Código CeroCódigo CeroCódigo Cero
  • NOVAS
    • Actualidade
    • Electrónica de consumo
    • Eventos
    • Intelixencia artificial
    • I+D+i
    • Audiovisual
    • Software libre
    • Telefonía
  • TREBELLOS
  • VIDEOXOGOS
  • REVISTA EN PAPEL
Lendo: O Campus de Pontevedra amplía as posibilidades do escenario virtual da Facultade de Comunicación
Compartir
Código CeroCódigo Cero
Buscar
  • Novas
  • Trebellos
  • Videoxogos
  • Revista en papel
Actualidade

O Campus de Pontevedra amplía as posibilidades do escenario virtual da Facultade de Comunicación

S. P.
Publicado: 27/06/2025
4 Min de Lectura
Compartir
4 Min de Lectura

campus_pontevedra_escenario_virtual_posimulacro1.jpgA Facultade de Comunicación do Campus de Pontevedra presentaba o pasado curso a primeira versión operativa dunha aplicación de Realidade Virtual, baixo o nome de Simulacro, que permite simular procesos de creación audiovisual e na que o alumnado pode desenvolver tarefas de realización, dirección de fotografía ou operador de cámara nun escenario virtual. Agora, ao abeiro da convocatoria de proxectos piloto de innovación docente da UVigo, este laboratorio virtual ampliou as súas posibilidades e funcionalidades, coa incorporación dun novo escenario de exteriores, así como dunha “pantalla de adestramento” que permite ás persoas usuarias iniciarse no manexo desta ferramenta.
Segundo explican dende o Campus, Simulacro permitiu así mesmo abrir nas últimas semanas unha liña de colaboración coa University of Doha for Science and Technology, que levará nos próximos días a presentar, de xeito virtual, esta ferramenta a representantes desta institución de Catar.
posimulacro2.jpgComo explica o vicedecano Oswaldo García, responsable deste proxecto de innovación, o obxectivo é promover a continuación unha “práctica conxunta” que reúna nesta contorna virtual alumnado das dúas universidades, iniciativa que se levará acabo coa colaboración do profesor da Universidade de Doha Roi Fernández.
Concibido como “un simulador de procesos de produción”, a aplicación desenvolvida na facultade pontevedresa permite que, a través dunhas lentes de Realidade Virtual, o alumnado poida realizar diferentes tarefas nun escenario virtual con diferentes sets, aos que agora se suman novas localizacións virtuais en exteriores. A través duns avatares, permítese aos estuantes manexar diferentes cámaras, modificar a configuración e posición das fontes de iluminación e observar en tempo real o efecto das accións que realice. O obxectivo deste laboratorio virtual é facilitar a aprendizaxe de diferentes roles “dentro das rutinas de produción audiovisual”, permitindo “interiorizar procesos”, nun ámbito no que, recoñece García, a “base práctica é fundamental” para afondar no “funcionamento e potencial da narrativa audiovisual”.
posimulacro3.jpgCon esa mesma idea, Simulacro posibilita tamén a participación de usuarios e usuarias adicionais que, sen lentes de VR, poden “monitorizar as decisións tomadas polos seus compañeiros e compañeiras”.
Este laboratorio virtual xa foi empregado no presente curso en tres materias do Grao en Comunicación Audiovisual e este proxecto de innovación, no que participaron diferentes docentes da facultade, insírese “no obxectivo que temos a medio prazo de converter Simulacro nunha ferramenta o máis efectiva posible”. Isto permitiría o seu uso nun maior número de materias de diferentes titulacións do facultade, á vez que abriría a posibilidade de “establecer unha vía de investigación e transferencia centrada no uso da tecnoloxía de simulación nos procesos de creación audiovisual, relacionada co auxe no sector das ferramentas de previsualización”.
Con esa idea, unha das novidades impulsadas nos últimos meses foi unha “pantalla de adestramento”, que funciona “como o titorial dun videoxogo, no que se establecen pequenos obxectivos e para cumprilos debes pór en práctica funcionalidades básicas que logo van ser necesarias no uso da ferramenta, como aprender a desprazarte polo espazo”, apunta García. Trátase, explica, dunha proposta dirixida a fomentar a “autoaprendizaxe”, así como a facilitar ao persoal docente o uso desta aplicación.

Últimos números da nosa edición impresa

Shelf Wood

Outras novas populares

BoBots gaña o premio do público en Odisea Indie
Actualidade VIDEOXOGOS
4 Min de Lectura
Carlos J. Escudero: “Podemos ser mellores profesionais coas ferramentas IA, sempre que as utilicemos para reforzar as nosas capacidades e non como unha escusa para deixar de aprender”
Actualidade
13 Min de Lectura
A Semana Europea da Robótica pecha en Santiago cunha mañá profesional e unha feira aberta ás familias
Actualidade
6 Min de Lectura
Novo número da nosa edición impresa
Actualidade
2 Min de Lectura
Compartir Este Artigo
Facebook Whatsapp Whatsapp Copiar Ligazón Imprimir
- PÁXINA WEB HOSPEDADA EN -
Ad imageAd image
-PUBLICIDADE-
De fronte á violencia de xénero
-PUBLICIDADE-
PEL 2027

Revista en papel


Ad imageAd image

Feed RSS: ACTUALIDADE DA AMTEGA ACTUALIDADE DA AMTEGA

  • As persoas que coordinan as 93 aulas CeMIT de Galicia celebran o seu encontro anual na Cidade da Cultura
  • A intelixencia artificial é a tecnoloxía avanzada que máis medra no tecido empresarial galego no último ano
  • Inauguración Laboratorio e Centro Demostrador de Ciberseguridade Industrial de Galicia
  • Laboratorio e Centro Demostrador en Ciberseguridade Industrial

Subscríbete ao noso boletín

Recibe de balde por correo electrónico as novas novas.







banner							
banner
Lenos en Magzter
Os contidos da nosa edición impresa poden lerse comodamente a través da aplicación de Magzter para iOS e Android.
Ir a Magzter
Ad imageAd image

Outras novas de interese

apple_park_visitor_center_explore_03.jpg
Actualidade

OpenAI contrademanda a Apple

27/11/2026
Actualidade

As XVI Xornadas Achégate á Igualdade de Ames puxeron o foco na machosfera e nas plataformas dixitais

27/11/2026
Actualidade

Maldita.es denuncia unha rede de páxinas de Facebook que difunden desinformación política en campaña electoral

27/11/2026
Actualidade

A Universidade de Vigo dá o salto ao voto electrónico

27/11/2026

CÓDIGO CERO

Código Cero, diario de novas tecnolóxicas de Galicia, é unha publicación en galego sobre TIC nacida en formato dixital o 25 de xullo de 2001, que comezou a editarse tamén en formato impreso en decembro do mesmo ano.

- PÁXINA WEB HOSPEDADA EN -
Ad imageAd image

 

PREMIOS

   
   

Grupo Código Cero Comunicación, S.L.

Rúa das Hedras 4 1 M
(Pol. Novo Milladoiro)
15895 Ames - Milladoiro
981 53 02 68
redaccion@codigocero.com
Código CeroCódigo Cero
Síguenos
© Grupo Código Cero Comunicación, S.L. – Política de privacidade
Banner de cookies RXPD

Utilizamos cookies para ofrecerche a mellor experiencia na nosa web.

Podes aprender máis sobre que cookies utilizamos na nosa política de cookies ou desactivalas nos axustes.

Welcome Back!

Sign in to your account

Nome de usuario ou Enderezo de Correo
Contrasinal

Perdiches o teu contrasinal?