Código CeroCódigo CeroCódigo Cero
  • NOVAS
    • Actualidade
    • Electrónica de consumo
    • Eventos
    • Intelixencia artificial
    • I+D+i
    • Audiovisual
    • Software libre
    • Telefonía
  • TREBELLOS
  • VIDEOXOGOS
  • REVISTA EN PAPEL
Lendo: TwinBro traballa na aplicación de xemelgos dixitais e IA nas granxas
Compartir
Código CeroCódigo Cero
Buscar
  • Novas
  • Trebellos
  • Videoxogos
  • Revista en papel
Actualidade

TwinBro traballa na aplicación de xemelgos dixitais e IA nas granxas

S. P.
Publicado: 03/07/2025
4 Min de Lectura
Compartir
4 Min de Lectura

twinbro_granxas1.jpgO Campus de Ourense acolleu este xoves 3 de xullo a celebración da xornada Campos conectados: o futuro dixital da gandaría. O evento forma parte das actividades do proxecto TwinBro que, con financiamento estatal, desenvolve o grupo de investigación da Universidade de Vigo LIA2 (Laboratorio de Informática Aplicada) e as empresas TripleAlpha e Imasde Agroalimentaria. O obxectivo desta iniciativa público-privada é avanzar cara a gandaría intelixente mediante a integración nela das últimas tecnoloxías.
TwinBro é un proxecto que ten como obxectivo global o deseño, desenvolvemento e integración dunha arquitectura software innovadora de control e xestión de granxas avícolas baseada en xemelgos dixitais e con aplicación na cría de polos de engorde. Componse dunha granxa física no espazo real, unha representación dixital desa granxa no espazo virtual e a sincronización entre o espazo virtual e o real para transferir datos e información mediante tecnoloxías IoT (Internet das Cousas). “Isto habilita a unha xestión remota das explotacións gandeiras e mellora a eficiencia das operacións avícolas a través de datos dixitais recompilados en tempo real”, sinalan desde o proxecto, engadindo que o xemelgo dixital sobre o que se traballa está baseado nunha arquitectura de información habilitadora composta de tecnoloxías de IA, aprendizaxe automática, captura e transformación eficiente de datos masivos, simulación e sistemas de apoio á toma de decisións.
O proxecto está agora na súa fase final e o equipo de TwinBro prepárase para levar a cabo probas piloto en granxas avícolas de Imasde Agroalimentaria, líder en I+D para a industria agroalimentaria.
A ferramenta deseñada, comentan desde o proxecto, “busca mellorar tanto a produtividade como o benestar animal ao facilitar intervencións remotas e unha toma de decisións con maior información”. Para o seu desenvolvemento, subliñan, “a colaboración público-privada é fundamental”.
uvigo_campus_ourense_twinbro_granxas2.jpg Dentro deste proxecto e da citada xornada Campos conectados: o futuro dixital da gandaría, os seus socios reuníronse este xoves na Escola Superior de Enxeñaría Informática do Campus, onde ten a súa sede o grupo de investigación LIA2 que participa en TwinBro. A actividade contou coa participación de Emilio López, investigador da Universidad Rey Juan Carlos e docente da Universidad de Castilla-La Mancha, “recoñecido estatístico e experto no software R, que compartiu o seu coñecemento sobre análise de datos e a súa relevancia para a innovación tecnolóxica na gandaría”.
Ademais, Patricia Vázquez, xestora de equipo de proxectos de Imasde Agroalimentaria e coordinadora de TwinBro, falou de investigación e innovación en produción animal; Iago Portela, de TripleAlpha (empresa tecnolóxica especializada en analítica de datos aplicada ao ámbito de produción e operacións), da extracción de valor dos datos no sector avícola; e Francisco Javier Rodríguez, responsable da participación da UVigo no proxecto, de xemelgos dixitais no ámbito agropecuario. A programación rematou cunha mesa redonda entre especialistas e asistentes que contou tamén coa participación de Óscar Casabuena, responsable do departamento de probas experimentais en Imasde Agroalimentaria e especialista na validación en granxa dos sistemas de captura de datos desenvolvidos ad hoc para as granxas de estudo.

Últimos números da nosa edición impresa

Shelf Wood

Outras novas populares

BoBots gaña o premio do público en Odisea Indie
Actualidade VIDEOXOGOS
4 Min de Lectura
Carlos J. Escudero: “Podemos ser mellores profesionais coas ferramentas IA, sempre que as utilicemos para reforzar as nosas capacidades e non como unha escusa para deixar de aprender”
Actualidade
13 Min de Lectura
A Semana Europea da Robótica pecha en Santiago cunha mañá profesional e unha feira aberta ás familias
Actualidade
6 Min de Lectura
Novo número da nosa edición impresa
Actualidade
2 Min de Lectura
Compartir Este Artigo
Facebook Whatsapp Whatsapp Copiar Ligazón Imprimir
- PÁXINA WEB HOSPEDADA EN -
Ad imageAd image
-PUBLICIDADE-
De fronte á violencia de xénero
-PUBLICIDADE-
PEL 2027

Revista en papel


Ad imageAd image

Feed RSS: ACTUALIDADE DA AMTEGA ACTUALIDADE DA AMTEGA

  • As persoas que coordinan as 93 aulas CeMIT de Galicia celebran o seu encontro anual na Cidade da Cultura
  • A intelixencia artificial é a tecnoloxía avanzada que máis medra no tecido empresarial galego no último ano
  • Inauguración Laboratorio e Centro Demostrador de Ciberseguridade Industrial de Galicia
  • Laboratorio e Centro Demostrador en Ciberseguridade Industrial

Subscríbete ao noso boletín

Recibe de balde por correo electrónico as novas novas.







banner							
banner
Lenos en Magzter
Os contidos da nosa edición impresa poden lerse comodamente a través da aplicación de Magzter para iOS e Android.
Ir a Magzter
Ad imageAd image

Outras novas de interese

apple_park_visitor_center_explore_03.jpg
Actualidade

OpenAI contrademanda a Apple

27/11/2026
Actualidade

As XVI Xornadas Achégate á Igualdade de Ames puxeron o foco na machosfera e nas plataformas dixitais

27/11/2026
Actualidade

Maldita.es denuncia unha rede de páxinas de Facebook que difunden desinformación política en campaña electoral

27/11/2026
Actualidade

A Universidade de Vigo dá o salto ao voto electrónico

27/11/2026

CÓDIGO CERO

Código Cero, diario de novas tecnolóxicas de Galicia, é unha publicación en galego sobre TIC nacida en formato dixital o 25 de xullo de 2001, que comezou a editarse tamén en formato impreso en decembro do mesmo ano.

- PÁXINA WEB HOSPEDADA EN -
Ad imageAd image

 

PREMIOS

   
   

Grupo Código Cero Comunicación, S.L.

Rúa das Hedras 4 1 M
(Pol. Novo Milladoiro)
15895 Ames - Milladoiro
981 53 02 68
redaccion@codigocero.com
Código CeroCódigo Cero
Síguenos
© Grupo Código Cero Comunicación, S.L. – Política de privacidade
Banner de cookies RXPD

Utilizamos cookies para ofrecerche a mellor experiencia na nosa web.

Podes aprender máis sobre que cookies utilizamos na nosa política de cookies ou desactivalas nos axustes.

Welcome Back!

Sign in to your account

Nome de usuario ou Enderezo de Correo
Contrasinal

Perdiches o teu contrasinal?