Código CeroCódigo CeroCódigo Cero
  • NOVAS
    • Actualidade
    • Electrónica de consumo
    • Eventos
    • Intelixencia artificial
    • I+D+i
    • Audiovisual
    • Software libre
    • Telefonía
  • TREBELLOS
  • VIDEOXOGOS
  • REVISTA EN PAPEL
Lendo: Entradas xa á venda para a Lérez Up 2025
Compartir
Código CeroCódigo Cero
Buscar
  • Novas
  • Trebellos
  • Videoxogos
  • Revista en papel
Actualidade

Entradas xa á venda para a Lérez Up 2025

S. P.
Publicado: 01/07/2025
3 Min de Lectura
Compartir
3 Min de Lectura

lerez_up-2.jpgO salón do videoxogo e da cultura friki de Pontevedra, o evento Lérez Up, xa ten data, gran parte da súa programación anunciada e entradas á venda. A cita será os días 13 e 14 de setembro no Recinto Feiral da cidade e contará de novo coa colaboración do Concello de Pontevedra e da asociación Gaming Troop.
O evento confirma “unha edición chea de propostas para todos os públicos”, que van desde torneos de videoxogos ata cosplay, xogos de mesa, actividades de cultura xaponesa e máis.
Segundo confirmou a organización, un dos pratos fortes volverá ser o concurso de cosplay, que contará cun xurado profesional de excepción, agora completo: ás xa confirmadas Skullcaramel e Puchiluh súmase Antifta, pechando un trío de expertas que valorarán as caracterizacións e actuacións sobre o escenario diante de 300 persoas.
A zona de xogos de mesa regresa da man da asociación Rotting Pizza con máis contido que nunca: haberá xogo libre, torneos de Catan, Warcrow e Punkapocalyptic (dous xogos de miniaturas de temáticas de fantasía e post-apocalipsis), un obradoiro de pintura, un espazo de prototipos de xogos e creadores emerxentes, e tamén mesas de rol para mergullarse neste tipo de partidas.
lerez_up_sabado_logo-0297.jpgNa zona Idol Games, o público poderá participar en xogos de adiviñanzas como audiotrivial, bingotaku, adiviña a personaxe, ou karaoke libre, e moitas sorpresas máis pensadas para a comunidade friki.
Un ano máis, participa a asociación pontevedresa Pontelabs, que promove a filosofía maker, e que traerá ao salón algúns dos seus proxectos feitos con impresoras 3D e ofrecerá un obradoiro para pintar figuras Pokémon, unha actividade pensada para público familiar e amante da personalización.
Repiten asistencia tras o seu paso en anos anteriores Escuadrón SAS cunha zona temática do universo Star Wars, onde o público poderá construír o seu sabre de luz, aprender técnicas de combate Jedi e participar en duelos e torneos intergalácticos.
A programación de videoxogos complétase cunha ampla lista de torneos oficiais, que inclúe títulos tan esperados como Mario Kart World (na nova Nintendo Switch 2), Fortnite, League of Legends,
Valorant, Super Smash Bros Ultimate, Just Dance e Tekken 8.
As inscricións para o torneo nacional de Smash Bros Ultimate tamén seguen abertas.
As entradas para a Lérez Up 2025 xa están dispoñibles na web de Percalandia, e todas as actualizacións poden seguirse a través das redes sociais de Gaming Troop e da páxina web oficial do evento.

Últimos números da nosa edición impresa

Shelf Wood

Outras novas populares

BoBots gaña o premio do público en Odisea Indie
Actualidade VIDEOXOGOS
4 Min de Lectura
Carlos J. Escudero: “Podemos ser mellores profesionais coas ferramentas IA, sempre que as utilicemos para reforzar as nosas capacidades e non como unha escusa para deixar de aprender”
Actualidade
13 Min de Lectura
A Semana Europea da Robótica pecha en Santiago cunha mañá profesional e unha feira aberta ás familias
Actualidade
6 Min de Lectura
Novo número da nosa edición impresa
Actualidade
2 Min de Lectura
Compartir Este Artigo
Facebook Whatsapp Whatsapp Copiar Ligazón Imprimir
- PÁXINA WEB HOSPEDADA EN -
Ad imageAd image
-PUBLICIDADE-
De fronte á violencia de xénero
-PUBLICIDADE-
PEL 2027

Revista en papel


Ad imageAd image

Feed RSS: ACTUALIDADE DA AMTEGA ACTUALIDADE DA AMTEGA

  • As persoas que coordinan as 93 aulas CeMIT de Galicia celebran o seu encontro anual na Cidade da Cultura
  • A intelixencia artificial é a tecnoloxía avanzada que máis medra no tecido empresarial galego no último ano
  • Inauguración Laboratorio e Centro Demostrador de Ciberseguridade Industrial de Galicia
  • Laboratorio e Centro Demostrador en Ciberseguridade Industrial

Subscríbete ao noso boletín

Recibe de balde por correo electrónico as novas novas.







banner							
banner
Lenos en Magzter
Os contidos da nosa edición impresa poden lerse comodamente a través da aplicación de Magzter para iOS e Android.
Ir a Magzter
Ad imageAd image

Outras novas de interese

apple_park_visitor_center_explore_03.jpg
Actualidade

OpenAI contrademanda a Apple

27/11/2026
Actualidade

As XVI Xornadas Achégate á Igualdade de Ames puxeron o foco na machosfera e nas plataformas dixitais

27/11/2026
Actualidade

Maldita.es denuncia unha rede de páxinas de Facebook que difunden desinformación política en campaña electoral

27/11/2026
Actualidade

A Universidade de Vigo dá o salto ao voto electrónico

27/11/2026

CÓDIGO CERO

Código Cero, diario de novas tecnolóxicas de Galicia, é unha publicación en galego sobre TIC nacida en formato dixital o 25 de xullo de 2001, que comezou a editarse tamén en formato impreso en decembro do mesmo ano.

- PÁXINA WEB HOSPEDADA EN -
Ad imageAd image

 

PREMIOS

   
   

Grupo Código Cero Comunicación, S.L.

Rúa das Hedras 4 1 M
(Pol. Novo Milladoiro)
15895 Ames - Milladoiro
981 53 02 68
redaccion@codigocero.com
Código CeroCódigo Cero
Síguenos
© Grupo Código Cero Comunicación, S.L. – Política de privacidade
Banner de cookies RXPD

Utilizamos cookies para ofrecerche a mellor experiencia na nosa web.

Podes aprender máis sobre que cookies utilizamos na nosa política de cookies ou desactivalas nos axustes.

Welcome Back!

Sign in to your account

Nome de usuario ou Enderezo de Correo
Contrasinal

Perdiches o teu contrasinal?