Código CeroCódigo CeroCódigo Cero
  • NOVAS
    • Actualidade
    • Electrónica de consumo
    • Eventos
    • Intelixencia artificial
    • I+D+i
    • Audiovisual
    • Software libre
    • Telefonía
  • TREBELLOS
  • VIDEOXOGOS
  • REVISTA EN PAPEL
Lendo: O Rotary Club Ferrol distingue a dous alumnos do Campus de Ferrol polo seu videoxogo Camiño ao fogar
Compartir
Código CeroCódigo Cero
Buscar
  • Novas
  • Trebellos
  • Videoxogos
  • Revista en papel
VIDEOXOGOS

O Rotary Club Ferrol distingue a dous alumnos do Campus de Ferrol polo seu videoxogo Camiño ao fogar

S. P.
Publicado: 10/07/2025
2 Min de Lectura
Compartir
2 Min de Lectura

Á esquerda, Gael Alberto Quintela, e á dereita, Álvaro Martos Suero, os alumnos do máster en Deseño, Desenvolvemento e Comercialización de Videoxogos que gañaron o XXIV Premio Amizade que outorga o Rotary Club Ferrol
Á esquerda, Gael Alberto Quintela, e á dereita, Álvaro Martos Suero, os alumnos do máster en Deseño, Desenvolvemento e Comercialización de Videoxogos que gañaron o XXIV Premio Amizade que outorga o Rotary Club Ferrol
Gael Alberto Quintela (Vigo – 1999) e Álvaro Martos Suero (Mairena del Alcor, Sevilla – 1999), alumnos do Máster en Deseño, Desenvolvemento e Comercialización de Videoxogos, titulación que se imparte na Escola Politécnica de Enxeñaría de Ferrol (EPEF), veñen de gañar o XXIV Premio Amizade que outorga o Rotary Club Ferrol co videoxogo Camiño ao fogar, un título ideado para ser aplicado nas sesións de terapia ocupacional.
Tal e como explican os dous estudantes do Campus Industrial de Ferrol, o xogo, nado como un Proxecto de Aprendizaxe e Servizo (ApS), está pensado para aquelas persoas usuarias da área de psiquiatría nun hospital de día ou persoas ingresadas durante un período longo de tempo, co obxectivo de facilitarlles a súa volta ao fogar mediante o reforzo de hábitos relacionados coas actividades do día a día. Ademais do correspondente diploma acreditativo, ambos os dous alumnos da Universidade da Coruña (UDC) recibiron un cheque por un valor de 1.500 euros.
No caso de Gael Alberto Quintela esta non é a primeira vez que gaña un premio destas características. No ano 2024, este alumno da Escola Politécnica de Enxeñaría de Ferrol (EPEF) fíxose tamén co primeiro galardón nos Premios Xuventude Crea 2024, na categoría de Creación de Videoxogos, promovido pola Consellería de Cultura, Lingua e Xuventude da Xunta de Galicia, e con esa mesma distinción no Festival Novo Enfoque, na categoría de Videoxogos, impulsado polo alumnado e o alumnado egresado da Facultade de Ciencias da Comunicación da Universidade da Coruña (UDC), con Maestosia, un videoxogo no que experimenta coa música e o son como mecánicas xogables, abordando a saúde mental como tema principal.

Últimos números da nosa edición impresa

Shelf Wood

Outras novas populares

BoBots gaña o premio do público en Odisea Indie
Actualidade VIDEOXOGOS
4 Min de Lectura
Carlos J. Escudero: “Podemos ser mellores profesionais coas ferramentas IA, sempre que as utilicemos para reforzar as nosas capacidades e non como unha escusa para deixar de aprender”
Actualidade
13 Min de Lectura
A Semana Europea da Robótica pecha en Santiago cunha mañá profesional e unha feira aberta ás familias
Actualidade
6 Min de Lectura
Novo número da nosa edición impresa
Actualidade
2 Min de Lectura
Compartir Este Artigo
Facebook Whatsapp Whatsapp Copiar Ligazón Imprimir
- PÁXINA WEB HOSPEDADA EN -
Ad imageAd image
-PUBLICIDADE-
De fronte á violencia de xénero
-PUBLICIDADE-
PEL 2027

Revista en papel


Ad imageAd image

Feed RSS: ACTUALIDADE DA AMTEGA ACTUALIDADE DA AMTEGA

  • As persoas que coordinan as 93 aulas CeMIT de Galicia celebran o seu encontro anual na Cidade da Cultura
  • A intelixencia artificial é a tecnoloxía avanzada que máis medra no tecido empresarial galego no último ano
  • Inauguración Laboratorio e Centro Demostrador de Ciberseguridade Industrial de Galicia
  • Laboratorio e Centro Demostrador en Ciberseguridade Industrial

Subscríbete ao noso boletín

Recibe de balde por correo electrónico as novas novas.







banner							
banner
Lenos en Magzter
Os contidos da nosa edición impresa poden lerse comodamente a través da aplicación de Magzter para iOS e Android.
Ir a Magzter
Ad imageAd image

Outras novas de interese

VIDEOXOGOS

GTA 6 bate en España o récord histórico de lanzamentos físicos de videoxogos, malia venderse sen disco

26/11/2026
VIDEOXOGOS

Grand Theft Auto VI non consegue zafarse da piratería en PS5

26/11/2026
VIDEOXOGOS

O videoxogo galego Portalén poderá probarse na feira Culturgal

26/11/2026
VIDEOXOGOS

Camino Kaput chega a Android e iOS antes de presentarse no Culturgal

26/11/2026

CÓDIGO CERO

Código Cero, diario de novas tecnolóxicas de Galicia, é unha publicación en galego sobre TIC nacida en formato dixital o 25 de xullo de 2001, que comezou a editarse tamén en formato impreso en decembro do mesmo ano.

- PÁXINA WEB HOSPEDADA EN -
Ad imageAd image

 

PREMIOS

   
   

Grupo Código Cero Comunicación, S.L.

Rúa das Hedras 4 1 M
(Pol. Novo Milladoiro)
15895 Ames - Milladoiro
981 53 02 68
redaccion@codigocero.com
Código CeroCódigo Cero
Síguenos
© Grupo Código Cero Comunicación, S.L. – Política de privacidade
Banner de cookies RXPD

Utilizamos cookies para ofrecerche a mellor experiencia na nosa web.

Podes aprender máis sobre que cookies utilizamos na nosa política de cookies ou desactivalas nos axustes.

Welcome Back!

Sign in to your account

Nome de usuario ou Enderezo de Correo
Contrasinal

Perdiches o teu contrasinal?