Código CeroCódigo CeroCódigo Cero
  • NOVAS
    • Actualidade
    • Electrónica de consumo
    • Eventos
    • Intelixencia artificial
    • I+D+i
    • Audiovisual
    • Software libre
    • Telefonía
  • TREBELLOS
  • VIDEOXOGOS
  • REVISTA EN PAPEL
Lendo: A UDC lidera un proxecto nacional sobre o impacto da IA no sector asegurador
Compartir
Código CeroCódigo Cero
Buscar
  • Novas
  • Trebellos
  • Videoxogos
  • Revista en papel
Actualidade

A UDC lidera un proxecto nacional sobre o impacto da IA no sector asegurador

S. P.
Publicado: 10/07/2025
3 Min de Lectura
Compartir
3 Min de Lectura

udc_seguros_ia.jpgA Universidade da Coruña lidera un proxecto nacional sobre o impacto da Intelixencia Artificial no sector asegurador. Trátase da investigación Intelixencia Artificial na comercialización de seguros: desafíos de transparencia, gobernanza e supervisión, dirixida polos profesores da UDC Rafael Outeiro Garea, catedrático de Dereito Civil e Mª do Rocío Quintáns Eiras, catedrática de Dereito Mercantil. Esta iniciativa está financiada no marco da convocatoria de Proxectos de Xeración de Coñecemento 2023, o Ministerio de Ciencia, Innovación e Universidades.
Cunha duración de tres anos, esta iniciativa reúne a un equipo interdisciplinar de 15 investigadores/as procedentes de distintas universidades españolas e de ámbitos como o Dereito (civil, mercantil, constitucional, internacional privado, administrativo), a Informática, a Economía, a Socioloxía ou a Comunicación. Asociada ao proxecto, concedeuse unha axuda para a formación de persoal investigador predoutoral no marco do Programa Estatal para Impulsar a Investigación Científico-Técnica e a súa Transferencia, do Plan Estatal de Investigación Científica, Técnica e de Innovación 2021-2023.
O obxectivo central desta investigación é “analizar o profundo impacto que a Intelixencia Artificial (IA) está a ter no mercado asegurador, identificando tanto as súas oportunidades como os retos xurídicos, éticos e sociais que expón”.
O estudo abordará cuestións clave como a protección das persoas consumidoras, a transparencia informativa na contratación, ou a necesidade de adaptar os actuais modelos de gobernanza e supervisión do sector. Prestarase especial atención aos colectivos en situación de vulnerabilidade —persoas maiores, con discapacidade ou en risco de exclusión— fronte ao uso de tecnoloxías baseadas en IA aplicadas á oferta, a subscrición e a xestión de seguros.
Así mesmo, analizarase como a IA está a dar lugar a novos modelos de comercialización de seguros e afondarase nos desafíos derivados da externalización de servizos tecnolóxicos por parte de entidades aseguradoras, nun contexto altamente regulado.
Este proxecto aspira a xerar un impacto científico e social significativo, en liña cos obxectivos do Plan España Dixital 2025 e do Programa Horizonte Europa, promovendo un uso ético, inclusivo e transparente da IA nun sector estratéxico para a economía, como é o asegurador.
A Facultade de Dereito da UDC acolleu o pasado mes de xuño a xornada de presentación deste proxecto, un encontro no que se abordaron os usos actuais e potenciais da IA xerativa no eido do Dereito.

Últimos números da nosa edición impresa

Shelf Wood

Outras novas populares

BoBots gaña o premio do público en Odisea Indie
Actualidade VIDEOXOGOS
4 Min de Lectura
Carlos J. Escudero: “Podemos ser mellores profesionais coas ferramentas IA, sempre que as utilicemos para reforzar as nosas capacidades e non como unha escusa para deixar de aprender”
Actualidade
13 Min de Lectura
A Semana Europea da Robótica pecha en Santiago cunha mañá profesional e unha feira aberta ás familias
Actualidade
6 Min de Lectura
Novo número da nosa edición impresa
Actualidade
2 Min de Lectura
Compartir Este Artigo
Facebook Whatsapp Whatsapp Copiar Ligazón Imprimir
- PÁXINA WEB HOSPEDADA EN -
Ad imageAd image
-PUBLICIDADE-
De fronte á violencia de xénero
-PUBLICIDADE-
PEL 2027

Revista en papel


Ad imageAd image

Feed RSS: ACTUALIDADE DA AMTEGA ACTUALIDADE DA AMTEGA

  • As persoas que coordinan as 93 aulas CeMIT de Galicia celebran o seu encontro anual na Cidade da Cultura
  • A intelixencia artificial é a tecnoloxía avanzada que máis medra no tecido empresarial galego no último ano
  • Inauguración Laboratorio e Centro Demostrador de Ciberseguridade Industrial de Galicia
  • Laboratorio e Centro Demostrador en Ciberseguridade Industrial

Subscríbete ao noso boletín

Recibe de balde por correo electrónico as novas novas.







banner							
banner
Lenos en Magzter
Os contidos da nosa edición impresa poden lerse comodamente a través da aplicación de Magzter para iOS e Android.
Ir a Magzter
Ad imageAd image

Outras novas de interese

apple_park_visitor_center_explore_03.jpg
Actualidade

OpenAI contrademanda a Apple

27/11/2026
Actualidade

As XVI Xornadas Achégate á Igualdade de Ames puxeron o foco na machosfera e nas plataformas dixitais

27/11/2026
Actualidade

Maldita.es denuncia unha rede de páxinas de Facebook que difunden desinformación política en campaña electoral

27/11/2026
Actualidade

A Universidade de Vigo dá o salto ao voto electrónico

27/11/2026

CÓDIGO CERO

Código Cero, diario de novas tecnolóxicas de Galicia, é unha publicación en galego sobre TIC nacida en formato dixital o 25 de xullo de 2001, que comezou a editarse tamén en formato impreso en decembro do mesmo ano.

- PÁXINA WEB HOSPEDADA EN -
Ad imageAd image

 

PREMIOS

   
   

Grupo Código Cero Comunicación, S.L.

Rúa das Hedras 4 1 M
(Pol. Novo Milladoiro)
15895 Ames - Milladoiro
981 53 02 68
redaccion@codigocero.com
Código CeroCódigo Cero
Síguenos
© Grupo Código Cero Comunicación, S.L. – Política de privacidade
Banner de cookies RXPD

Utilizamos cookies para ofrecerche a mellor experiencia na nosa web.

Podes aprender máis sobre que cookies utilizamos na nosa política de cookies ou desactivalas nos axustes.

Welcome Back!

Sign in to your account

Nome de usuario ou Enderezo de Correo
Contrasinal

Perdiches o teu contrasinal?