Código CeroCódigo CeroCódigo Cero
  • NOVAS
    • Actualidade
    • Electrónica de consumo
    • Eventos
    • Intelixencia artificial
    • I+D+i
    • Audiovisual
    • Software libre
    • Telefonía
  • TREBELLOS
  • VIDEOXOGOS
  • REVISTA EN PAPEL
Lendo: Sensesbit, startup galega gañadora do ftalks Startups Awards 2025
Compartir
Código CeroCódigo Cero
Buscar
  • Novas
  • Trebellos
  • Videoxogos
  • Revista en papel
Actualidade

Sensesbit, startup galega gañadora do ftalks Startups Awards 2025

S. P.
Publicado: 01/07/2025
2 Min de Lectura
Compartir
2 Min de Lectura

sensesbit_premio_usc.jpgSensesbit, a solución tecnolóxica especializada en análise sensorial da spin-off TasteLab participada pola USC, foi recoñecida como startup máis innovadora nos prestixiosos ftalks Startups Awards 2025 entregados en Valencia no marco de ftalks Food Summit.
O galardón premia a súa plataforma SaaS que permite predicir os gustos do consumidor para asegurar o éxito de novos produtos, en sectores como o agroalimentario e o cosmético. “Este premio recoñece anos de traballo apostando pola tecnoloxía sensorial como ferramenta estratéxica para as empresas. O noso obxectivo sempre foi axudar a que as empresas entendan mellor o consumidor e tomen decisións máis rápidas e con menor risco”, afirma Maruxa Quiroga, directora executiva (CEO) de Sensesbit.
Sensesbit desenvolveu un software avanzado que automatiza estudos sensoriais, recolle datos reais de percepción do consumidor e os transforma en informes accionables en tempo real. A súa proposta reduce en máis do 50 % os custes asociados a estudos tradicionais, duplica a eficiencia operativa e mellora drasticamente o time-to-market de novos produtos.
sensesbit-team.jpgO premio, dotado con 5.000 euros e entregado por Marta Bertomeu, responsable de Innovación e RSC de Helados Estiu, supón ademais a incorporación de Sensesbit á comunidade de KM ZERO Food Innovation Hub que conecta startups disruptivas con investidores, corporacións e entidades públicas do sector agroalimentario para escalar proxectos de impacto.
O xurado de ftalks estivo composto por representantes dos fondos de investimento First Drop, Angels, SparkFood e Nourish Ventures, que destacaron a proposta tecnolóxica de Sensesbit polo seu alto potencial de adaptación, evolución e aplicación transversal na cadea alimentaria.

Últimos números da nosa edición impresa

Shelf Wood

Outras novas populares

BoBots gaña o premio do público en Odisea Indie
Actualidade VIDEOXOGOS
4 Min de Lectura
Carlos J. Escudero: “Podemos ser mellores profesionais coas ferramentas IA, sempre que as utilicemos para reforzar as nosas capacidades e non como unha escusa para deixar de aprender”
Actualidade
13 Min de Lectura
A Semana Europea da Robótica pecha en Santiago cunha mañá profesional e unha feira aberta ás familias
Actualidade
6 Min de Lectura
Novo número da nosa edición impresa
Actualidade
2 Min de Lectura
Compartir Este Artigo
Facebook Whatsapp Whatsapp Copiar Ligazón Imprimir
- PÁXINA WEB HOSPEDADA EN -
Ad imageAd image
-PUBLICIDADE-
De fronte á violencia de xénero
-PUBLICIDADE-
PEL 2027

Revista en papel


Ad imageAd image

Feed RSS: ACTUALIDADE DA AMTEGA ACTUALIDADE DA AMTEGA

  • As persoas que coordinan as 93 aulas CeMIT de Galicia celebran o seu encontro anual na Cidade da Cultura
  • A intelixencia artificial é a tecnoloxía avanzada que máis medra no tecido empresarial galego no último ano
  • Inauguración Laboratorio e Centro Demostrador de Ciberseguridade Industrial de Galicia
  • Laboratorio e Centro Demostrador en Ciberseguridade Industrial

Subscríbete ao noso boletín

Recibe de balde por correo electrónico as novas novas.







banner							
banner
Lenos en Magzter
Os contidos da nosa edición impresa poden lerse comodamente a través da aplicación de Magzter para iOS e Android.
Ir a Magzter
Ad imageAd image

Outras novas de interese

apple_park_visitor_center_explore_03.jpg
Actualidade

OpenAI contrademanda a Apple

27/11/2026
Actualidade

As XVI Xornadas Achégate á Igualdade de Ames puxeron o foco na machosfera e nas plataformas dixitais

27/11/2026
Actualidade

Maldita.es denuncia unha rede de páxinas de Facebook que difunden desinformación política en campaña electoral

27/11/2026
Actualidade

A Universidade de Vigo dá o salto ao voto electrónico

27/11/2026

CÓDIGO CERO

Código Cero, diario de novas tecnolóxicas de Galicia, é unha publicación en galego sobre TIC nacida en formato dixital o 25 de xullo de 2001, que comezou a editarse tamén en formato impreso en decembro do mesmo ano.

- PÁXINA WEB HOSPEDADA EN -
Ad imageAd image

 

PREMIOS

   
   

Grupo Código Cero Comunicación, S.L.

Rúa das Hedras 4 1 M
(Pol. Novo Milladoiro)
15895 Ames - Milladoiro
981 53 02 68
redaccion@codigocero.com
Código CeroCódigo Cero
Síguenos
© Grupo Código Cero Comunicación, S.L. – Política de privacidade
Banner de cookies RXPD

Utilizamos cookies para ofrecerche a mellor experiencia na nosa web.

Podes aprender máis sobre que cookies utilizamos na nosa política de cookies ou desactivalas nos axustes.

Welcome Back!

Sign in to your account

Nome de usuario ou Enderezo de Correo
Contrasinal

Perdiches o teu contrasinal?