Código CeroCódigo CeroCódigo Cero
  • NOVAS
    • Actualidade
    • Electrónica de consumo
    • Eventos
    • Intelixencia artificial
    • I+D+i
    • Audiovisual
    • Software libre
    • Telefonía
  • TREBELLOS
  • VIDEOXOGOS
  • REVISTA EN PAPEL
Lendo: A Deputación da Coruña presenta a páxina web de Os Fogóns do Anllóns
Compartir
Código CeroCódigo Cero
Buscar
  • Novas
  • Trebellos
  • Videoxogos
  • Revista en papel
Actualidade

A Deputación da Coruña presenta a páxina web de Os Fogóns do Anllóns

S. P.
Publicado: 07/07/2025
3 Min de Lectura
Compartir
3 Min de Lectura

os_fogons_de_anllos_deputacion.jpgO vicepresidente da Deputación da Coruña, Xosé Regueira, presentou en Espazo Nature o espazo web de Os Fogóns do Anllons, unha nova plataforma dixital para visibilizar e reivindicar produtos turísticos, gastronómicos, culturais e hostaleiros do territorio polo que conflúe o río Anllóns na comarca de Bergantiños, poñendo o foco na sostibilidade, a autenticidade e o desenvolvemento local. Trátase de produtos que se poden reservar durante todo o ano, e que inclúe rutas mariñeiras, estadías rurais ou visitas a produtores locais.
Regueira destacou a importancia de que o turismo “xere negocio” e, tal e como explicou, “iso pasa por crear produtos de calidade como este”, nun acto no que o acompañaron representantes dos concellos implicados no Plan (Coristanco, A Laracha, Cabana de Bergantiños, Carballo e Ponteceso) e do sector empresarial da comarca.
O vicepresidente tamén puxo en valor a colaboración público – privada deste plan, “fundamental para continuar avanzando nun turismo de calidade e rendible”.
O turismo, dixo, “non é so unha foto bonita; o turismo é un negocio que se materializa ofrecendo un paquete, unha experiencia turística nun perfil onde a xente merca, como é este portal que hoxe presentamos”.
Os Fogóns do Anllóns pon en valor a riqueza gastronómica do territorio a través de produtos cun forte arraigamento local, como o berberecho do Anllóns, o percebe do Roncudo, o pan de Carballo ou as patacas de Coristanco. A esta oferta súmanse as paisaxes, o patrimonio etnográfico e a cultura mariñeira dos municipios que integran a zona.
As experiencias foron deseñadas tras unha análise previa do territorio e un proceso de participación social con empresas locais, as cales achegaron o seu coñecemento e experiencias, adaptándose aos novos hábitos de consumo do visitante e contribuíndo a diversificar a oferta turística.
A nova plataforma facilita a reserva directa, permitindo ao turista planificar estadías máis longas e combinar distintas actividades en contacto coa contorna. Con iso, búscase captar un perfil de visitante que valore a calidade, a sostibilidade e a conexión coa comunidade local.

Últimos números da nosa edición impresa

Shelf Wood

Outras novas populares

BoBots gaña o premio do público en Odisea Indie
Actualidade VIDEOXOGOS
4 Min de Lectura
Carlos J. Escudero: “Podemos ser mellores profesionais coas ferramentas IA, sempre que as utilicemos para reforzar as nosas capacidades e non como unha escusa para deixar de aprender”
Actualidade
13 Min de Lectura
A Semana Europea da Robótica pecha en Santiago cunha mañá profesional e unha feira aberta ás familias
Actualidade
6 Min de Lectura
Novo número da nosa edición impresa
Actualidade
2 Min de Lectura
Compartir Este Artigo
Facebook Whatsapp Whatsapp Copiar Ligazón Imprimir
- PÁXINA WEB HOSPEDADA EN -
Ad imageAd image
-PUBLICIDADE-
De fronte á violencia de xénero
-PUBLICIDADE-
PEL 2027

Revista en papel


Ad imageAd image

Feed RSS: ACTUALIDADE DA AMTEGA ACTUALIDADE DA AMTEGA

  • As persoas que coordinan as 93 aulas CeMIT de Galicia celebran o seu encontro anual na Cidade da Cultura
  • A intelixencia artificial é a tecnoloxía avanzada que máis medra no tecido empresarial galego no último ano
  • Inauguración Laboratorio e Centro Demostrador de Ciberseguridade Industrial de Galicia
  • Laboratorio e Centro Demostrador en Ciberseguridade Industrial

Subscríbete ao noso boletín

Recibe de balde por correo electrónico as novas novas.







banner							
banner
Lenos en Magzter
Os contidos da nosa edición impresa poden lerse comodamente a través da aplicación de Magzter para iOS e Android.
Ir a Magzter
Ad imageAd image

Outras novas de interese

apple_park_visitor_center_explore_03.jpg
Actualidade

OpenAI contrademanda a Apple

27/11/2026
Actualidade

As XVI Xornadas Achégate á Igualdade de Ames puxeron o foco na machosfera e nas plataformas dixitais

27/11/2026
Actualidade

Maldita.es denuncia unha rede de páxinas de Facebook que difunden desinformación política en campaña electoral

27/11/2026
Actualidade

A Universidade de Vigo dá o salto ao voto electrónico

27/11/2026

CÓDIGO CERO

Código Cero, diario de novas tecnolóxicas de Galicia, é unha publicación en galego sobre TIC nacida en formato dixital o 25 de xullo de 2001, que comezou a editarse tamén en formato impreso en decembro do mesmo ano.

- PÁXINA WEB HOSPEDADA EN -
Ad imageAd image

 

PREMIOS

   
   

Grupo Código Cero Comunicación, S.L.

Rúa das Hedras 4 1 M
(Pol. Novo Milladoiro)
15895 Ames - Milladoiro
981 53 02 68
redaccion@codigocero.com
Código CeroCódigo Cero
Síguenos
© Grupo Código Cero Comunicación, S.L. – Política de privacidade
Banner de cookies RXPD

Utilizamos cookies para ofrecerche a mellor experiencia na nosa web.

Podes aprender máis sobre que cookies utilizamos na nosa política de cookies ou desactivalas nos axustes.

Welcome Back!

Sign in to your account

Nome de usuario ou Enderezo de Correo
Contrasinal

Perdiches o teu contrasinal?