Código CeroCódigo CeroCódigo Cero
  • NOVAS
    • Actualidade
    • Electrónica de consumo
    • Eventos
    • Intelixencia artificial
    • I+D+i
    • Audiovisual
    • Software libre
    • Telefonía
  • TREBELLOS
  • VIDEOXOGOS
  • REVISTA EN PAPEL
Lendo: A Aula AMTIC do Milladoiro organiza catro cursos para a rapazada durante este mes de xullo
Compartir
Código CeroCódigo Cero
Buscar
  • Novas
  • Trebellos
  • Videoxogos
  • Revista en papel
Actualidade

A Aula AMTIC do Milladoiro organiza catro cursos para a rapazada durante este mes de xullo

S. P.
Publicado: 02/07/2025
3 Min de Lectura
Compartir
3 Min de Lectura

amtic_ames_veran_rapazada.jpgA Aula Municipal Tecnolóxica da Información e da Comunicación (Aula AMTIC) do Concello de Ames, localizada no Milladoiro, organiza para este mes de xullo novos cursos. Desta volta, desenvolveranse catro formacións dirixidas para menores, cunha ampla variedade de contidos (debuxo, xogos, programación, etc.) “para que os máis pequenos da casa non deixen de aprender durante o período estival pero dun xeito divertido e entretido para eles a través da tecnoloxía”, informou o Concello.
Haberá dúas formacións dirixidas para a rapazada de 5 a 7 anos e ambas desenvolveranse en horario de 10.00 a 12.00 horas. A primeira delas será do 7 ao 11 de xullo e será un curso de debuxo dixital, no que os nenos e nenas poderán adquirir as ferramentas máis básicas do debuxo dixital a través do uso de xogos, actividades creativas e exercicios guiados que axudarán a desenvolver a súa imaxinación, coordinación motriz e expresión artística.
Do 14 ao 18 de xullo, celebrarase a segunda formación para os nenos de entre 5 e 7 anos. Constará dun curso de xogos interactivos e educativos no que os máis pequenos poderán aprender diferentes habilidades como as matemáticas, lóxica, lectura, memoria ou a creatividade a través do uso de xogos dixitais. Deste xeito, foméntase o traballo en equipo entre os menores e o uso positivo da tecnoloxía.
Por outra banda, as dúas formacións restantes estarán dirixidas para os menores de entre 8 e 10 anos, tamén en horario de 10.00 a 12.00 horas. A primeira será do 21 ao 24 de xullo: Programación creativa: Scratch e Tynker. Desta volta, os rapaces e rapazas poderán adquirir os conceptos básicos de programación dun xeito divertido e entretido empregando plataformas adaptadas a eles como Scratch Junior ou Tynker, fomentando así a súa creatividade, a resolución de problemas e o pensamento lóxico.
Así mesmo, do 28 ao 31 de xullo, terá lugar na Aula AMTIC a derradeira formación ofertada para menores pola Aula AMTIC neste mes estival, Creación de contido audiovisual. Neste curso, os nenos e nenas poderán introducirse no mundo do vídeo e audio, aprendendo a contar historias a través do uso de imaxes, sons e gravacións sinxelas, dunha forma lúdica empregando aplicacións básicas do audiovisual. Deste xeito, poderán desenvolver habilidades como a creatividade e expresión, a comunicación e compartir as súas ideas a través de formatos dixitais.
A inscrición en calquera destes cursos pode realizarse chamando ao número de teléfono 674 59 48 43 (de luns a venres de 09.30 a 14.00), enviando ao enderezo informatica.milladoiro@gmail.com a solicitude de inscrición cuberta e asinada ou presencialmente na aula AMTIC do Milladoiro en horario de aula aberta (De luns a venres de 09.00 a 13.00 horas). Pódese descargar a ficha de inscrición para as actividades da Aula AMTIC.

Últimos números da nosa edición impresa

Shelf Wood

Outras novas populares

BoBots gaña o premio do público en Odisea Indie
Actualidade VIDEOXOGOS
4 Min de Lectura
Carlos J. Escudero: “Podemos ser mellores profesionais coas ferramentas IA, sempre que as utilicemos para reforzar as nosas capacidades e non como unha escusa para deixar de aprender”
Actualidade
13 Min de Lectura
A Semana Europea da Robótica pecha en Santiago cunha mañá profesional e unha feira aberta ás familias
Actualidade
6 Min de Lectura
Novo número da nosa edición impresa
Actualidade
2 Min de Lectura
Compartir Este Artigo
Facebook Whatsapp Whatsapp Copiar Ligazón Imprimir
- PÁXINA WEB HOSPEDADA EN -
Ad imageAd image
-PUBLICIDADE-
De fronte á violencia de xénero
-PUBLICIDADE-
PEL 2027

Revista en papel


Ad imageAd image

Feed RSS: ACTUALIDADE DA AMTEGA ACTUALIDADE DA AMTEGA

  • As persoas que coordinan as 93 aulas CeMIT de Galicia celebran o seu encontro anual na Cidade da Cultura
  • A intelixencia artificial é a tecnoloxía avanzada que máis medra no tecido empresarial galego no último ano
  • Inauguración Laboratorio e Centro Demostrador de Ciberseguridade Industrial de Galicia
  • Laboratorio e Centro Demostrador en Ciberseguridade Industrial

Subscríbete ao noso boletín

Recibe de balde por correo electrónico as novas novas.







banner							
banner
Lenos en Magzter
Os contidos da nosa edición impresa poden lerse comodamente a través da aplicación de Magzter para iOS e Android.
Ir a Magzter
Ad imageAd image

Outras novas de interese

apple_park_visitor_center_explore_03.jpg
Actualidade

OpenAI contrademanda a Apple

27/11/2026
Actualidade

As XVI Xornadas Achégate á Igualdade de Ames puxeron o foco na machosfera e nas plataformas dixitais

27/11/2026
Actualidade

Maldita.es denuncia unha rede de páxinas de Facebook que difunden desinformación política en campaña electoral

27/11/2026
Actualidade

A Universidade de Vigo dá o salto ao voto electrónico

27/11/2026

CÓDIGO CERO

Código Cero, diario de novas tecnolóxicas de Galicia, é unha publicación en galego sobre TIC nacida en formato dixital o 25 de xullo de 2001, que comezou a editarse tamén en formato impreso en decembro do mesmo ano.

- PÁXINA WEB HOSPEDADA EN -
Ad imageAd image

 

PREMIOS

   
   

Grupo Código Cero Comunicación, S.L.

Rúa das Hedras 4 1 M
(Pol. Novo Milladoiro)
15895 Ames - Milladoiro
981 53 02 68
redaccion@codigocero.com
Código CeroCódigo Cero
Síguenos
© Grupo Código Cero Comunicación, S.L. – Política de privacidade
Banner de cookies RXPD

Utilizamos cookies para ofrecerche a mellor experiencia na nosa web.

Podes aprender máis sobre que cookies utilizamos na nosa política de cookies ou desactivalas nos axustes.

Welcome Back!

Sign in to your account

Nome de usuario ou Enderezo de Correo
Contrasinal

Perdiches o teu contrasinal?