Código CeroCódigo CeroCódigo Cero
  • NOVAS
    • Actualidade
    • Electrónica de consumo
    • Eventos
    • Intelixencia artificial
    • I+D+i
    • Audiovisual
    • Software libre
    • Telefonía
  • TREBELLOS
  • VIDEOXOGOS
  • REVISTA EN PAPEL
Lendo: A plataforma Virtus da USC, recoñecida pola revista AV Integración Audiovisual
Compartir
Código CeroCódigo Cero
Buscar
  • Novas
  • Trebellos
  • Videoxogos
  • Revista en papel
Actualidade

A plataforma Virtus da USC, recoñecida pola revista AV Integración Audiovisual

S. P.
Publicado: 10/07/2025
2 Min de Lectura
Compartir
2 Min de Lectura

Foto de arquivo da inauguración do plató de Virtus en outubro de 2024. Foto: Santi Alvite
Foto de arquivo da inauguración do plató de Virtus en outubro de 2024. Foto: Santi Alvite
A plataforma tecnolóxica Virtus para a investigación virtual da USC vén de gañar o Premio de Integración Educacional na quinta edición dos premios AV de Integración que entrega a revista especializada AV Integración Audiovisual, punto de encontro dos profesionais deste sector.
Con este galardón, un xurado integrado por profesionais de referencia acredita o carácter innovador de Virtus, plataforma inaugurada en 2024 co pulo do financiamento europeo Next Generation (ref. EQC2021-007535-P). Cun montante de 640.218,50 euros, Virtus artellouse como “un espazo común de solucións virtuais avanzadas tanto para a innovación docente e a difusión investigadora como cara a transferencia tecnolóxica e de coñecemento ao tecido TIC e audiovisual e á sociedade en xeral”.
O xurado destacou que o proxecto “eríxese como un bo modelo de cooperación universidade-empresa” e salientou “o despregue de software e de cámaras PTZ e de estudo de alta calidade, así como o gran número de actividades que abarca o proxecto”. Ademais, puxo en valor que a plataforma toca todas as áreas para avanzar na produción virtual e fixo unha mención especial á implicación de Brainstorm no ámbito educativo, o que rematou de inclinar a súa decisión.
A integración premiada é froito da colaboración ao longo de tres anos entre Virtus (Enrique Castelló, director científico; Roi Méndez, director técnico; e o técnico Manuel Fidalgo), Broad Service (César Aguado, xefe técnico, e Rubén Salinero, técnico) e Brainstorm Multimedia (Mónica Víctor, directora comercial, e Miguel Churruca, director de Márketing).
Partindo dun complexo prego de prescricións técnicas que pormenorizaba ao detalle os obxectivos e retos de Virtus, Broad Service e Brainstorm materializaron nas súas respectivas especialidades competenciais unha densa rede de instalacións e equipamentos no tempo acordado.

Últimos números da nosa edición impresa

Shelf Wood

Outras novas populares

BoBots gaña o premio do público en Odisea Indie
Actualidade VIDEOXOGOS
4 Min de Lectura
Carlos J. Escudero: “Podemos ser mellores profesionais coas ferramentas IA, sempre que as utilicemos para reforzar as nosas capacidades e non como unha escusa para deixar de aprender”
Actualidade
13 Min de Lectura
A Semana Europea da Robótica pecha en Santiago cunha mañá profesional e unha feira aberta ás familias
Actualidade
6 Min de Lectura
Novo número da nosa edición impresa
Actualidade
2 Min de Lectura
Compartir Este Artigo
Facebook Whatsapp Whatsapp Copiar Ligazón Imprimir
- PÁXINA WEB HOSPEDADA EN -
Ad imageAd image
-PUBLICIDADE-
De fronte á violencia de xénero
-PUBLICIDADE-
PEL 2027

Revista en papel


Ad imageAd image

Feed RSS: ACTUALIDADE DA AMTEGA ACTUALIDADE DA AMTEGA

  • As persoas que coordinan as 93 aulas CeMIT de Galicia celebran o seu encontro anual na Cidade da Cultura
  • A intelixencia artificial é a tecnoloxía avanzada que máis medra no tecido empresarial galego no último ano
  • Inauguración Laboratorio e Centro Demostrador de Ciberseguridade Industrial de Galicia
  • Laboratorio e Centro Demostrador en Ciberseguridade Industrial

Subscríbete ao noso boletín

Recibe de balde por correo electrónico as novas novas.







banner							
banner
Lenos en Magzter
Os contidos da nosa edición impresa poden lerse comodamente a través da aplicación de Magzter para iOS e Android.
Ir a Magzter
Ad imageAd image

Outras novas de interese

apple_park_visitor_center_explore_03.jpg
Actualidade

OpenAI contrademanda a Apple

27/11/2026
Actualidade

As XVI Xornadas Achégate á Igualdade de Ames puxeron o foco na machosfera e nas plataformas dixitais

27/11/2026
Actualidade

Maldita.es denuncia unha rede de páxinas de Facebook que difunden desinformación política en campaña electoral

27/11/2026
Actualidade

A Universidade de Vigo dá o salto ao voto electrónico

27/11/2026

CÓDIGO CERO

Código Cero, diario de novas tecnolóxicas de Galicia, é unha publicación en galego sobre TIC nacida en formato dixital o 25 de xullo de 2001, que comezou a editarse tamén en formato impreso en decembro do mesmo ano.

- PÁXINA WEB HOSPEDADA EN -
Ad imageAd image

 

PREMIOS

   
   

Grupo Código Cero Comunicación, S.L.

Rúa das Hedras 4 1 M
(Pol. Novo Milladoiro)
15895 Ames - Milladoiro
981 53 02 68
redaccion@codigocero.com
Código CeroCódigo Cero
Síguenos
© Grupo Código Cero Comunicación, S.L. – Política de privacidade
Banner de cookies RXPD

Utilizamos cookies para ofrecerche a mellor experiencia na nosa web.

Podes aprender máis sobre que cookies utilizamos na nosa política de cookies ou desactivalas nos axustes.

Welcome Back!

Sign in to your account

Nome de usuario ou Enderezo de Correo
Contrasinal

Perdiches o teu contrasinal?