Código CeroCódigo CeroCódigo Cero
  • NOVAS
    • Actualidade
    • Electrónica de consumo
    • Eventos
    • Intelixencia artificial
    • I+D+i
    • Audiovisual
    • Software libre
    • Telefonía
  • TREBELLOS
  • VIDEOXOGOS
  • REVISTA EN PAPEL
Lendo: Cristina Blanco, Verónica Bolón e Beatriz Pelaz reciben o Premio Nacional de Investigación para Mocidade 2024
Compartir
Código CeroCódigo Cero
Buscar
  • Novas
  • Trebellos
  • Videoxogos
  • Revista en papel
Actualidade

Cristina Blanco, Verónica Bolón e Beatriz Pelaz reciben o Premio Nacional de Investigación para Mocidade 2024

S. P.
Publicado: 03/07/2025
3 Min de Lectura
Compartir
3 Min de Lectura

20250703_premios_investigacion.jpgMadrid acolleu este 3 de xullo o acto de entrega dos Premios Nacionais de Investigación e Premios Nacionais de Investigación para Mozos 2024 presidido polo Rei Felipe VI. Na gala foron recoñecidas Cristina Blanco, Premio Nacional de Investigación María Moliner na área de Humanidades; Verónica Bolón, Premio Nacional de Investigación María Andresa Casamayor na área de Matemáticas e Tecnoloxías da Información e as Comunicacións, e Beatriz Pelaz, o Premio Nacional de Investigación Felisa Martín Bravo na área de Ciencias Físicas, dos Materiais e da Terra. No acto participaron a directora da Axencia Galega de Innovación (GAIN), Carmen Cotelo, e os reitores da UDC e a USC, Ricardo Cao e Antonio López.
Cotelo destacou o talento excelente co que conta Galicia no eido da investigación, que nunca antes tivo tantas persoas dedicadas á I+D nin tantas mulleres, “un dato que demostra que en Galicia aproveitamos o talento e avanzamos en superar a fenda de xénero”.
As premiadas
Cristina Blanco, investigadora distinguida sénior na Facultade de Socioloxía da Universidade da Coruña, mereceu o recoñecemento María Moliner na área de Humanidades pola súa excelente carreira científica en Historia Contemporánea, a súa destacada traxectoria no ámbito internacional e os seus recoñecidos estudos sobre o proceso de integración europeo.
Pola súa banda, Verónica Bolón, profesora titular da Universidade da Coruña no Departamento de Ciencias da Computación e Tecnoloxías da Información e investigadora no CITIC, foi recoñecida co Premio Nacional de Investigación María Andresa Casamayor. Neste caso, o xurado destacou “o seu excelente traballo en múltiples áreas da aprendizaxe automática, en concreto na investigación para a promoción da sustentabilidade da Intelixencia Artificial, usando os seus algoritmos para a diagnose de enfermidades ou a detección de vertidos no océano”.
Por último, Beatriz Pelaz, investigadora Oportunius no CiQUS da Universidade de Santiago de Compostela, recibe o Premio Nacional de Investigación Felisa Martín Bravo na área de Ciencias Físicas, dos Materiais e da Terra pola excelencia e calidade do seu traballo con marcado recoñecemento internacional e o seu liderado e independencia científica no eido dos nanomateriais avanzados con aplicacións terapéuticas. O xurado destacou na súa investigación “o control das propiedades fisicoquímicas dos materiais para determinar o seu comportamento biolóxico e o desenvolvemento dunha nova tecnoloxía para a modificación da superficie de nanopartículas mediante o uso de origamis de ADN”.

Últimos números da nosa edición impresa

Shelf Wood

Outras novas populares

BoBots gaña o premio do público en Odisea Indie
Actualidade VIDEOXOGOS
4 Min de Lectura
Carlos J. Escudero: “Podemos ser mellores profesionais coas ferramentas IA, sempre que as utilicemos para reforzar as nosas capacidades e non como unha escusa para deixar de aprender”
Actualidade
13 Min de Lectura
A Semana Europea da Robótica pecha en Santiago cunha mañá profesional e unha feira aberta ás familias
Actualidade
6 Min de Lectura
Novo número da nosa edición impresa
Actualidade
2 Min de Lectura
Compartir Este Artigo
Facebook Whatsapp Whatsapp Copiar Ligazón Imprimir
- PÁXINA WEB HOSPEDADA EN -
Ad imageAd image
-PUBLICIDADE-
De fronte á violencia de xénero
-PUBLICIDADE-
PEL 2027

Revista en papel


Ad imageAd image

Feed RSS: ACTUALIDADE DA AMTEGA ACTUALIDADE DA AMTEGA

  • As persoas que coordinan as 93 aulas CeMIT de Galicia celebran o seu encontro anual na Cidade da Cultura
  • A intelixencia artificial é a tecnoloxía avanzada que máis medra no tecido empresarial galego no último ano
  • Inauguración Laboratorio e Centro Demostrador de Ciberseguridade Industrial de Galicia
  • Laboratorio e Centro Demostrador en Ciberseguridade Industrial

Subscríbete ao noso boletín

Recibe de balde por correo electrónico as novas novas.







banner							
banner
Lenos en Magzter
Os contidos da nosa edición impresa poden lerse comodamente a través da aplicación de Magzter para iOS e Android.
Ir a Magzter
Ad imageAd image

Outras novas de interese

apple_park_visitor_center_explore_03.jpg
Actualidade

OpenAI contrademanda a Apple

27/11/2026
Actualidade

As XVI Xornadas Achégate á Igualdade de Ames puxeron o foco na machosfera e nas plataformas dixitais

27/11/2026
Actualidade

Maldita.es denuncia unha rede de páxinas de Facebook que difunden desinformación política en campaña electoral

27/11/2026
Actualidade

A Universidade de Vigo dá o salto ao voto electrónico

27/11/2026

CÓDIGO CERO

Código Cero, diario de novas tecnolóxicas de Galicia, é unha publicación en galego sobre TIC nacida en formato dixital o 25 de xullo de 2001, que comezou a editarse tamén en formato impreso en decembro do mesmo ano.

- PÁXINA WEB HOSPEDADA EN -
Ad imageAd image

 

PREMIOS

   
   

Grupo Código Cero Comunicación, S.L.

Rúa das Hedras 4 1 M
(Pol. Novo Milladoiro)
15895 Ames - Milladoiro
981 53 02 68
redaccion@codigocero.com
Código CeroCódigo Cero
Síguenos
© Grupo Código Cero Comunicación, S.L. – Política de privacidade
Banner de cookies RXPD

Utilizamos cookies para ofrecerche a mellor experiencia na nosa web.

Podes aprender máis sobre que cookies utilizamos na nosa política de cookies ou desactivalas nos axustes.

Welcome Back!

Sign in to your account

Nome de usuario ou Enderezo de Correo
Contrasinal

Perdiches o teu contrasinal?