coñecemento cara a innovación, a transformación dixital e a sustentabilidade, nacida en 2018 e con sedes en Vilalba e Lugo.
No acto, que tivo lugar na oficina principal do Banco Santander de Lugo, participaron o presidente da Deputación, José Tomé Roca, a subdelegada do Goberno en Lugo, Isabel Rodríguez, e o rexedor lucense Miguel Fernández, amais das e dos representantes das entidades organizadoras.
O mandatario provincial felicitou aos galardoados e destacou que “é importante recoñecer hoxe o labor de quen lidera proxectos valentes”, sinalando ás empresas que apostan pola formación, a innovación, a sustentabilidade ou a internacionalización. Engadiu que das 22.000 compañías activas no territorio, a maioría son pequenas, “pero o seu impacto é enorme: sosteñen o emprego, a cohesión e o futuro da nosa provincia”.
Pola súa banda, Isabel Rodríguez sinalou o compromiso do Goberno de España coa actividade emprendedora, o emprego de calidade, a innovación, a dixitalización, a sustentabilidade ambiental e a transición enerxética. A subdelegada valorou o recoñecemento “ao labor das persoas que poñen en marcha e impulsan proxectos empresariais que contribúen ao desenvolvemento sustentable da economía e xeran emprego para as familias lucenses”.
Ademais do Premio Peme do Ano, neste evento tamén se recoñeceu cun accésit o labor de catro entidades máis, Medrar Smart Solutions SL, na categoría de Dixitalización e Innovación; Pesquerías del buen viaje S.L., no apartado de Formación e Emprego; Transmedia Comunicaciones y Prensa SLU. en Internacionalización e Lácteos Lorán na categoría de Peme Sostible, galardón que entregou o máximo representante provincial.

Últimos números da nosa edición impresa

Shelf Wood

Outras novas populares

BoBots gaña o premio do público en Odisea Indie
Actualidade VIDEOXOGOS
4 Min de Lectura
Carlos J. Escudero: “Podemos ser mellores profesionais coas ferramentas IA, sempre que as utilicemos para reforzar as nosas capacidades e non como unha escusa para deixar de aprender”
Actualidade
13 Min de Lectura
A Semana Europea da Robótica pecha en Santiago cunha mañá profesional e unha feira aberta ás familias
Actualidade
6 Min de Lectura
Novo número da nosa edición impresa
Actualidade
2 Min de Lectura
Compartir Este Artigo
Facebook Whatsapp Whatsapp Copiar Ligazón Imprimir
- PÁXINA WEB HOSPEDADA EN -
Ad imageAd image
-PUBLICIDADE-
De fronte á violencia de xénero
-PUBLICIDADE-
PEL 2027

Revista en papel


Ad imageAd image

Feed RSS: ACTUALIDADE DA AMTEGA ACTUALIDADE DA AMTEGA

  • As persoas que coordinan as 93 aulas CeMIT de Galicia celebran o seu encontro anual na Cidade da Cultura
  • A intelixencia artificial é a tecnoloxía avanzada que máis medra no tecido empresarial galego no último ano
  • Inauguración Laboratorio e Centro Demostrador de Ciberseguridade Industrial de Galicia
  • Laboratorio e Centro Demostrador en Ciberseguridade Industrial

Subscríbete ao noso boletín

Recibe de balde por correo electrónico as novas novas.







banner							
banner
Lenos en Magzter
Os contidos da nosa edición impresa poden lerse comodamente a través da aplicación de Magzter para iOS e Android.
Ir a Magzter
Ad imageAd image

Outras novas de interese

apple_park_visitor_center_explore_03.jpg
Actualidade

OpenAI contrademanda a Apple

27/11/2026
Actualidade

As XVI Xornadas Achégate á Igualdade de Ames puxeron o foco na machosfera e nas plataformas dixitais

27/11/2026
Actualidade

Maldita.es denuncia unha rede de páxinas de Facebook que difunden desinformación política en campaña electoral

27/11/2026
Actualidade

A Universidade de Vigo dá o salto ao voto electrónico

27/11/2026

CÓDIGO CERO

Código Cero, diario de novas tecnolóxicas de Galicia, é unha publicación en galego sobre TIC nacida en formato dixital o 25 de xullo de 2001, que comezou a editarse tamén en formato impreso en decembro do mesmo ano.

- PÁXINA WEB HOSPEDADA EN -
Ad imageAd image

 

PREMIOS

   
   

Grupo Código Cero Comunicación, S.L.

Rúa das Hedras 4 1 M
(Pol. Novo Milladoiro)
15895 Ames - Milladoiro
981 53 02 68
redaccion@codigocero.com
Código CeroCódigo Cero
Síguenos
© Grupo Código Cero Comunicación, S.L. – Política de privacidade
Banner de cookies RXPD

Utilizamos cookies para ofrecerche a mellor experiencia na nosa web.

Podes aprender máis sobre que cookies utilizamos na nosa política de cookies ou desactivalas nos axustes.

Welcome Back!

Sign in to your account

Nome de usuario ou Enderezo de Correo
Contrasinal

Perdiches o teu contrasinal?