Código CeroCódigo CeroCódigo Cero
  • NOVAS
    • Actualidade
    • Electrónica de consumo
    • Eventos
    • Intelixencia artificial
    • I+D+i
    • Audiovisual
    • Software libre
    • Telefonía
  • TREBELLOS
  • VIDEOXOGOS
  • REVISTA EN PAPEL
Lendo: Regresa a Vigo o foro que conecta a IA co sector do mar
Compartir
Código CeroCódigo Cero
Buscar
  • Novas
  • Trebellos
  • Videoxogos
  • Revista en papel
Actualidade

Regresa a Vigo o foro que conecta a IA co sector do mar

S. P.
Publicado: 30/06/2025
3 Min de Lectura
Compartir
3 Min de Lectura

forum_pescado_e_produtos_do_mar_peixe-2.jpgEste xoves, 3 de xullo, a Sede Afundación de Vigo acollerá a segunda edición do Fórum do Peixe e de Produtos do Mar, unha xornada técnica organizada pola revista TecnoSEAFOOD de Interempresas Media co impulso de Abanca. O encontro reunirá a expertos, empresas e entidades clave para abordar os principais retos da cadea de valor: desde o impulso ao consumo e a dixitalización, ata a sustentabilidade dos recursos e a captación de talento. A xornada combinará relatorios especializados, zona expositiva e intercambio profesional, reunindo á industria pesqueira e transformadora.
Na Sede Afundación (Abanca), e baixo o lema Do desafío á oportunidade: como impulsar a eficiencia e as vendas dun sector resiliente, esta xornada técnica dunha mañá de duración reunirá a profesionais da industria pesqueira e transformadora para poñer sobre a mesa as temáticas que realmente interesan para axudar ás empresas para converter a innovación en solucións reais, prácticas e tanxibles.
Cun programa dividido en tres bloques, a xornada abordará os tres retos principais: o aumento das vendas e as tendencias de consumo, a utilidade de novas tecnoloxías como a Intelixencia Artificial ou as altas presións na industria e a captación de talento na cadea de valor de produtos do mar.
Espazo para o networking e a exposición de novas tecnoloxías
Ademais, no II Fórum do Peixe e de Produtos do Mar os asistentes non só acoden a escoitar, senón tamén a tocar. Á axenda de relatorios súmase unha zona expositiva con innovación in situ: maquinaria de última xeración, solucións de rastrexabilidade, tecnoloxías de procesado, de envasado intelixente… Compañías líderes como Foss, Hiperbaric, Lomatec, Trevo Group, Multivac ou Grupo CIE exhibirán avances que están a revolucionar a industria auxiliar do mar. “Será unha oportunidade única para ver de preto cara a onde se dirixe o futuro do sector”, adianta a organización.
Contarase co apoio de ANFACO-CECOPESCA, Fedepesca, AZTI, CLUSAGA, Conxemar e a Plataforma Tecnolóxica Española da Pesca e a Acuicultura (PTEPA), que se suman ao impulso do Fórum, avalando a súa relevancia como evento estratéxico para o sector. O seu respaldo reforza o papel do encontro como motor de cambio, capaz de mobilizar a toda a cadea de valor e xerar propostas con impacto real na industria.

Últimos números da nosa edición impresa

Shelf Wood

Outras novas populares

BoBots gaña o premio do público en Odisea Indie
Actualidade VIDEOXOGOS
4 Min de Lectura
Carlos J. Escudero: “Podemos ser mellores profesionais coas ferramentas IA, sempre que as utilicemos para reforzar as nosas capacidades e non como unha escusa para deixar de aprender”
Actualidade
13 Min de Lectura
A Semana Europea da Robótica pecha en Santiago cunha mañá profesional e unha feira aberta ás familias
Actualidade
6 Min de Lectura
Novo número da nosa edición impresa
Actualidade
2 Min de Lectura
Compartir Este Artigo
Facebook Whatsapp Whatsapp Copiar Ligazón Imprimir
- PÁXINA WEB HOSPEDADA EN -
Ad imageAd image
-PUBLICIDADE-
De fronte á violencia de xénero
-PUBLICIDADE-
PEL 2027

Revista en papel


Ad imageAd image

Feed RSS: ACTUALIDADE DA AMTEGA ACTUALIDADE DA AMTEGA

  • As persoas que coordinan as 93 aulas CeMIT de Galicia celebran o seu encontro anual na Cidade da Cultura
  • A intelixencia artificial é a tecnoloxía avanzada que máis medra no tecido empresarial galego no último ano
  • Inauguración Laboratorio e Centro Demostrador de Ciberseguridade Industrial de Galicia
  • Laboratorio e Centro Demostrador en Ciberseguridade Industrial

Subscríbete ao noso boletín

Recibe de balde por correo electrónico as novas novas.







banner							
banner
Lenos en Magzter
Os contidos da nosa edición impresa poden lerse comodamente a través da aplicación de Magzter para iOS e Android.
Ir a Magzter
Ad imageAd image

Outras novas de interese

apple_park_visitor_center_explore_03.jpg
Actualidade

OpenAI contrademanda a Apple

27/11/2026
Actualidade

As XVI Xornadas Achégate á Igualdade de Ames puxeron o foco na machosfera e nas plataformas dixitais

27/11/2026
Actualidade

Maldita.es denuncia unha rede de páxinas de Facebook que difunden desinformación política en campaña electoral

27/11/2026
Actualidade

A Universidade de Vigo dá o salto ao voto electrónico

27/11/2026

CÓDIGO CERO

Código Cero, diario de novas tecnolóxicas de Galicia, é unha publicación en galego sobre TIC nacida en formato dixital o 25 de xullo de 2001, que comezou a editarse tamén en formato impreso en decembro do mesmo ano.

- PÁXINA WEB HOSPEDADA EN -
Ad imageAd image

 

PREMIOS

   
   

Grupo Código Cero Comunicación, S.L.

Rúa das Hedras 4 1 M
(Pol. Novo Milladoiro)
15895 Ames - Milladoiro
981 53 02 68
redaccion@codigocero.com
Código CeroCódigo Cero
Síguenos
© Grupo Código Cero Comunicación, S.L. – Política de privacidade
Banner de cookies RXPD

Utilizamos cookies para ofrecerche a mellor experiencia na nosa web.

Podes aprender máis sobre que cookies utilizamos na nosa política de cookies ou desactivalas nos axustes.

Welcome Back!

Sign in to your account

Nome de usuario ou Enderezo de Correo
Contrasinal

Perdiches o teu contrasinal?