Código CeroCódigo CeroCódigo Cero
  • NOVAS
    • Actualidade
    • Electrónica de consumo
    • Eventos
    • Intelixencia artificial
    • I+D+i
    • Audiovisual
    • Software libre
    • Telefonía
  • TREBELLOS
  • VIDEOXOGOS
  • REVISTA EN PAPEL
Lendo: A UVigo presenta un libro pioneiro sobre deseño intelixente en contornas híbridas
Compartir
Código CeroCódigo Cero
Buscar
  • Novas
  • Trebellos
  • Videoxogos
  • Revista en papel
Actualidade

A UVigo presenta un libro pioneiro sobre deseño intelixente en contornas híbridas

S. P.
Publicado: 10/07/2025
4 Min de Lectura
Compartir
4 Min de Lectura

designthinking-1-1-1024x683.jpgA Universidade de Vigo acolleu esta semana a presentación do libro Design Thinking e Acción: Innovación e colaboración na aula híbrida con MIRO, publicado por Aula Magna. A obra, editada por Manuel Caeiro Rodríguez, investigador de atlanTTic e docente da Escola de Enxeñaría de Telecomunicación da UVigo, e Gustavo Zurita Alarcón, profesor da Universidad de Chile e director do Centro de Gestión de Información para los Negocios da UChile, propón unha guía práctica para aplicar a metodoloxía Design Thinking en contornas educativas híbridas mediante a ferramenta colaborativa en liña MIRO.
Dirixida a formadores, orientadores e profesionais da innovación, o libro achega unha orientación didáctica e práctica, ofrecendo recursos e actividades listas para aplicar na aula. “A guía diríxese a facilitar o traballo de instrutores ou orientadores en Design Thinking, indicando como levar a cabo cada unha das etapas para o que se recoñece o foco principal e sentido de cada unha delas”, explica Caeiro, engadindo que o obxectivo principal do libro é axudar a levar a cabo iniciativas e proxectos baseados na metodoloxía Design Thinking, incrementando o número de educadores/as que coñezan esta metodoloxía e que a poidan levar ao seu ámbito. “Pensamos que vai ser positivo tanto para eles como para os estudantes, pois poderán identificar cuestións clave para o desenvolvemento de proxectos que lles ofrecerán mellores resultados, acadando solucións máis acaecidas para os usuarios, e máis seguridade no proceso, garantindo que van a chegar a ofrecer unha solución”.
atlanttic_designthinking-5-1-1024x708.jpgA presentación do libro celebrouse no Espazo Incuvi e foi conducido por Maruxa Álvarez, directora da Área de Emprego e Emprendemento. Xunto aos autores, participaron tamén na xuntanza algúns dos seus co-autores como Enrique Costa, Itziar Goicoechea e o ilustrador da obra, Mario Manso.
No evento tamén interviñeron, neste caso en liña, Roberto Álvarez, profesor titular da FEN UChile e Sebastián Arias, subxerente de financiamento de CORFO, que achegaron a súa visión sobre o impacto da obra.
O volume naceu da colaboración entre Caeiro e Zurita tras coincidir nun tribunal de tese na Universidade Pompeu Fabra no ano 2022. “Conversando sobre os nosos traballos respectivos decatámonos que os dous traballabamos con Design Thinking e tiñamos o mesmo problema de como levalo á práctica en contornas en liña e híbridas. Nós na Uvigo xa viñamos traballando nesta temática dende o 2015, en proxectos dirixidos por Manuel J. Fernández Iglesias, e tamén tiñamos impartido cursos de formación de profesorado”, declara Manuel Caeiro.
Desde o punto de vista dos editores, entre os aspectos máis destacados figura o uso de MIRO como ferramenta clave para a colaboración en tempo real, permitindo a participación activa do alumnado en contornas dixitais. A guía inclúe neste senso indicacións detalladas para habilitar cada fase do proceso, así como exemplos de aplicacións en ámbitos diversos: desde o turismo e a saúde ata o comercio ou a atención ás persoas maiores.
“MIRO funciona moi ben, aínda que haxa moitos usuarios, e permite visualizar non só o resultado do que fai cada un deles, por exemplo, incluír tarxetas (post-its), debuxar, organizar, agrupar, senón tamén ven onde están situados cada un dos participantes, para o que se marca a posición do seu rato. Ademais, permite integrarse con outras ferramentas como videoconferencia ou intercambio de documentos”, sinalan.
Os autores subliñan que, para que o Design Thinking funcione, é imprescindible a colaboración real e auténtica entre todos os membros do equipo, algo que supón un maior reto en contornas virtuais.

Últimos números da nosa edición impresa

Shelf Wood

Outras novas populares

BoBots gaña o premio do público en Odisea Indie
Actualidade VIDEOXOGOS
4 Min de Lectura
Carlos J. Escudero: “Podemos ser mellores profesionais coas ferramentas IA, sempre que as utilicemos para reforzar as nosas capacidades e non como unha escusa para deixar de aprender”
Actualidade
13 Min de Lectura
A Semana Europea da Robótica pecha en Santiago cunha mañá profesional e unha feira aberta ás familias
Actualidade
6 Min de Lectura
Novo número da nosa edición impresa
Actualidade
2 Min de Lectura
Compartir Este Artigo
Facebook Whatsapp Whatsapp Copiar Ligazón Imprimir
- PÁXINA WEB HOSPEDADA EN -
Ad imageAd image
-PUBLICIDADE-
De fronte á violencia de xénero
-PUBLICIDADE-
PEL 2027

Revista en papel


Ad imageAd image

Feed RSS: ACTUALIDADE DA AMTEGA ACTUALIDADE DA AMTEGA

  • As persoas que coordinan as 93 aulas CeMIT de Galicia celebran o seu encontro anual na Cidade da Cultura
  • A intelixencia artificial é a tecnoloxía avanzada que máis medra no tecido empresarial galego no último ano
  • Inauguración Laboratorio e Centro Demostrador de Ciberseguridade Industrial de Galicia
  • Laboratorio e Centro Demostrador en Ciberseguridade Industrial

Subscríbete ao noso boletín

Recibe de balde por correo electrónico as novas novas.







banner							
banner
Lenos en Magzter
Os contidos da nosa edición impresa poden lerse comodamente a través da aplicación de Magzter para iOS e Android.
Ir a Magzter
Ad imageAd image

Outras novas de interese

apple_park_visitor_center_explore_03.jpg
Actualidade

OpenAI contrademanda a Apple

27/11/2026
Actualidade

As XVI Xornadas Achégate á Igualdade de Ames puxeron o foco na machosfera e nas plataformas dixitais

27/11/2026
Actualidade

Maldita.es denuncia unha rede de páxinas de Facebook que difunden desinformación política en campaña electoral

27/11/2026
Actualidade

A Universidade de Vigo dá o salto ao voto electrónico

27/11/2026

CÓDIGO CERO

Código Cero, diario de novas tecnolóxicas de Galicia, é unha publicación en galego sobre TIC nacida en formato dixital o 25 de xullo de 2001, que comezou a editarse tamén en formato impreso en decembro do mesmo ano.

- PÁXINA WEB HOSPEDADA EN -
Ad imageAd image

 

PREMIOS

   
   

Grupo Código Cero Comunicación, S.L.

Rúa das Hedras 4 1 M
(Pol. Novo Milladoiro)
15895 Ames - Milladoiro
981 53 02 68
redaccion@codigocero.com
Código CeroCódigo Cero
Síguenos
© Grupo Código Cero Comunicación, S.L. – Política de privacidade
Banner de cookies RXPD

Utilizamos cookies para ofrecerche a mellor experiencia na nosa web.

Podes aprender máis sobre que cookies utilizamos na nosa política de cookies ou desactivalas nos axustes.

Welcome Back!

Sign in to your account

Nome de usuario ou Enderezo de Correo
Contrasinal

Perdiches o teu contrasinal?