Código CeroCódigo CeroCódigo Cero
  • NOVAS
    • Actualidade
    • Electrónica de consumo
    • Eventos
    • Intelixencia artificial
    • I+D+i
    • Audiovisual
    • Software libre
    • Telefonía
  • TREBELLOS
  • VIDEOXOGOS
  • REVISTA EN PAPEL
Lendo: Gradiant consolida o seu crecemento cuns ingresos de 14 millóns de euros en 2024
Compartir
Código CeroCódigo Cero
Buscar
  • Novas
  • Trebellos
  • Videoxogos
  • Revista en papel
Actualidade

Gradiant consolida o seu crecemento cuns ingresos de 14 millóns de euros en 2024

S. P.
Publicado: 30/06/2025
4 Min de Lectura
Compartir
4 Min de Lectura

balance-economico-gradiant.jpgO centro tecnolóxico Gradiant, con sede en Vigo, consolidou a súa senda de crecemento e o seu posicionamento destacado en España e Europa coa presentación do seu balance 2024, que mostra uns ingresos de máis de 14 millóns de euros, e a aprobación do seu plan estratéxico 2025-2027, orientado a garantir a súa autonomía tecnolóxica e a súa competitividade e produtividade a nivel rexional, nacional e europeo.
No balance faise saber que a xeración de riqueza e emprego por parte de Gradiant experimentou un crecemento exponencial nos últimos cinco anos. Entre 2020 e 2024 o centro tecnolóxico, que emprega actualmente a máis de 250 persoas, aumentou máis dun 170% os seus ingresos, pasando de 5 a 14 millóns de euros, e un 139% o seu persoal, medrando dos 98 traballadores de 2020 aos 234 cos que se pechou 2024.
Por áreas, o crecemento máis notable experimentouse nas comunicacións, a seguridade e privacidade de datos e os sistemas intelixentes debido á irrupción de novas tecnoloxías como a cuántica ou a fotónica e ao interese crecente que experimentaron tecnoloxías como a IA (Intelixencia Artificial), a análise de datos, os sistemas autónomos ou a eSaúde.
Ademais, a través de Gradiant Investments, o centro tecnolóxico lanzou tres spin-offs ao mercado cun valor de máis de 40 millóns de euros e máis de 60 traballadores -Alice Biometrics, Sense Aeronautics e unha terceira especializada en tecnoloxías de detección, clasificación e neutralización de drons- e xa ten outras dúas en fase de incubación: Kiur, unha nova tecnoloxía para o tratamento de feridas crónicas, e Dokken, unha ferramenta para o procesamento intelixente de documentos.
Gradiant tamén medrou no marco europeo. O ano pasado, o centro tecnolóxico, que participou en máis de 150 proxectos, captou para España un total de 1,96 millóns de euros destinados a I+D e procedentes de proxectos europeos, un 31,5% máis que en 2023. Tamén conseguiu un total de 11 acordos de licenciamento, dos cales 6 foron a nivel internacional, un dato un 30% superior ao do ano anterior.
“Este crecemento posiciónanos como un centro tecnolóxico fundamental para o desenvolvemento e maduración de tecnoloxías crave para a industria galega, española e europea”, sinala Luís Pérez Freire, director xeneral de Gradiant.
Ademais, o centro acaba de aprobar o seu novo plan estratéxico, orientado manter este crecemento responsable e sostible e a aumentar o seu recoñecemento europeo como axente clave no impulso de tecnoloxías fundamentais no contexto actual, como son as dixitais e a deep tech. “Nos próximos anos traballaremos para reforzar a nosa autonomía tecnolóxica e para iso investiremos no desenvolvemento de solucións propias innovadoras, de alta complexidade tecnolóxica e propiedade intelectual protexida”, explica Pérez Freire, que engade: “O obxectivo é seguir desenvolvendo tecnoloxías estratéxicas con impacto real en sectores clave, como son as telecomunicacións, a seguridade e defensa, a industria, o sector primario ou a saúde”.
Da cifra total de 14 millóns de euros de ingresos en 2024, máis da metade proveñen de facturación a empresas, especialmente pemes, e o 9% da venda de licenzas de tecnoloxía, patentes e propiedade intelectual, unha cifra que, segundo a memoria anual de FEDIT 2023, está moi por enriba da media nacional de centros tecnolóxicos, situada por baixo do 1%.
“Son datos moi significativos e importantes para nós porque reflicten o alto valor da innovación e desenvolvemento tecnolóxico que xeramos; demostran que as solucións propias desenvolvidas polo equipo de Gradiant están a contribuír ao fortalecemento, crecemento e mellora da capacidade competitiva do tecido industrial”, explica Fernando Jiménez, director de Gradiant.

Últimos números da nosa edición impresa

Shelf Wood

Outras novas populares

BoBots gaña o premio do público en Odisea Indie
Actualidade VIDEOXOGOS
4 Min de Lectura
Carlos J. Escudero: “Podemos ser mellores profesionais coas ferramentas IA, sempre que as utilicemos para reforzar as nosas capacidades e non como unha escusa para deixar de aprender”
Actualidade
13 Min de Lectura
A Semana Europea da Robótica pecha en Santiago cunha mañá profesional e unha feira aberta ás familias
Actualidade
6 Min de Lectura
Novo número da nosa edición impresa
Actualidade
2 Min de Lectura
Compartir Este Artigo
Facebook Whatsapp Whatsapp Copiar Ligazón Imprimir
- PÁXINA WEB HOSPEDADA EN -
Ad imageAd image
-PUBLICIDADE-
De fronte á violencia de xénero
-PUBLICIDADE-
PEL 2027

Revista en papel


Ad imageAd image

Feed RSS: ACTUALIDADE DA AMTEGA ACTUALIDADE DA AMTEGA

  • As persoas que coordinan as 93 aulas CeMIT de Galicia celebran o seu encontro anual na Cidade da Cultura
  • A intelixencia artificial é a tecnoloxía avanzada que máis medra no tecido empresarial galego no último ano
  • Inauguración Laboratorio e Centro Demostrador de Ciberseguridade Industrial de Galicia
  • Laboratorio e Centro Demostrador en Ciberseguridade Industrial

Subscríbete ao noso boletín

Recibe de balde por correo electrónico as novas novas.







banner							
banner
Lenos en Magzter
Os contidos da nosa edición impresa poden lerse comodamente a través da aplicación de Magzter para iOS e Android.
Ir a Magzter
Ad imageAd image

Outras novas de interese

apple_park_visitor_center_explore_03.jpg
Actualidade

OpenAI contrademanda a Apple

27/11/2026
Actualidade

As XVI Xornadas Achégate á Igualdade de Ames puxeron o foco na machosfera e nas plataformas dixitais

27/11/2026
Actualidade

Maldita.es denuncia unha rede de páxinas de Facebook que difunden desinformación política en campaña electoral

27/11/2026
Actualidade

A Universidade de Vigo dá o salto ao voto electrónico

27/11/2026

CÓDIGO CERO

Código Cero, diario de novas tecnolóxicas de Galicia, é unha publicación en galego sobre TIC nacida en formato dixital o 25 de xullo de 2001, que comezou a editarse tamén en formato impreso en decembro do mesmo ano.

- PÁXINA WEB HOSPEDADA EN -
Ad imageAd image

 

PREMIOS

   
   

Grupo Código Cero Comunicación, S.L.

Rúa das Hedras 4 1 M
(Pol. Novo Milladoiro)
15895 Ames - Milladoiro
981 53 02 68
redaccion@codigocero.com
Código CeroCódigo Cero
Síguenos
© Grupo Código Cero Comunicación, S.L. – Política de privacidade
Banner de cookies RXPD

Utilizamos cookies para ofrecerche a mellor experiencia na nosa web.

Podes aprender máis sobre que cookies utilizamos na nosa política de cookies ou desactivalas nos axustes.

Welcome Back!

Sign in to your account

Nome de usuario ou Enderezo de Correo
Contrasinal

Perdiches o teu contrasinal?