Código CeroCódigo CeroCódigo Cero
  • NOVAS
    • Actualidade
    • Electrónica de consumo
    • Eventos
    • Intelixencia artificial
    • I+D+i
    • Audiovisual
    • Software libre
    • Telefonía
  • TREBELLOS
  • VIDEOXOGOS
  • REVISTA EN PAPEL
Lendo: Un vídeo divulgativo sobre o número Pi gaña o 13º certame Explícoche Matemáticas 2.0
Compartir
Código CeroCódigo Cero
Buscar
  • Novas
  • Trebellos
  • Videoxogos
  • Revista en papel
Actualidade

Un vídeo divulgativo sobre o número Pi gaña o 13º certame Explícoche Matemáticas 2.0

S. P.
Publicado: 01/07/2025
2 Min de Lectura
Compartir
2 Min de Lectura

usc_explicoche_matematicas-2.jpgA alumna Antía Fernández Paulos, do IES Castro Alobre (Vilagarcía de Arousa), foi a gañadora da XIII edición do concurso Explícoche Matemáticas 2.0, que busca promover a utilización do galego como “medio de transmisión das matemáticas e estimular a creatividade do alumnado cos medios audiovisuais”. Titorizada por Beatriz Alfonsín Galiñanes, Antía fíxose co primeiro premio, dotado con 350 euros, co vídeo Xogando a aproximar Pi.
O segundo premio, de 250 euros, correspondeulle ao traballo conxunto A tartaruga de Fleury dos alumnos Adrián Arnoso Bermúdez, Manuel Díaz Sánchez e Saúl López Souto, do IES Isaac Díaz Pardo de Sada, que titorizaron Beatriz Máquez Villamarín e Pilar López García.
O número de vídeos presentados a esta edición do concurso impulsado pola Comisión de Normalización Lingüística da Facultade de Matemáticas da USC foi de 18 nunha única categoría, 2º Ciclo da ESO, Bacharelato e ciclos de Formación Profesional. Para a deliberación, nunha primeira fase membros da Comisión organizadora avaliaron tanto os aspectos matemáticos como a calidade lingüística e técnica dos traballos. Aqueles que superaron uns mínimos foron remitidos ao Servizo de Normalización Lingüística para a súa valoración lingüística e de calidade de imaxe e son. Finalmente, o xurado procedeu á súa visualización, tanto de xeito individual como na sesión de deliberación no caso daqueles vídeos mellor valorados.
O xurado
O xurado estivo presidido polo decano da Facultade de Matemáticas, Alberto Cabada Fernández, o xurado estivo composto tamén por Miguel Domínguez Vázquez, Samuel Alvite Pazos, María Isabel Borrajo García, Carla Dopazo Pavón, Carla Montoiro Suárez, Óscar Rivero Salgado, Jorge Rodríguez López, María del Pilar Salgado Rodríguez, María Vidal García, Manuel Bermúdez Blanco, a profesora de ensino medio María Paz Bermúdez e a gañadora de edicións anteriores, Julia Rama González.

Últimos números da nosa edición impresa

Shelf Wood

Outras novas populares

BoBots gaña o premio do público en Odisea Indie
Actualidade VIDEOXOGOS
4 Min de Lectura
Carlos J. Escudero: “Podemos ser mellores profesionais coas ferramentas IA, sempre que as utilicemos para reforzar as nosas capacidades e non como unha escusa para deixar de aprender”
Actualidade
13 Min de Lectura
A Semana Europea da Robótica pecha en Santiago cunha mañá profesional e unha feira aberta ás familias
Actualidade
6 Min de Lectura
Novo número da nosa edición impresa
Actualidade
2 Min de Lectura
Compartir Este Artigo
Facebook Whatsapp Whatsapp Copiar Ligazón Imprimir
- PÁXINA WEB HOSPEDADA EN -
Ad imageAd image
-PUBLICIDADE-
De fronte á violencia de xénero
-PUBLICIDADE-
PEL 2027

Revista en papel


Ad imageAd image

Feed RSS: ACTUALIDADE DA AMTEGA ACTUALIDADE DA AMTEGA

  • As persoas que coordinan as 93 aulas CeMIT de Galicia celebran o seu encontro anual na Cidade da Cultura
  • A intelixencia artificial é a tecnoloxía avanzada que máis medra no tecido empresarial galego no último ano
  • Inauguración Laboratorio e Centro Demostrador de Ciberseguridade Industrial de Galicia
  • Laboratorio e Centro Demostrador en Ciberseguridade Industrial

Subscríbete ao noso boletín

Recibe de balde por correo electrónico as novas novas.







banner							
banner
Lenos en Magzter
Os contidos da nosa edición impresa poden lerse comodamente a través da aplicación de Magzter para iOS e Android.
Ir a Magzter
Ad imageAd image

Outras novas de interese

apple_park_visitor_center_explore_03.jpg
Actualidade

OpenAI contrademanda a Apple

27/11/2026
Actualidade

As XVI Xornadas Achégate á Igualdade de Ames puxeron o foco na machosfera e nas plataformas dixitais

27/11/2026
Actualidade

Maldita.es denuncia unha rede de páxinas de Facebook que difunden desinformación política en campaña electoral

27/11/2026
Actualidade

A Universidade de Vigo dá o salto ao voto electrónico

27/11/2026

CÓDIGO CERO

Código Cero, diario de novas tecnolóxicas de Galicia, é unha publicación en galego sobre TIC nacida en formato dixital o 25 de xullo de 2001, que comezou a editarse tamén en formato impreso en decembro do mesmo ano.

- PÁXINA WEB HOSPEDADA EN -
Ad imageAd image

 

PREMIOS

   
   

Grupo Código Cero Comunicación, S.L.

Rúa das Hedras 4 1 M
(Pol. Novo Milladoiro)
15895 Ames - Milladoiro
981 53 02 68
redaccion@codigocero.com
Código CeroCódigo Cero
Síguenos
© Grupo Código Cero Comunicación, S.L. – Política de privacidade
Banner de cookies RXPD

Utilizamos cookies para ofrecerche a mellor experiencia na nosa web.

Podes aprender máis sobre que cookies utilizamos na nosa política de cookies ou desactivalas nos axustes.

Welcome Back!

Sign in to your account

Nome de usuario ou Enderezo de Correo
Contrasinal

Perdiches o teu contrasinal?