Código CeroCódigo CeroCódigo Cero
  • NOVAS
    • Actualidade
    • Electrónica de consumo
    • Eventos
    • Intelixencia artificial
    • I+D+i
    • Audiovisual
    • Software libre
    • Telefonía
  • TREBELLOS
  • VIDEOXOGOS
  • REVISTA EN PAPEL
Lendo: Ambar lanza un programa radiofónico en liña para conmemorar a diversidade
Compartir
Código CeroCódigo Cero
Buscar
  • Novas
  • Trebellos
  • Videoxogos
  • Revista en papel
Actualidade

Ambar lanza un programa radiofónico en liña para conmemorar a diversidade

S. P.
Publicado: 27/06/2025
2 Min de Lectura
Compartir
2 Min de Lectura

ambar_podcast_diversos.jpgA Asociación Ambar das Persoas con Diversidade Funcional, con sede no Barbanza, presentou, coincidindo coa celebración deste 28 de xuño (Día da Diversidade Sexual), unha nova iniciativa de divulgación e sensibilización: Diversos Podcast, programa radiofónico en liña con datos curiosos, humor e “convidadas moi especiais”.
Tras meses de formación, gravación e edición e co esforzo das persoas usuarias que forman o equipo do podcast, o resultado é “un programa creado por e para a comunidade e desenvolvido con alma e corazón”, sinalaron dende Ambar, salientando tamén a vontade de mesturar información, humor e as voces auténticas de quen vive a diversidade no seu día a día.
O programa contou ca colaboración da artista e comunicadora MJ Pérez, quen transmitiu todos os seus coñecementos ás persoas usuarias, a través dunha fase inicial de formación.
ambar_podcasts_diversos_4.jpgO equipo podcast contou ademais cun espazo na comunidade para facer a produción, o cal foi cedido polo Concello de Ribeira.
Ademais, para a fase de gravación, a empresa BStreaming asesorou ao equipo técnico.
Temáticas que sorprenden e conectan
Ambar sinalou que xa é posible desfrutar dalgúns dos episodios nos que estiveron traballando David González, Sonia Alonso, Angy Devesa, Fran Romero, Bea González, Espe Silva, Manu Vilas, Manu Alonso, Noe Argibay e Vane Villar. O programa está dispoñible tanto en Spotify como na súa canle de Youtube buscando “Diversos Podcast Asociación Ambar”.
Por temática tócanse cuestións como os animais, a sociedade ou mesmo conspiracións e extraterrestres.
ambar_podcasts_diversos_3.jpgTamén aparecen convidados especiais como Raul Treus, concelleiro de Servizos Sociais de Boiro, Antía Alberte, concelleira de Medio Ambiente do Concello de Ribeira, ou o grupo asesor do Proxecto Ría de Arousa Accesible, no que participaron Martín Ramallo e Sheila Santos.
Todos os episodios están narrados polas propias persoas con diversidade que escolleron os temas que máis interese lles suscitaban para realizar o seu propio programa.
Xa hai cinco episodios dispoñíeis nas plataformas dixitais, en Youtube e no Spotify.

Últimos números da nosa edición impresa

Shelf Wood

Outras novas populares

BoBots gaña o premio do público en Odisea Indie
Actualidade VIDEOXOGOS
4 Min de Lectura
Carlos J. Escudero: “Podemos ser mellores profesionais coas ferramentas IA, sempre que as utilicemos para reforzar as nosas capacidades e non como unha escusa para deixar de aprender”
Actualidade
13 Min de Lectura
A Semana Europea da Robótica pecha en Santiago cunha mañá profesional e unha feira aberta ás familias
Actualidade
6 Min de Lectura
Novo número da nosa edición impresa
Actualidade
2 Min de Lectura
Compartir Este Artigo
Facebook Whatsapp Whatsapp Copiar Ligazón Imprimir
- PÁXINA WEB HOSPEDADA EN -
Ad imageAd image
-PUBLICIDADE-
De fronte á violencia de xénero
-PUBLICIDADE-
PEL 2027

Revista en papel


Ad imageAd image

Feed RSS: ACTUALIDADE DA AMTEGA ACTUALIDADE DA AMTEGA

  • As persoas que coordinan as 93 aulas CeMIT de Galicia celebran o seu encontro anual na Cidade da Cultura
  • A intelixencia artificial é a tecnoloxía avanzada que máis medra no tecido empresarial galego no último ano
  • Inauguración Laboratorio e Centro Demostrador de Ciberseguridade Industrial de Galicia
  • Laboratorio e Centro Demostrador en Ciberseguridade Industrial

Subscríbete ao noso boletín

Recibe de balde por correo electrónico as novas novas.







banner							
banner
Lenos en Magzter
Os contidos da nosa edición impresa poden lerse comodamente a través da aplicación de Magzter para iOS e Android.
Ir a Magzter
Ad imageAd image

Outras novas de interese

apple_park_visitor_center_explore_03.jpg
Actualidade

OpenAI contrademanda a Apple

27/11/2026
Actualidade

As XVI Xornadas Achégate á Igualdade de Ames puxeron o foco na machosfera e nas plataformas dixitais

27/11/2026
Actualidade

Maldita.es denuncia unha rede de páxinas de Facebook que difunden desinformación política en campaña electoral

27/11/2026
Actualidade

A Universidade de Vigo dá o salto ao voto electrónico

27/11/2026

CÓDIGO CERO

Código Cero, diario de novas tecnolóxicas de Galicia, é unha publicación en galego sobre TIC nacida en formato dixital o 25 de xullo de 2001, que comezou a editarse tamén en formato impreso en decembro do mesmo ano.

- PÁXINA WEB HOSPEDADA EN -
Ad imageAd image

 

PREMIOS

   
   

Grupo Código Cero Comunicación, S.L.

Rúa das Hedras 4 1 M
(Pol. Novo Milladoiro)
15895 Ames - Milladoiro
981 53 02 68
redaccion@codigocero.com
Código CeroCódigo Cero
Síguenos
© Grupo Código Cero Comunicación, S.L. – Política de privacidade
Banner de cookies RXPD

Utilizamos cookies para ofrecerche a mellor experiencia na nosa web.

Podes aprender máis sobre que cookies utilizamos na nosa política de cookies ou desactivalas nos axustes.

Welcome Back!

Sign in to your account

Nome de usuario ou Enderezo de Correo
Contrasinal

Perdiches o teu contrasinal?