Código CeroCódigo CeroCódigo Cero
  • NOVAS
    • Actualidade
    • Electrónica de consumo
    • Eventos
    • Intelixencia artificial
    • I+D+i
    • Audiovisual
    • Software libre
    • Telefonía
  • TREBELLOS
  • VIDEOXOGOS
  • REVISTA EN PAPEL
Lendo: Vodafone España supera os 9,3 millóns de liñas IoT
Compartir
Código CeroCódigo Cero
Buscar
  • Novas
  • Trebellos
  • Videoxogos
  • Revista en papel
Actualidade

Vodafone España supera os 9,3 millóns de liñas IoT

S. P.
Publicado: 09/07/2025
4 Min de Lectura
Compartir
4 Min de Lectura

panel_solar_vodafone_plaza.jpgVodafone España superou os 9,3 millóns de obxectos conectados á súa rede da Internet das Cousas (IoT) ao peche do segundo trimestre do ano (30 de xuño), unha cifra que, en palabras da operadora, afianza o seu “liderado no mercado español”. Máis polo miúdo, a operadora rexistrou un incremento de 776.608 novas liñas entre abril e xuño, o que representa un crecemento trimestral do 8,8%.
Este fito é froito da estratexia de diversificación de produtos e servizos emprendida nos últimos anos, así como da despregadura pioneira da primeira rede específica de IoT (NB-IoT) en España en 2017. Esta rede está operativa en todas as capitais de provincia e as súas áreas metropolitanas, con máis de 16.782 emprazamentos. Cada estación base permite conectar máis de 100.000 dispositivos IoT, incrementando as velocidades de transmisión e reducindo as latencias.
Ademais, ao abeiro deste compromiso coa innovación, Vodafone España lanzará este mes unha nova plataforma de xestión da Internet das Cousas co obxectivo de “desenvolver unha nova xeración de servizos intelixentes para empresas e administracións públicas”. Esta plataforma permitirá crear aplicacións avanzadas baseadas nos datos recolleitos por sensores IoT, e estará orientada a transformar sectores crave como a xestión urbana en Cidades Intelixentes, a loxística, a teleasistencia ou o ciclo integral da auga.
José Miguel García, director executivo (CEO) de Vodafone España, sinalou que “nun momento clave para a dixitalización, a innovación que supón o Internet das Cousas segue sendo un dos nosos motores de crecemento. O noso foco está en ofrecer solucións tecnolóxicas que axuden ás administracións e ás empresas para ser máis competitivas, eficientes e sostibles”.
Xestión eficiente da auga
Vodafone apostou de cheo pola dixitalización do ciclo da auga en colaboración con administracións públicas e empresas do sector. Grazas á monitoraxe e control en tempo real deste ciclo, “é posible evitar ata un 25% de perdas de auga debidas a fugas, un dato especialmente relevante nun contexto de secas prolongadas que afectan a máis do 20% da superficie peninsular”, destacou a operadora no seu balance da actividade IoT, salientando que nesta liña formalizou un acordo con Aqualia, a maior operadora privada de xestión da auga en España, para conectar á rede NB-IoT máis dun millón de contadores intelixentes durante os cinco primeiros anos do contrato.
Nesta liña, a operadora adxudicouse o maior lote do contrato do Canal de Isabel II, por máis de 25 millóns de euros, para a telelectura automática mediante NB-IoT. O proxecto inclúe a subministración de 315.000 contadores e a súa conectividade durante cinco anos.
Engadir tamén que en colaboración con CEPSA, Vodafone despregou sensores IoT na lagoa primeira de Palos de la Frontera para previr incendios. Esta mesma tecnoloxía aplícase nun piloto co Concello de Antequera e a axencia AMAYA da Junta de Andalucía, mediante un sistema de detección temperá de incendios forestais. A solución identifica partículas presentes nos primeiros minutos de combustión utilizando IA e algoritmos adaptados a cada ecosistema forestal, “permitindo así unha resposta rápida e eficaz”.

Últimos números da nosa edición impresa

Shelf Wood

Outras novas populares

BoBots gaña o premio do público en Odisea Indie
Actualidade VIDEOXOGOS
4 Min de Lectura
Carlos J. Escudero: “Podemos ser mellores profesionais coas ferramentas IA, sempre que as utilicemos para reforzar as nosas capacidades e non como unha escusa para deixar de aprender”
Actualidade
13 Min de Lectura
A Semana Europea da Robótica pecha en Santiago cunha mañá profesional e unha feira aberta ás familias
Actualidade
6 Min de Lectura
Novo número da nosa edición impresa
Actualidade
2 Min de Lectura
Compartir Este Artigo
Facebook Whatsapp Whatsapp Copiar Ligazón Imprimir
- PÁXINA WEB HOSPEDADA EN -
Ad imageAd image
-PUBLICIDADE-
De fronte á violencia de xénero
-PUBLICIDADE-
PEL 2027

Revista en papel


Ad imageAd image

Feed RSS: ACTUALIDADE DA AMTEGA ACTUALIDADE DA AMTEGA

  • As persoas que coordinan as 93 aulas CeMIT de Galicia celebran o seu encontro anual na Cidade da Cultura
  • A intelixencia artificial é a tecnoloxía avanzada que máis medra no tecido empresarial galego no último ano
  • Inauguración Laboratorio e Centro Demostrador de Ciberseguridade Industrial de Galicia
  • Laboratorio e Centro Demostrador en Ciberseguridade Industrial

Subscríbete ao noso boletín

Recibe de balde por correo electrónico as novas novas.







banner							
banner
Lenos en Magzter
Os contidos da nosa edición impresa poden lerse comodamente a través da aplicación de Magzter para iOS e Android.
Ir a Magzter
Ad imageAd image

Outras novas de interese

apple_park_visitor_center_explore_03.jpg
Actualidade

OpenAI contrademanda a Apple

27/11/2026
Actualidade

As XVI Xornadas Achégate á Igualdade de Ames puxeron o foco na machosfera e nas plataformas dixitais

27/11/2026
Actualidade

Maldita.es denuncia unha rede de páxinas de Facebook que difunden desinformación política en campaña electoral

27/11/2026
Actualidade

A Universidade de Vigo dá o salto ao voto electrónico

27/11/2026

CÓDIGO CERO

Código Cero, diario de novas tecnolóxicas de Galicia, é unha publicación en galego sobre TIC nacida en formato dixital o 25 de xullo de 2001, que comezou a editarse tamén en formato impreso en decembro do mesmo ano.

- PÁXINA WEB HOSPEDADA EN -
Ad imageAd image

 

PREMIOS

   
   

Grupo Código Cero Comunicación, S.L.

Rúa das Hedras 4 1 M
(Pol. Novo Milladoiro)
15895 Ames - Milladoiro
981 53 02 68
redaccion@codigocero.com
Código CeroCódigo Cero
Síguenos
© Grupo Código Cero Comunicación, S.L. – Política de privacidade
Banner de cookies RXPD

Utilizamos cookies para ofrecerche a mellor experiencia na nosa web.

Podes aprender máis sobre que cookies utilizamos na nosa política de cookies ou desactivalas nos axustes.

Welcome Back!

Sign in to your account

Nome de usuario ou Enderezo de Correo
Contrasinal

Perdiches o teu contrasinal?