Código CeroCódigo CeroCódigo Cero
  • NOVAS
    • Actualidade
    • Electrónica de consumo
    • Eventos
    • Intelixencia artificial
    • I+D+i
    • Audiovisual
    • Software libre
    • Telefonía
  • TREBELLOS
  • VIDEOXOGOS
  • REVISTA EN PAPEL
Lendo: Bioga incrementou un 103% a súa cifra de socios, incluído o centro tecnolóxico Gradiant
Compartir
Código CeroCódigo Cero
Buscar
  • Novas
  • Trebellos
  • Videoxogos
  • Revista en papel
Actualidade

Bioga incrementou un 103% a súa cifra de socios, incluído o centro tecnolóxico Gradiant

S. P.
Publicado: 07/07/2025
5 Min de Lectura
Compartir
5 Min de Lectura

xunta_directiva_de_bioga.jpgO Clúster Tecnolóxico Empresarial das Ciencias da Vida (Bioga) fixo balance da súa actividade dende 2019, poñendo o foco na consecución dunha clara e destacada gráfica ascendente en materia de firmas e entidades integrantes e facturación. Segundo fixo saber, foi quen de incrementar o seu número de socios un 103% desde 2019, ano do primeiro impacto da pandemia da COVID-19, feito que representou o afianzamento da biotecnoloxía en Galicia e a súa consideración como sector estratéxico para o tecido económico e o ámbito da saúde.
Nese exercicio de 2019 Bioga contaba con 67 socios. Hoxe representa a 136 axentes do ecosistema biotecnolóxico de Galicia, que facturan máis de 1.500 millóns de euros, xeran 5.500 empregos, invisten cada ano 114 millóns de euros en I+D e representan o 1,8 por cento do Produto Interior Bruto (PIB) da comunidade autónoma galega.
Bioga celebrou o seu XXV Asemblea de Socios no novo Centro de Investigación Mestrelab (CIM), en Santiago de Compostela, que ratificou para o período 2025-2026 aos membros da súa xunta directiva, que está presidida por José Manuel López Vilariño, de Hijos de Rivera. A vicepresidencia ocuparaa Carme Pampín Casal, de GalChimia; e a secretaría correrá a cargo de María Seoane Ramil, de BFlow. As tres vogalías estarán ocupadas por Pablo Álvarez Freire, de Mestrelab; Mónica Valladares Andrade, de Lonza Biologics Porriño; e Andrés Fernández Álvarez-Santullano, de Zendal Health.
Na actualidade integran Bioga 136 axentes. Ademais, a asemblea tamén serviu para dar a benvida aos novos socios distribuídos pola xeografía de Galicia e o resto de España. En 2024 incorporáronse seis firmas: Konexio Biotech Consulting, Orixe Salgada, Viva Architect, pibGroup Iberia e a fundación FEUGA. Tamén se incorporou Gradiant, centro tecnolóxico vigués que é un dos grandes referentes actuais do ámbito da eSaúde, da IA e da Internet das Cousas a nivel español e europeo.
O presidente de Bioga, José Manuel López Vilariño, fixo un repaso dos fitos alcanzados en 2024 e presentou os novos proxectos e accións para 2025, destacando a súa aposta pola “internacionalización e pola apertura de novos mercados” en terceiros países.
Así, dixo, Bioga afianzará a súa Área de Internacionalización e neste ámbito xa deseñou e ten en marcha servizos que ofrece aos seus socios de análises de mercado, selección de potenciais clientes e socios tecnolóxicos, asesoramento estratéxico, identificación de convocatorias e socios para proxectos, organizacións de misións comerciais e atracción de financiamento privado internacional.
Ao seu xuízo, o ecosistema galego, xa consolidado no seu territorio, “ten o reto de apostar pola apertura de novos mercados, onde se abren múltiples oportunidades no ámbito da investigación e dos negocios”. Ademais, considera que o tecido biotech galego ten “capacidade e talento” para explorar novas contornas en países do exterior.
Bioga programou para o segundo semestre de 2025 unha misión inversa de Carolina do Norte en Galicia en setembro, outra misión comercial a Francia (Bretaña e Isla de Francia) e a presenza en Bio-Europe, que será no mes de novembro en Viena. O Clúser tamén traballa, en colaboración coa Axencia Galega de Innovación (GAIN), no deseño para os próximos anos da Estratexia de Excelencia da Biotecnoloxía. Ademais, lanzará o XI BioInvestor Program e iniciar as accións para deseñar e desenvolver unha nova edición de Galicia Biodays, que está prevista para a primavera do próximo ano.
Entre as accións desenvolvidas polos socios de Bioga, José Manuel López Vilariño, destacou pola súa relevancia o III Encontro Investir en Ciencia Si é Rendible, organizado por Unirisco entre o 19 e o 20 de febreiro de 20025. Nesta cita participaron máis de 400 investigadores, 80 relatores de sete universidades españolas e europeas e tamén acudiron líderes do ecosistema de ciencia, tecnoloxía e investigación.

Últimos números da nosa edición impresa

Shelf Wood

Outras novas populares

BoBots gaña o premio do público en Odisea Indie
Actualidade VIDEOXOGOS
4 Min de Lectura
Carlos J. Escudero: “Podemos ser mellores profesionais coas ferramentas IA, sempre que as utilicemos para reforzar as nosas capacidades e non como unha escusa para deixar de aprender”
Actualidade
13 Min de Lectura
A Semana Europea da Robótica pecha en Santiago cunha mañá profesional e unha feira aberta ás familias
Actualidade
6 Min de Lectura
Novo número da nosa edición impresa
Actualidade
2 Min de Lectura
Compartir Este Artigo
Facebook Whatsapp Whatsapp Copiar Ligazón Imprimir
- PÁXINA WEB HOSPEDADA EN -
Ad imageAd image
-PUBLICIDADE-
De fronte á violencia de xénero
-PUBLICIDADE-
PEL 2027

Revista en papel


Ad imageAd image

Feed RSS: ACTUALIDADE DA AMTEGA ACTUALIDADE DA AMTEGA

  • As persoas que coordinan as 93 aulas CeMIT de Galicia celebran o seu encontro anual na Cidade da Cultura
  • A intelixencia artificial é a tecnoloxía avanzada que máis medra no tecido empresarial galego no último ano
  • Inauguración Laboratorio e Centro Demostrador de Ciberseguridade Industrial de Galicia
  • Laboratorio e Centro Demostrador en Ciberseguridade Industrial

Subscríbete ao noso boletín

Recibe de balde por correo electrónico as novas novas.







banner							
banner
Lenos en Magzter
Os contidos da nosa edición impresa poden lerse comodamente a través da aplicación de Magzter para iOS e Android.
Ir a Magzter
Ad imageAd image

Outras novas de interese

apple_park_visitor_center_explore_03.jpg
Actualidade

OpenAI contrademanda a Apple

27/11/2026
Actualidade

As XVI Xornadas Achégate á Igualdade de Ames puxeron o foco na machosfera e nas plataformas dixitais

27/11/2026
Actualidade

Maldita.es denuncia unha rede de páxinas de Facebook que difunden desinformación política en campaña electoral

27/11/2026
Actualidade

A Universidade de Vigo dá o salto ao voto electrónico

27/11/2026

CÓDIGO CERO

Código Cero, diario de novas tecnolóxicas de Galicia, é unha publicación en galego sobre TIC nacida en formato dixital o 25 de xullo de 2001, que comezou a editarse tamén en formato impreso en decembro do mesmo ano.

- PÁXINA WEB HOSPEDADA EN -
Ad imageAd image

 

PREMIOS

   
   

Grupo Código Cero Comunicación, S.L.

Rúa das Hedras 4 1 M
(Pol. Novo Milladoiro)
15895 Ames - Milladoiro
981 53 02 68
redaccion@codigocero.com
Código CeroCódigo Cero
Síguenos
© Grupo Código Cero Comunicación, S.L. – Política de privacidade
Banner de cookies RXPD

Utilizamos cookies para ofrecerche a mellor experiencia na nosa web.

Podes aprender máis sobre que cookies utilizamos na nosa política de cookies ou desactivalas nos axustes.

Welcome Back!

Sign in to your account

Nome de usuario ou Enderezo de Correo
Contrasinal

Perdiches o teu contrasinal?