Código CeroCódigo CeroCódigo Cero
  • NOVAS
    • Actualidade
    • Electrónica de consumo
    • Eventos
    • Intelixencia artificial
    • I+D+i
    • Audiovisual
    • Software libre
    • Telefonía
  • TREBELLOS
  • VIDEOXOGOS
  • REVISTA EN PAPEL
Lendo: SinFiltro lanza a 5ª edición do seu estudo sobre os hábitos e benestar das persoas tecnológas
Compartir
Código CeroCódigo Cero
Buscar
  • Novas
  • Trebellos
  • Videoxogos
  • Revista en papel
Actualidade

SinFiltro lanza a 5ª edición do seu estudo sobre os hábitos e benestar das persoas tecnológas

S. P.
Publicado: 26/06/2025
2 Min de Lectura
Compartir
2 Min de Lectura

sin_filtro_estudo.jpgO programa de divulgación e reflexión tecnolóxica SinFiltro, centrado en ofrecer “sen filtros” experiencias reais do ámbito profesional tecnolóxico, lanzou a quinta edición do seu estudo para explorar como se coidan, que hábitos teñen e como se sente quen impulsa a transformación tecnolóxica. Trátase do estudo Hábitos, Prácticas e Benestar do tecnólogo, unha enquisa que busca explorar o lado máis humano do talento tech en España.
Nela, SinFiltro tenta responder a preguntas como que hábitos teñen os profesionais do sector tecnolóxico ou como coidan a súa saúde mental, o seu corpo e as súas relacións persoais.
A través de 12 preguntas breves, abórdanse temas como o exercicio físico, a saúde mental, a desconexión dixital, a vida social, a formación continua, o lecer cultural ou a satisfacción persoal. “Queremos saber como se senten e como viven as persoas tecnólogas, máis aló do traballo, e este estudo non busca diagnósticos, senón comprensión e visibilidade”, explican desde SinFiltro.
A enquisa é anónima, complétase en menos de 2 minutos, e está dirixida a perfís tecnolóxicos. Está dispoñible en liña para quen queira participar.
Os resultados compartiranse con medios especializados, asociacións profesionais e entidades colaboradoras, co obxectivo de xerar coñecemento útil para deseñar políticas de benestar máis humanas e sostibles no sector TIC. Ademais, presentaranse publicamente no evento SinFiltro: Cara ao Futuro e Máis Aló, na seu IX edición, na sede de Afundación Abanca, A Coruña.
SinFiltro é unha entidade sen ánimo de lucro auspiciada polo empresario e divulgador Marcelo Castelo que impulsa un liderado tecnolóxico máis humano, consciente e sostible. A súa misión é “dar visibilidade aos perfís clave da transformación dixital (CIO, CTO, desenvolvedores, tecnólogas) desde unha perspectiva cultural e emocional”.

Últimos números da nosa edición impresa

Shelf Wood

Outras novas populares

BoBots gaña o premio do público en Odisea Indie
Actualidade VIDEOXOGOS
4 Min de Lectura
Carlos J. Escudero: “Podemos ser mellores profesionais coas ferramentas IA, sempre que as utilicemos para reforzar as nosas capacidades e non como unha escusa para deixar de aprender”
Actualidade
13 Min de Lectura
A Semana Europea da Robótica pecha en Santiago cunha mañá profesional e unha feira aberta ás familias
Actualidade
6 Min de Lectura
Novo número da nosa edición impresa
Actualidade
2 Min de Lectura
Compartir Este Artigo
Facebook Whatsapp Whatsapp Copiar Ligazón Imprimir
- PÁXINA WEB HOSPEDADA EN -
Ad imageAd image
-PUBLICIDADE-
De fronte á violencia de xénero
-PUBLICIDADE-
PEL 2027

Revista en papel


Ad imageAd image

Feed RSS: ACTUALIDADE DA AMTEGA ACTUALIDADE DA AMTEGA

  • As persoas que coordinan as 93 aulas CeMIT de Galicia celebran o seu encontro anual na Cidade da Cultura
  • A intelixencia artificial é a tecnoloxía avanzada que máis medra no tecido empresarial galego no último ano
  • Inauguración Laboratorio e Centro Demostrador de Ciberseguridade Industrial de Galicia
  • Laboratorio e Centro Demostrador en Ciberseguridade Industrial

Subscríbete ao noso boletín

Recibe de balde por correo electrónico as novas novas.







banner							
banner
Lenos en Magzter
Os contidos da nosa edición impresa poden lerse comodamente a través da aplicación de Magzter para iOS e Android.
Ir a Magzter
Ad imageAd image

Outras novas de interese

apple_park_visitor_center_explore_03.jpg
Actualidade

OpenAI contrademanda a Apple

27/11/2026
Actualidade

As XVI Xornadas Achégate á Igualdade de Ames puxeron o foco na machosfera e nas plataformas dixitais

27/11/2026
Actualidade

Maldita.es denuncia unha rede de páxinas de Facebook que difunden desinformación política en campaña electoral

27/11/2026
Actualidade

A Universidade de Vigo dá o salto ao voto electrónico

27/11/2026

CÓDIGO CERO

Código Cero, diario de novas tecnolóxicas de Galicia, é unha publicación en galego sobre TIC nacida en formato dixital o 25 de xullo de 2001, que comezou a editarse tamén en formato impreso en decembro do mesmo ano.

- PÁXINA WEB HOSPEDADA EN -
Ad imageAd image

 

PREMIOS

   
   

Grupo Código Cero Comunicación, S.L.

Rúa das Hedras 4 1 M
(Pol. Novo Milladoiro)
15895 Ames - Milladoiro
981 53 02 68
redaccion@codigocero.com
Código CeroCódigo Cero
Síguenos
© Grupo Código Cero Comunicación, S.L. – Política de privacidade
Banner de cookies RXPD

Utilizamos cookies para ofrecerche a mellor experiencia na nosa web.

Podes aprender máis sobre que cookies utilizamos na nosa política de cookies ou desactivalas nos axustes.

Welcome Back!

Sign in to your account

Nome de usuario ou Enderezo de Correo
Contrasinal

Perdiches o teu contrasinal?