Código CeroCódigo CeroCódigo Cero
  • NOVAS
    • Actualidade
    • Electrónica de consumo
    • Eventos
    • Intelixencia artificial
    • I+D+i
    • Audiovisual
    • Software libre
    • Telefonía
  • TREBELLOS
  • VIDEOXOGOS
  • REVISTA EN PAPEL
Lendo: Aprobado o expediente de contratación da tecnoloxía de realidade virtual do Corpus Christi de Ponteareas
Compartir
Código CeroCódigo Cero
Buscar
  • Novas
  • Trebellos
  • Videoxogos
  • Revista en papel
Actualidade

Aprobado o expediente de contratación da tecnoloxía de realidade virtual do Corpus Christi de Ponteareas

S. P.
Publicado: 04/07/2025
3 Min de Lectura
Compartir
3 Min de Lectura

deputacion_pontevedra_20250704_xunta_rafaestevez_01.jpgO Goberno da Deputación de Pontevedra aprobou este venres 4 de xullo o expediente de contratación para levar a cabo un produto de realidade virtual e un museo ao aire libre arredor da festa do Corpus Christi de Ponteareas. Dotado de preto de 170.000 euros, trátase dunha iniciativa que “busca promover o crecemento equilibrado e sostible do turismo da provincia, impulsando a modernización e a dixitalización dun sector de gran relevancia para a economía pontevedresa”, salientou o presidente provincial, Luis López.
O titular da Deputación lembrou que hai unhas semanas a entidade deu luz verde ao convenio con Ponteareas para a posta en marcha desta acción, polo que “seguimos dando pasos para que por fin a cidadanía poida gozar canto antes desta pioneira ferramenta dixital arredor deste grande acontecemento”, salientou López, que tamén fixo saber que o proxecto está enmarcado no Plan de Sostibilidade Turística do Condado-Paradanta. Unha terra entre ríos, dotado de 1,5 millóns de euros e financiado con fondos Next Generation da Unión Europea.
Esta iniciativa consistirá na implantación e mantemento dunha plataforma museográfica virtual para poñer en valor como recurso turístico a festa do Corpus Christi de Ponteareas, e completarase coa creación e instalación de elementos para a divulgación e interpretación da festa, declarada de Interese Turístico Internacional. O proxecto permitirá reforzar a interpretación do Corpus Christi, apoiar e poñer en valor o oficio das persoas alfombristas realizando un traballo de documentación e inventario fotográfico das alfombras florais e do seu proceso de creación, ademais de impulsar a desestacionalización da demanda turística e o incremento da sostibilidade do destino.
Crearase un portal web que permitirá amosar a historia e orixe da festa, con experiencias a través dun percorrido polas rúas de Ponteareas que amosará as alfombras e os traballos previos para a súa confección. Amais, dixitalizaranse, xeraranse e incorporaranse contidos audiovisuais relacionados co Corpus Christi e instalaranse tótems interactivos no percorrido no que habitualmente se sitúan as alfombras para poder coñecer estes elementos en calquera momento do ano.

Últimos números da nosa edición impresa

Shelf Wood

Outras novas populares

BoBots gaña o premio do público en Odisea Indie
Actualidade VIDEOXOGOS
4 Min de Lectura
Carlos J. Escudero: “Podemos ser mellores profesionais coas ferramentas IA, sempre que as utilicemos para reforzar as nosas capacidades e non como unha escusa para deixar de aprender”
Actualidade
13 Min de Lectura
A Semana Europea da Robótica pecha en Santiago cunha mañá profesional e unha feira aberta ás familias
Actualidade
6 Min de Lectura
Novo número da nosa edición impresa
Actualidade
2 Min de Lectura
Compartir Este Artigo
Facebook Whatsapp Whatsapp Copiar Ligazón Imprimir
- PÁXINA WEB HOSPEDADA EN -
Ad imageAd image
-PUBLICIDADE-
De fronte á violencia de xénero
-PUBLICIDADE-
PEL 2027

Revista en papel


Ad imageAd image

Feed RSS: ACTUALIDADE DA AMTEGA ACTUALIDADE DA AMTEGA

  • As persoas que coordinan as 93 aulas CeMIT de Galicia celebran o seu encontro anual na Cidade da Cultura
  • A intelixencia artificial é a tecnoloxía avanzada que máis medra no tecido empresarial galego no último ano
  • Inauguración Laboratorio e Centro Demostrador de Ciberseguridade Industrial de Galicia
  • Laboratorio e Centro Demostrador en Ciberseguridade Industrial

Subscríbete ao noso boletín

Recibe de balde por correo electrónico as novas novas.







banner							
banner
Lenos en Magzter
Os contidos da nosa edición impresa poden lerse comodamente a través da aplicación de Magzter para iOS e Android.
Ir a Magzter
Ad imageAd image

Outras novas de interese

apple_park_visitor_center_explore_03.jpg
Actualidade

OpenAI contrademanda a Apple

27/11/2026
Actualidade

As XVI Xornadas Achégate á Igualdade de Ames puxeron o foco na machosfera e nas plataformas dixitais

27/11/2026
Actualidade

Maldita.es denuncia unha rede de páxinas de Facebook que difunden desinformación política en campaña electoral

27/11/2026
Actualidade

A Universidade de Vigo dá o salto ao voto electrónico

27/11/2026

CÓDIGO CERO

Código Cero, diario de novas tecnolóxicas de Galicia, é unha publicación en galego sobre TIC nacida en formato dixital o 25 de xullo de 2001, que comezou a editarse tamén en formato impreso en decembro do mesmo ano.

- PÁXINA WEB HOSPEDADA EN -
Ad imageAd image

 

PREMIOS

   
   

Grupo Código Cero Comunicación, S.L.

Rúa das Hedras 4 1 M
(Pol. Novo Milladoiro)
15895 Ames - Milladoiro
981 53 02 68
redaccion@codigocero.com
Código CeroCódigo Cero
Síguenos
© Grupo Código Cero Comunicación, S.L. – Política de privacidade
Banner de cookies RXPD

Utilizamos cookies para ofrecerche a mellor experiencia na nosa web.

Podes aprender máis sobre que cookies utilizamos na nosa política de cookies ou desactivalas nos axustes.

Welcome Back!

Sign in to your account

Nome de usuario ou Enderezo de Correo
Contrasinal

Perdiches o teu contrasinal?