Código CeroCódigo CeroCódigo Cero
  • NOVAS
    • Actualidade
    • Electrónica de consumo
    • Eventos
    • Intelixencia artificial
    • I+D+i
    • Audiovisual
    • Software libre
    • Telefonía
  • TREBELLOS
  • VIDEOXOGOS
  • REVISTA EN PAPEL
Lendo: Altia presenta Naveia, escola especializada en Data e IA
Compartir
Código CeroCódigo Cero
Buscar
  • Novas
  • Trebellos
  • Videoxogos
  • Revista en papel
Actualidade

Altia presenta Naveia, escola especializada en Data e IA

S. P.
Publicado: 09/07/2025
3 Min de Lectura
Compartir
3 Min de Lectura

naveia_foto_recurso_altia.jpgAltia, consultora tecnolóxica con sede en Oleiros (A Coruña), vén de lanzar Naveia, un proxecto educativo que modifica e amplía a anterior Verne Academy, un actor con máis de 20 anos no sector da formación e que agora forma parte da compañía galega. A escola ten como obxectivo converterse “nun núcleo de educación para a tecnoloxía de vangarda”, explicou Altia.
Naveia achegará programas de formación que combinan tres formatos de aprendizaxe dependendo das necesidades de cada alumno ou empresa, desde formación en Intelixencia Artificial, xestión do dato, aprendizaxe máquina (machine learning), ciberseguridade ou intelixencia nos negocios (business intelligence) ata o ensino das habilidades dixitais necesarias para o desempeño laboral e individual diario.
Da man de profesionais en activo do sector, Naveia ofrece en palabras de Altia “unha formación orientada ao desenvolvemento das competencias clave adaptadas ás necesidades de cada alumno”. O obxectivo desta oferta educativa é “impulsar o crecemento persoal e a proxección profesional de cada perfil (B2C) ou cliente (B2B) para garantir unha experiencia de aprendizaxe óptima”.
foto_naveia.jpgSegundo explica Javier Torrenteras, director de Naveia, “a inauguración desta escola, e a nosa longa experiencia que se remonta a 2005, constitúe un avance crucial na nosa estratexia para impulsar o talento especializado en tecnoloxías esenciais para o futuro dixital. Coa nosa escola tecnolóxica, non só brindamos aos nosos expertos e clientes acceso a coñecementos de vangarda, senón que tamén apoiamos o crecemento do ecosistema tecnolóxico en España”.
As sesións, ofrecidas por un equipo docente formado por expertos prestixiosos na industria tecnolóxica, son retransmitidas en directo e en liña, pero tamén contemplan a formación offline para proxectos concretos e personalizados, dispoñendo dun campus virtual con completa flexibilidade. Ademais, cada alumno dispoñerá de recursos para descargar, obradoiros prácticos, titorías personalizadas, proxectos adaptados a cada perfil e un foro virtual para o seguimento personalizado, permitindo así a adaptar a aprendizaxe a cada perfil.
Naveia está certificada como Microsoft Training Services Partner e nos anos 2022 e 2023 conseguiu o galardón de Mellor Partner Pledge en Capacidades dixitais de Microsoft Inspire. Ademais, en 2023 foi finalista de Dixital Skills Awards Spain nos Premios AMETIC.
Esta nova liña de negocio “permitirá que nos situemos á vangarda no mercado dos servizos tecnolóxicos, sumando agora esta división educativa coa que apostamos polo talento especializado como motor da innovación e a competitividade nunha contorna complexa e esixente”, explican dende Altia.

Últimos números da nosa edición impresa

Shelf Wood

Outras novas populares

BoBots gaña o premio do público en Odisea Indie
Actualidade VIDEOXOGOS
4 Min de Lectura
Carlos J. Escudero: “Podemos ser mellores profesionais coas ferramentas IA, sempre que as utilicemos para reforzar as nosas capacidades e non como unha escusa para deixar de aprender”
Actualidade
13 Min de Lectura
A Semana Europea da Robótica pecha en Santiago cunha mañá profesional e unha feira aberta ás familias
Actualidade
6 Min de Lectura
Novo número da nosa edición impresa
Actualidade
2 Min de Lectura
Compartir Este Artigo
Facebook Whatsapp Whatsapp Copiar Ligazón Imprimir
- PÁXINA WEB HOSPEDADA EN -
Ad imageAd image
-PUBLICIDADE-
De fronte á violencia de xénero
-PUBLICIDADE-
PEL 2027

Revista en papel


Ad imageAd image

Feed RSS: ACTUALIDADE DA AMTEGA ACTUALIDADE DA AMTEGA

  • As persoas que coordinan as 93 aulas CeMIT de Galicia celebran o seu encontro anual na Cidade da Cultura
  • A intelixencia artificial é a tecnoloxía avanzada que máis medra no tecido empresarial galego no último ano
  • Inauguración Laboratorio e Centro Demostrador de Ciberseguridade Industrial de Galicia
  • Laboratorio e Centro Demostrador en Ciberseguridade Industrial

Subscríbete ao noso boletín

Recibe de balde por correo electrónico as novas novas.







banner							
banner
Lenos en Magzter
Os contidos da nosa edición impresa poden lerse comodamente a través da aplicación de Magzter para iOS e Android.
Ir a Magzter
Ad imageAd image

Outras novas de interese

apple_park_visitor_center_explore_03.jpg
Actualidade

OpenAI contrademanda a Apple

27/11/2026
Actualidade

As XVI Xornadas Achégate á Igualdade de Ames puxeron o foco na machosfera e nas plataformas dixitais

27/11/2026
Actualidade

Maldita.es denuncia unha rede de páxinas de Facebook que difunden desinformación política en campaña electoral

27/11/2026
Actualidade

A Universidade de Vigo dá o salto ao voto electrónico

27/11/2026

CÓDIGO CERO

Código Cero, diario de novas tecnolóxicas de Galicia, é unha publicación en galego sobre TIC nacida en formato dixital o 25 de xullo de 2001, que comezou a editarse tamén en formato impreso en decembro do mesmo ano.

- PÁXINA WEB HOSPEDADA EN -
Ad imageAd image

 

PREMIOS

   
   

Grupo Código Cero Comunicación, S.L.

Rúa das Hedras 4 1 M
(Pol. Novo Milladoiro)
15895 Ames - Milladoiro
981 53 02 68
redaccion@codigocero.com
Código CeroCódigo Cero
Síguenos
© Grupo Código Cero Comunicación, S.L. – Política de privacidade
Banner de cookies RXPD

Utilizamos cookies para ofrecerche a mellor experiencia na nosa web.

Podes aprender máis sobre que cookies utilizamos na nosa política de cookies ou desactivalas nos axustes.

Welcome Back!

Sign in to your account

Nome de usuario ou Enderezo de Correo
Contrasinal

Perdiches o teu contrasinal?