Código CeroCódigo CeroCódigo Cero
  • NOVAS
    • Actualidade
    • Electrónica de consumo
    • Eventos
    • Intelixencia artificial
    • I+D+i
    • Audiovisual
    • Software libre
    • Telefonía
  • TREBELLOS
  • VIDEOXOGOS
  • REVISTA EN PAPEL
Lendo: SmartPeme+ pon o foco no deseño 3D, no ecommerce e na mercadotecnia dixital
Compartir
Código CeroCódigo Cero
Buscar
  • Novas
  • Trebellos
  • Videoxogos
  • Revista en papel
Actualidade

SmartPeme+ pon o foco no deseño 3D, no ecommerce e na mercadotecnia dixital

S. P.
Publicado: 30/06/2025
3 Min de Lectura
Compartir
3 Min de Lectura

deputacion_pontevedra_20240620_logo_entrada-4-2.jpgA Deputación de Pontevedra organiza esta semana tres novos obradoiros de capacitación tecnolóxica ao abeiro da Rede SmartPeme+. As accións, en formato telemático e con inscrición previa, celebraranse entre o martes 1 e o xoves 3 de xullo e afondarán en cuestións de gran potencial para o tecido empresarial da provincia como o deseño 3D, o comercio electrónico ou a mercadotecnia dixital, entre outras.
O martes 1 de xullo celebrarase o obradoiro en liña Impresión 3D no 2025, Slicers actuales 2/4, accións avanzadas, a partir das 12:00 horas organizado pola oficina de Barros-Meis. Os participantes aprenderán a dominar os slicers coa configuración avanzada para sacarlle o máximo partido as súas impresións 3D. Será impartido por Manuel Tornos, asesor do Centro de Educación e Formación de Barro-Meis con máis de 30 anos de experiencia en TIC, e as inscricións pódense realizar no formulario habilitado.
O mércores 2 de xullo, en formato telemático ás 11:00 horas, terá lugar o obradoiro Woocommerce:A solución que buscabas para vender por Internet coordinado pola oficina de Cambados. Na sesión ensinarase a crear unha tenda en liña instalando esta ferramenta, dando a coñecer todas as súas características, pasarelas e formas de pago. Así mesmo, Jose Luis Taboada, asesor na propia oficina con máis de 25 anos de experiencia no sector e especialista en sistemas informáticos, afondará en como engadir produtos e xestionar pedidos. As inscricións pódense realizar no formulario xa dispoñible.
Por último, o xoves 3 de xullo a Deputación organiza ás 12:00 horas o obradoiro tamén telemático O teu plan de márketing dixital paso a paso, da man da oficina de Pontevedra. Adrián Fernández, licenciado en Comunicación Audiovisual e cunha ampla traxectoria profesional asesorando a empresas no ámbito da comunicación e da mercadotecnia dixital, amosará que é un plan de mercadotecnia dixital, a súa importancia para conseguir bos resultados na contorna en liña e como crealo a partir dun exemplo real. As persoas interesadas pódense inscribir no formulario xa dispñible.
A Deputación destina este ano 1,45 millóns de euros á Rede SmartPeme+ e Acelera Peme Rural para asesorar persoas emprendedoras desde as oficinas de Barro, Cambados, Lalín, Ponteareas, Pontevedra, O Porriño e Vigo. Desde esta rede lévanse a cabo actividades formativas relacionadas co crecemento empresarial e a transformación dixital, asesorando a ata 2500 emprendedores, autónomos e pemes ao ano e impartindo arredor de 200 talleres formativos e actividades complementarias.

Últimos números da nosa edición impresa

Shelf Wood

Outras novas populares

BoBots gaña o premio do público en Odisea Indie
Actualidade VIDEOXOGOS
4 Min de Lectura
Carlos J. Escudero: “Podemos ser mellores profesionais coas ferramentas IA, sempre que as utilicemos para reforzar as nosas capacidades e non como unha escusa para deixar de aprender”
Actualidade
13 Min de Lectura
A Semana Europea da Robótica pecha en Santiago cunha mañá profesional e unha feira aberta ás familias
Actualidade
6 Min de Lectura
Novo número da nosa edición impresa
Actualidade
2 Min de Lectura
Compartir Este Artigo
Facebook Whatsapp Whatsapp Copiar Ligazón Imprimir
- PÁXINA WEB HOSPEDADA EN -
Ad imageAd image
-PUBLICIDADE-
De fronte á violencia de xénero
-PUBLICIDADE-
PEL 2027

Revista en papel


Ad imageAd image

Feed RSS: ACTUALIDADE DA AMTEGA ACTUALIDADE DA AMTEGA

  • As persoas que coordinan as 93 aulas CeMIT de Galicia celebran o seu encontro anual na Cidade da Cultura
  • A intelixencia artificial é a tecnoloxía avanzada que máis medra no tecido empresarial galego no último ano
  • Inauguración Laboratorio e Centro Demostrador de Ciberseguridade Industrial de Galicia
  • Laboratorio e Centro Demostrador en Ciberseguridade Industrial

Subscríbete ao noso boletín

Recibe de balde por correo electrónico as novas novas.







banner							
banner
Lenos en Magzter
Os contidos da nosa edición impresa poden lerse comodamente a través da aplicación de Magzter para iOS e Android.
Ir a Magzter
Ad imageAd image

Outras novas de interese

apple_park_visitor_center_explore_03.jpg
Actualidade

OpenAI contrademanda a Apple

27/11/2026
Actualidade

As XVI Xornadas Achégate á Igualdade de Ames puxeron o foco na machosfera e nas plataformas dixitais

27/11/2026
Actualidade

Maldita.es denuncia unha rede de páxinas de Facebook que difunden desinformación política en campaña electoral

27/11/2026
Actualidade

A Universidade de Vigo dá o salto ao voto electrónico

27/11/2026

CÓDIGO CERO

Código Cero, diario de novas tecnolóxicas de Galicia, é unha publicación en galego sobre TIC nacida en formato dixital o 25 de xullo de 2001, que comezou a editarse tamén en formato impreso en decembro do mesmo ano.

- PÁXINA WEB HOSPEDADA EN -
Ad imageAd image

 

PREMIOS

   
   

Grupo Código Cero Comunicación, S.L.

Rúa das Hedras 4 1 M
(Pol. Novo Milladoiro)
15895 Ames - Milladoiro
981 53 02 68
redaccion@codigocero.com
Código CeroCódigo Cero
Síguenos
© Grupo Código Cero Comunicación, S.L. – Política de privacidade
Banner de cookies RXPD

Utilizamos cookies para ofrecerche a mellor experiencia na nosa web.

Podes aprender máis sobre que cookies utilizamos na nosa política de cookies ou desactivalas nos axustes.

Welcome Back!

Sign in to your account

Nome de usuario ou Enderezo de Correo
Contrasinal

Perdiches o teu contrasinal?