Código CeroCódigo CeroCódigo Cero
  • NOVAS
    • Actualidade
    • Electrónica de consumo
    • Eventos
    • Intelixencia artificial
    • I+D+i
    • Audiovisual
    • Software libre
    • Telefonía
  • TREBELLOS
  • VIDEOXOGOS
  • REVISTA EN PAPEL
Lendo: A plataforma GaliciaLe xa conta con máis de 16.700 títulos
Compartir
Código CeroCódigo Cero
Buscar
  • Novas
  • Trebellos
  • Videoxogos
  • Revista en papel
Actualidade

A plataforma GaliciaLe xa conta con máis de 16.700 títulos

S. P.
Publicado: 04/07/2025
3 Min de Lectura
Compartir
3 Min de Lectura

galiciale-4.jpgA Xunta de Galicia conta cun total de 16.736 títulos en GaliciaLe, a plataforma de préstamo de libros, revistas, audiolibros e películas en formato electrónico das bibliotecas públicas galegas. Así, desde comezos deste ano ata a data actual adquiríronse 996 novos títulos e 4.378 novas licenzas. No balance achegado pola Consellería de Cultura faise saber tamén que no devandito período realizáronse a través deste sistema, posto en marcha para facilitar o acceso da cidadanía á cultura mediante as tecnoloxías, 124.496 préstamos.
Son datos que deu a coñecer este venres 4 de xullo a Consellería de Cultura, Lingua e Xuventude con motivo do Día Electrónico. No informe saliéntase tamén que no que vai de 2025 os préstamos do catálogo en galego aumentaron un 17% con respecto ao 2024, mentres que na comparativa entre o 2023 e o 2024 o incremento foi dun 31%. No caso do catálogo en castelán, a porcentaxe subiu un 19% e un 31%, respectivamente.
Ademais, os usuarios activos da plataforma mantéñense este ano por riba dos dous anos anteriores, situándose nunha media de 6.000 persoas ao mes polas 5.000 e 4.000 que se rexistraron en 2024 e 2023.
Así mesmo, a través de GaliciaLe +, destinada a usuarios de fóra da Comunidade, realízanse préstamos en países de América, encabezados por Arxentina e Brasil, en Europa, cos Países Baixos á cabeza, e no resto de España, onde os usuarios máis interesados na plataforma proceden de Madrid.
Con respecto á colección, o Goberno galego destacou que está a investir 172.000€ neste 2025 para renovacións e novidades nos catálogos da plataforma, dos que 160.000€ están destinados ao libro electrónico e audiolibros e 12.000€ ao audiovisual galego. Así, actualmente, a composición do fondo, por formatos, conta con 14.955 libros electrónicos, 38 revistas, 523 películas e 1.220 audiolibros.
No informe saliéntase que en 2024 publicáronse 564 títulos en formato electrónico por parte das editoras privadas galegas e comercializáronse 6.952 títulos.
Ademais, convertéronse en audiolibros un total 14 obras comerciais e mantívose o compromiso coa contratación directa de produción de audiolibros de obras clásicas da literatura galega “polo seu valor cultural”. O ano pasado engadíronse 9 títulos e nos vindeiros meses está prevista a encarga da produción de 5 títulos máis e de 11 obras gañadoras do Premio Nortear de literatura entre o 2016 e o 2024.

Últimos números da nosa edición impresa

Shelf Wood

Outras novas populares

BoBots gaña o premio do público en Odisea Indie
Actualidade VIDEOXOGOS
4 Min de Lectura
Carlos J. Escudero: “Podemos ser mellores profesionais coas ferramentas IA, sempre que as utilicemos para reforzar as nosas capacidades e non como unha escusa para deixar de aprender”
Actualidade
13 Min de Lectura
A Semana Europea da Robótica pecha en Santiago cunha mañá profesional e unha feira aberta ás familias
Actualidade
6 Min de Lectura
Novo número da nosa edición impresa
Actualidade
2 Min de Lectura
Compartir Este Artigo
Facebook Whatsapp Whatsapp Copiar Ligazón Imprimir
- PÁXINA WEB HOSPEDADA EN -
Ad imageAd image
-PUBLICIDADE-
De fronte á violencia de xénero
-PUBLICIDADE-
PEL 2027

Revista en papel


Ad imageAd image

Feed RSS: ACTUALIDADE DA AMTEGA ACTUALIDADE DA AMTEGA

  • As persoas que coordinan as 93 aulas CeMIT de Galicia celebran o seu encontro anual na Cidade da Cultura
  • A intelixencia artificial é a tecnoloxía avanzada que máis medra no tecido empresarial galego no último ano
  • Inauguración Laboratorio e Centro Demostrador de Ciberseguridade Industrial de Galicia
  • Laboratorio e Centro Demostrador en Ciberseguridade Industrial

Subscríbete ao noso boletín

Recibe de balde por correo electrónico as novas novas.







banner							
banner
Lenos en Magzter
Os contidos da nosa edición impresa poden lerse comodamente a través da aplicación de Magzter para iOS e Android.
Ir a Magzter
Ad imageAd image

Outras novas de interese

apple_park_visitor_center_explore_03.jpg
Actualidade

OpenAI contrademanda a Apple

27/11/2026
Actualidade

As XVI Xornadas Achégate á Igualdade de Ames puxeron o foco na machosfera e nas plataformas dixitais

27/11/2026
Actualidade

Maldita.es denuncia unha rede de páxinas de Facebook que difunden desinformación política en campaña electoral

27/11/2026
Actualidade

A Universidade de Vigo dá o salto ao voto electrónico

27/11/2026

CÓDIGO CERO

Código Cero, diario de novas tecnolóxicas de Galicia, é unha publicación en galego sobre TIC nacida en formato dixital o 25 de xullo de 2001, que comezou a editarse tamén en formato impreso en decembro do mesmo ano.

- PÁXINA WEB HOSPEDADA EN -
Ad imageAd image

 

PREMIOS

   
   

Grupo Código Cero Comunicación, S.L.

Rúa das Hedras 4 1 M
(Pol. Novo Milladoiro)
15895 Ames - Milladoiro
981 53 02 68
redaccion@codigocero.com
Código CeroCódigo Cero
Síguenos
© Grupo Código Cero Comunicación, S.L. – Política de privacidade
Banner de cookies RXPD

Utilizamos cookies para ofrecerche a mellor experiencia na nosa web.

Podes aprender máis sobre que cookies utilizamos na nosa política de cookies ou desactivalas nos axustes.

Welcome Back!

Sign in to your account

Nome de usuario ou Enderezo de Correo
Contrasinal

Perdiches o teu contrasinal?