Código CeroCódigo CeroCódigo Cero
  • NOVAS
    • Actualidade
    • Electrónica de consumo
    • Eventos
    • Intelixencia artificial
    • I+D+i
    • Audiovisual
    • Software libre
    • Telefonía
  • TREBELLOS
  • VIDEOXOGOS
  • REVISTA EN PAPEL
Lendo: O IES Rafael Puga Ramón representa a Galicia no Campionato de España de Debate Preuniversitario, centrado nas TIC
Compartir
Código CeroCódigo Cero
Buscar
  • Novas
  • Trebellos
  • Videoxogos
  • Revista en papel
Actualidade

O IES Rafael Puga Ramón representa a Galicia no Campionato de España de Debate Preuniversitario, centrado nas TIC

S. P.
Publicado: 27/06/2025
2 Min de Lectura
Compartir
2 Min de Lectura

liga_debate_ledu.jpgOs mellores debatentes do circuíto escolar teñen unha cita no Campionato de España de Debate Preuniversitario, do venres 27 ao domingo 29 de xuño, no Campus Almansa de CUNEF Universidade (Madrid). En total, 16 equipos representarán ás súas respectivas comunidades autónomas como vencedores de principais os torneos de España. O IES Rafael Puga Ramón da Coruña representa a Galicia como campión de Torneo de Debate Académico de Galicia, organizado pola Fundación Barrié.
O Campionato de España de Debate Preuniversitario aborda, desde o seu comezo, algún dos puntos dos Obxectivos de Desenvolvemento Sostible e a Axenda 2030. Nesta edición, céntrase no que en palabras da organización do certame, é “unha cuestión controvertida”, especialmente relevante no contexto educativo actual e moi próxima aos participantes: A tecnoloxía en educación supón máis unha oportunidade que un risco?
Dende a organización sinalan que a incorporación das TIC (Tecnoloxías da Información e a Comunicación) ás aulas, a través de plataformas dixitais, recursos interactivos, Intelixencia Artificial ou dispositivos móbiles, “transformou significativamente a maneira en que se ensina e se aprende”. E engaden: A controversia xeral sobre a tecnoloxía na aula céntrase no debate sobre se o seu uso nas escolas debe ser promovido, limitado ou prohibido aínda que este non é o tema que nos ocupa senón defender se estas tecnoloxías supoñen unha oportunidade de mellora da aprendizaxe e a preparación para o futuro ou ben se o uso de pantallas está a aumentar o risco de distraccións, impacto na saúde e posibles efectos negativos no desenvolvemento social e emocional dos estudantes”.
A fase de grupos disputarase, en CUNEF Universidade, o venres 27 de xuño pola tarde e o sábado 28 pola mañá. Pola tarde, serán as roldas eliminatorias de cuartos de final e semifinais. A mañá do domingo, ás 12 horas, está reservada para a gran final que xulgarán veteranos oradores e expertos en comunicación, argumentación e oratoria.

Últimos números da nosa edición impresa

Shelf Wood

Outras novas populares

BoBots gaña o premio do público en Odisea Indie
Actualidade VIDEOXOGOS
4 Min de Lectura
Carlos J. Escudero: “Podemos ser mellores profesionais coas ferramentas IA, sempre que as utilicemos para reforzar as nosas capacidades e non como unha escusa para deixar de aprender”
Actualidade
13 Min de Lectura
A Semana Europea da Robótica pecha en Santiago cunha mañá profesional e unha feira aberta ás familias
Actualidade
6 Min de Lectura
Novo número da nosa edición impresa
Actualidade
2 Min de Lectura
Compartir Este Artigo
Facebook Whatsapp Whatsapp Copiar Ligazón Imprimir
- PÁXINA WEB HOSPEDADA EN -
Ad imageAd image
-PUBLICIDADE-
De fronte á violencia de xénero
-PUBLICIDADE-
PEL 2027

Revista en papel


Ad imageAd image

Feed RSS: ACTUALIDADE DA AMTEGA ACTUALIDADE DA AMTEGA

  • As persoas que coordinan as 93 aulas CeMIT de Galicia celebran o seu encontro anual na Cidade da Cultura
  • A intelixencia artificial é a tecnoloxía avanzada que máis medra no tecido empresarial galego no último ano
  • Inauguración Laboratorio e Centro Demostrador de Ciberseguridade Industrial de Galicia
  • Laboratorio e Centro Demostrador en Ciberseguridade Industrial

Subscríbete ao noso boletín

Recibe de balde por correo electrónico as novas novas.







banner							
banner
Lenos en Magzter
Os contidos da nosa edición impresa poden lerse comodamente a través da aplicación de Magzter para iOS e Android.
Ir a Magzter
Ad imageAd image

Outras novas de interese

apple_park_visitor_center_explore_03.jpg
Actualidade

OpenAI contrademanda a Apple

27/11/2026
Actualidade

As XVI Xornadas Achégate á Igualdade de Ames puxeron o foco na machosfera e nas plataformas dixitais

27/11/2026
Actualidade

Maldita.es denuncia unha rede de páxinas de Facebook que difunden desinformación política en campaña electoral

27/11/2026
Actualidade

A Universidade de Vigo dá o salto ao voto electrónico

27/11/2026

CÓDIGO CERO

Código Cero, diario de novas tecnolóxicas de Galicia, é unha publicación en galego sobre TIC nacida en formato dixital o 25 de xullo de 2001, que comezou a editarse tamén en formato impreso en decembro do mesmo ano.

- PÁXINA WEB HOSPEDADA EN -
Ad imageAd image

 

PREMIOS

   
   

Grupo Código Cero Comunicación, S.L.

Rúa das Hedras 4 1 M
(Pol. Novo Milladoiro)
15895 Ames - Milladoiro
981 53 02 68
redaccion@codigocero.com
Código CeroCódigo Cero
Síguenos
© Grupo Código Cero Comunicación, S.L. – Política de privacidade
Banner de cookies RXPD

Utilizamos cookies para ofrecerche a mellor experiencia na nosa web.

Podes aprender máis sobre que cookies utilizamos na nosa política de cookies ou desactivalas nos axustes.

Welcome Back!

Sign in to your account

Nome de usuario ou Enderezo de Correo
Contrasinal

Perdiches o teu contrasinal?