Código CeroCódigo CeroCódigo Cero
  • NOVAS
    • Actualidade
    • Electrónica de consumo
    • Eventos
    • Intelixencia artificial
    • I+D+i
    • Audiovisual
    • Software libre
    • Telefonía
  • TREBELLOS
  • VIDEOXOGOS
  • REVISTA EN PAPEL
Lendo: Omar Álvarez (CITIC), galardoado co premio PhD Award na conferencia EACWE 2025
Compartir
Código CeroCódigo Cero
Buscar
  • Novas
  • Trebellos
  • Videoxogos
  • Revista en papel
Actualidade

Omar Álvarez (CITIC), galardoado co premio PhD Award na conferencia EACWE 2025

S. P.
Publicado: 02/07/2025
2 Min de Lectura
Compartir
2 Min de Lectura

photo-from-omar-alvarez-768x576.jpgO investigador Omar Álvarez, adscrito ao Centro de Investigación en Tecnoloxías da Información e as Comunicacións (CITIC) da Universidade da Coruña, foi distinguido co PhD Award na 9ª edición da European-African Conference on Wind Engineering (EACWE 2025), celebrada recentemente en Trondheim, Noruega.
O recoñecemento foille concedido pola súa presentación titulada Extreme compression of URANS flow data, un traballo que forma parte da súa liña de investigación centrada en técnicas avanzadas de compresión e modelado de datos en enxeñería do vento. Esta contribución espertou interese na comunidade científica polo seu enfoque innovador e a súa aplicabilidade en simulacións de dinámica de fluídos.
Ademais, esta presentación está relacionada co artigo científico Signed distance function–biased flow importance sampling for implicit neural compression of flow fields, que o investigador publicou recentemente na revista Computer‐Aided Civil and Infrastructure Engineering xunto a Miguel Cid Montoya, consolidando así a súa proxección internacional no ámbito da enxeñería computacional e a aprendizaxe automática aplicada.
Neste artigo proponse unha solución para xestionar de forma eficiente os grandes volumes de datos que se xeran nos procesos de simulación avanzada de dinámica de fluídos, que afecta especialmente a sectores como a enxeñería civil, aeroespacial ou automotriz.
Grazas a un método de mostraxe chamado BiFIS (Signed Distance Function-biased Flow Importance Sampling), unha técnica baseada en funcións de distancia con signo, lograron reducir drasticamente o tamaño dos arquivos sen que a precisión da información se vexa afectada. Utilizaron representacións neuronais implícitas, que permiten comprimir os datos en imaxes máis pequenas e fáciles de manexar.
Esta proposta facilita o almacenamento e a visualización en tempo real de simulacións complexas, ademais de mellorar a eficiencia dos modelos preditivos baseados en imaxes.

Últimos números da nosa edición impresa

Shelf Wood

Outras novas populares

BoBots gaña o premio do público en Odisea Indie
Actualidade VIDEOXOGOS
4 Min de Lectura
Carlos J. Escudero: “Podemos ser mellores profesionais coas ferramentas IA, sempre que as utilicemos para reforzar as nosas capacidades e non como unha escusa para deixar de aprender”
Actualidade
13 Min de Lectura
A Semana Europea da Robótica pecha en Santiago cunha mañá profesional e unha feira aberta ás familias
Actualidade
6 Min de Lectura
Novo número da nosa edición impresa
Actualidade
2 Min de Lectura
Compartir Este Artigo
Facebook Whatsapp Whatsapp Copiar Ligazón Imprimir
- PÁXINA WEB HOSPEDADA EN -
Ad imageAd image
-PUBLICIDADE-
De fronte á violencia de xénero
-PUBLICIDADE-
PEL 2027

Revista en papel


Ad imageAd image

Feed RSS: ACTUALIDADE DA AMTEGA ACTUALIDADE DA AMTEGA

  • As persoas que coordinan as 93 aulas CeMIT de Galicia celebran o seu encontro anual na Cidade da Cultura
  • A intelixencia artificial é a tecnoloxía avanzada que máis medra no tecido empresarial galego no último ano
  • Inauguración Laboratorio e Centro Demostrador de Ciberseguridade Industrial de Galicia
  • Laboratorio e Centro Demostrador en Ciberseguridade Industrial

Subscríbete ao noso boletín

Recibe de balde por correo electrónico as novas novas.







banner							
banner
Lenos en Magzter
Os contidos da nosa edición impresa poden lerse comodamente a través da aplicación de Magzter para iOS e Android.
Ir a Magzter
Ad imageAd image

Outras novas de interese

apple_park_visitor_center_explore_03.jpg
Actualidade

OpenAI contrademanda a Apple

27/11/2026
Actualidade

As XVI Xornadas Achégate á Igualdade de Ames puxeron o foco na machosfera e nas plataformas dixitais

27/11/2026
Actualidade

Maldita.es denuncia unha rede de páxinas de Facebook que difunden desinformación política en campaña electoral

27/11/2026
Actualidade

A Universidade de Vigo dá o salto ao voto electrónico

27/11/2026

CÓDIGO CERO

Código Cero, diario de novas tecnolóxicas de Galicia, é unha publicación en galego sobre TIC nacida en formato dixital o 25 de xullo de 2001, que comezou a editarse tamén en formato impreso en decembro do mesmo ano.

- PÁXINA WEB HOSPEDADA EN -
Ad imageAd image

 

PREMIOS

   
   

Grupo Código Cero Comunicación, S.L.

Rúa das Hedras 4 1 M
(Pol. Novo Milladoiro)
15895 Ames - Milladoiro
981 53 02 68
redaccion@codigocero.com
Código CeroCódigo Cero
Síguenos
© Grupo Código Cero Comunicación, S.L. – Política de privacidade
Banner de cookies RXPD

Utilizamos cookies para ofrecerche a mellor experiencia na nosa web.

Podes aprender máis sobre que cookies utilizamos na nosa política de cookies ou desactivalas nos axustes.

Welcome Back!

Sign in to your account

Nome de usuario ou Enderezo de Correo
Contrasinal

Perdiches o teu contrasinal?