Código CeroCódigo CeroCódigo Cero
  • NOVAS
    • Actualidade
    • Electrónica de consumo
    • Eventos
    • Intelixencia artificial
    • I+D+i
    • Audiovisual
    • Software libre
    • Telefonía
  • TREBELLOS
  • VIDEOXOGOS
  • REVISTA EN PAPEL
Lendo: A Deputación de Ourense avanza na instalación de preto de 20.000 contadores intelixentes de auga
Compartir
Código CeroCódigo Cero
Buscar
  • Novas
  • Trebellos
  • Videoxogos
  • Revista en papel
Actualidade

A Deputación de Ourense avanza na instalación de preto de 20.000 contadores intelixentes de auga

S. P.
Publicado: 07/07/2025
4 Min de Lectura
Compartir
4 Min de Lectura

deputacion_de_ourense_contadores_auga_con_telelectura_intelixentes.jpgA Deputación Ourense quere ser un referente na xestión tecnolóxica da auga a través do proxecto OU-intelixente, que permite aumentar a eficiencia dos servizos hidráulicos na provincia coa dixitalización dos mesmos. O programa, liderado pola Deputación, a través da empresa mixta AquaOurense (formada pola propia institución provincial e Viaqua), ten en marcha a instalación de máis de 63.000 contadores intelixentes en 74 concellos da provincia e conta cun investimento superior aos 7,5 millóns de euros.
O equipo de traballo actual acadou preto de 20.000 contadores instalados ao peche do primeiro semestre de 2025. O obxectivo é modernizar, dixitalizar e facer máis eficiente a xestión da auga na provincia.
Deste xeito, culmináronse o 100% das actuacións previstas nos concellos de O Bolo, Vilardevós, Larouco, Riós, Trasmiras, Entrimo e Castrelo do Val e avanzouse a bo ritmo nos municipios de A Gudiña, Cualedro, A Mezquita, Vilamartín de Valdeorras, O Barco, Oímbra, A Rúa, Laza, Sarreaus, Monterrei, Sandiás, Vilar de Barrio, Vilar de Santos, Rairiz da Veiga, Muíños e Lobeira (23 concellos en total).
A Deputación informou que nalgúns concellos, os traballos están a piques de rematar e que na gran maioría xa se completou, a lo menos, a metade das actuacións previstas. Neste sentido, os técnicos de AquaOurense percorreron dende 2022 centos de quilómetros á semana para preparar, instalar e analizar ata 818 actuacións previstas no PERTE OU-Intelixente.
Ademais, logrouse levar a cabo o 90% das contratacións dos subministros e servizos asociados ao proxecto, coa previsión de culminar a execución durante o primeiro semestre de 2026.
No marco desta renovación masiva do parque de contadores da provincia, un dos obxectivos é “liberar ás familias e aos pequenos municipios dun gasto que, en condicións normais, podería superar os 120 euros por vivenda”. Deste xeito, a instalación será sen custe para a veciñanza.
“Este cambio non só moderniza o sistema, tamén representa un aforro directo para os cidadáns, especialmente en zonas rurais onde os orzamentos municipais son moi axustados”, explica o presidente provincial, Luis Menor.
Por outra banda, Javier Bobe, director da área de Medio Ambiente da Deputación, engade que o obxectivo é que os 79 concellos adheridos ao proxecto OU-intelixente “non só podan beneficiarse da instalación dos contadores, senón que tamén conten coa dixitalización dos sistemas de abastecemento e depuración”.
“Alí onde se instalou un novo contador de auga con telelectura, o concello e os operadores poderán controlar o consumo diario ou detectar fugas ou usos anómalos”, indican dende AquaOurense. Trátase, di Víctor Comesaña, director de AquaOurense, de “impulsar solucións innovadoras, formar ao persoal técnico e fomentar novas iniciativas, co obxectivo claro de loitar contra o cambio climático e frear o despoboamento rural”.
OU-intelixente foi a segunda mellor proposta de España e a primeira de Galicia para dixitalizar a xestión do ciclo da auga na convocatoria dos Fondos Next Generation asociada ao PERTE de dixitalización da auga do Ministerio para a Transición Ecolóxica do Reto Demográfico (MITECO). Este logro supón contar con 7,75 millóns de euros para aplicar as últimas tecnoloxías ao tratamento e control dun recurso básico e estratéxico como é a auga, asumindo a Deputación o 42,52% do financiamento total (5,73 millóns de euros).
Entre os obxectivos concretos do proxecto tamén se inclúe a creación dun centro dixital para a xestión integral da operativa da auga; a implantación dun hub tecnolóxico onde integrar datos e realizar predicións grazas ao Big Data e Intelixencia Artificial, converténdoo, en palabras da Deputación, “nun lugar aberto á cidadanía e un espazo de co-creación co ecosistema emprendedor da provincia”.

Últimos números da nosa edición impresa

Shelf Wood

Outras novas populares

BoBots gaña o premio do público en Odisea Indie
Actualidade VIDEOXOGOS
4 Min de Lectura
Carlos J. Escudero: “Podemos ser mellores profesionais coas ferramentas IA, sempre que as utilicemos para reforzar as nosas capacidades e non como unha escusa para deixar de aprender”
Actualidade
13 Min de Lectura
A Semana Europea da Robótica pecha en Santiago cunha mañá profesional e unha feira aberta ás familias
Actualidade
6 Min de Lectura
Novo número da nosa edición impresa
Actualidade
2 Min de Lectura
Compartir Este Artigo
Facebook Whatsapp Whatsapp Copiar Ligazón Imprimir
- PÁXINA WEB HOSPEDADA EN -
Ad imageAd image
-PUBLICIDADE-
De fronte á violencia de xénero
-PUBLICIDADE-
PEL 2027

Revista en papel


Ad imageAd image

Feed RSS: ACTUALIDADE DA AMTEGA ACTUALIDADE DA AMTEGA

  • As persoas que coordinan as 93 aulas CeMIT de Galicia celebran o seu encontro anual na Cidade da Cultura
  • A intelixencia artificial é a tecnoloxía avanzada que máis medra no tecido empresarial galego no último ano
  • Inauguración Laboratorio e Centro Demostrador de Ciberseguridade Industrial de Galicia
  • Laboratorio e Centro Demostrador en Ciberseguridade Industrial

Subscríbete ao noso boletín

Recibe de balde por correo electrónico as novas novas.







banner							
banner
Lenos en Magzter
Os contidos da nosa edición impresa poden lerse comodamente a través da aplicación de Magzter para iOS e Android.
Ir a Magzter
Ad imageAd image

Outras novas de interese

apple_park_visitor_center_explore_03.jpg
Actualidade

OpenAI contrademanda a Apple

27/11/2026
Actualidade

As XVI Xornadas Achégate á Igualdade de Ames puxeron o foco na machosfera e nas plataformas dixitais

27/11/2026
Actualidade

Maldita.es denuncia unha rede de páxinas de Facebook que difunden desinformación política en campaña electoral

27/11/2026
Actualidade

A Universidade de Vigo dá o salto ao voto electrónico

27/11/2026

CÓDIGO CERO

Código Cero, diario de novas tecnolóxicas de Galicia, é unha publicación en galego sobre TIC nacida en formato dixital o 25 de xullo de 2001, que comezou a editarse tamén en formato impreso en decembro do mesmo ano.

- PÁXINA WEB HOSPEDADA EN -
Ad imageAd image

 

PREMIOS

   
   

Grupo Código Cero Comunicación, S.L.

Rúa das Hedras 4 1 M
(Pol. Novo Milladoiro)
15895 Ames - Milladoiro
981 53 02 68
redaccion@codigocero.com
Código CeroCódigo Cero
Síguenos
© Grupo Código Cero Comunicación, S.L. – Política de privacidade
Banner de cookies RXPD

Utilizamos cookies para ofrecerche a mellor experiencia na nosa web.

Podes aprender máis sobre que cookies utilizamos na nosa política de cookies ou desactivalas nos axustes.

Welcome Back!

Sign in to your account

Nome de usuario ou Enderezo de Correo
Contrasinal

Perdiches o teu contrasinal?