Código CeroCódigo CeroCódigo Cero
  • NOVAS
    • Actualidade
    • Electrónica de consumo
    • Eventos
    • Intelixencia artificial
    • I+D+i
    • Audiovisual
    • Software libre
    • Telefonía
  • TREBELLOS
  • VIDEOXOGOS
  • REVISTA EN PAPEL
Lendo: Comeza a construción do edificio da Escola de Enxeñaría Aeronáutica e do Espazo
Compartir
Código CeroCódigo Cero
Buscar
  • Novas
  • Trebellos
  • Videoxogos
  • Revista en papel
Actualidade

Comeza a construción do edificio da Escola de Enxeñaría Aeronáutica e do Espazo

S. P.
Publicado: 11/07/2025
5 Min de Lectura
Compartir
5 Min de Lectura

escola_aeronautica_espazo_ourense_uvigo_visitaero2.jpg Este venres 11 de xullo comezou oficialmente a construción da Escola de Enxeñaría Aeronáutica e do Espazo da Universidade de Vigo, cun orzamento de dez millóns de euros. O proxecto iniciou a súa materialización definitiva cunha visita de autoridades ao campus na que se destacou que, nun contexto de crecemento do sector aeronáutico, a posta en marcha deste edificio é “unha aposta de futuro”.
A presentación do proxecto fíxose no Campus Auga (fronte a parcela na que se construirá) e onde actualmente hai laboratorios da Escola de Enxeñaría Aeronáutica e do Espazo que foron visitados polas autoridades durante o acto. Entre as persoas asistentes estiveron Alfonso Rueda, presidente da Xunta de Galicia; Manuel Reigosa, reitor da Universidade de Vigo; Román Rodríguez, conselleiro de Educación, Ciencia, Universidades e Formación Profesional; Francisco Javier Rodríguez, vicerreitor do campus de Ourense, e unha ampla representación do equipo de goberno da UVigo; Nieves Lorenzo, directora da Escola de Enxeñaría Aeronáutica e do Espazo; Luis Menor, presidente da Deputación de Ourense, e Aníbal Pereira, tenente alcalde do Concello de Ourense.
Un escola para un alumnado excelente e un sector en auxe
A Escola de Enxeñaría Aeronáutica e do Espazo construirase na parcela edificable situada na entrada do coñecido como campus sur do Campus de Ourense, ao carón da Escola Infantil Concepción Saiz Otero. O deseño do edificio corresponde a Javier e Carlos Rodríguez Alcoba, de García Rodríguez Alcoba Oficina de Arquitectura, de Madrid, e a construción recae na empresa ourensá Obras y Servicios Gómez Crespo SL.
escola_espazo_aeronautica_campus_ourense_visitaero1.jpg O contrato da obra ascende a 10.043.000,01 euros, incluíndo impostos, sendo o valor estimado do contrato e o importe sen impostos de 9.130.000,01 euros. O financiamento deste contrato corresponde nun 40% á Universidade de Vigo e nun 60% á Consellería de Educación, Ciencia, Universidades e FP da Xunta de Galicia e faise ao abeiro dos convenios de colaboración asinados entre as dúas institucións para o financiamento de actuacións destinadas ao desenvolvemento do Plan de Infraestruturas Universitarias. A obra ten un prazo de execución de 20 meses, estando previsto que o edificio estea finalizado en febreiro ou marzo de 2027.
As obras agora iniciadas converterán en realidade o deseño gañador do certame de ideas para a construción deste edificio feito pola UVigo. O concurso foi gañado por Javier e Carlos Rodríguez Alcoba, coa proposta bautizada como O Camaleón. Tras gañar o concurso, a este estudo correspondeulle a redacción do proxecto básico, do proxecto de execución e da dirección da obra. A presentación do proxecto arquitectónico do novo edificio foi realizada este venres 11 de xullo por Javier Rodríguez Alcoba. O proxecto, indicou, parte de tres premisas importantes: manter o carácter verde da zona campus onde se localiza e ter en conta que pechará unha gran mazá de edificios universitarios e que está situado nun dos puntos máis importantes de entrada á cidade de Ourense.
O deseño do edificio articúlase en tres pezas: unha sobre rasante, outra semisoterrada e unha “xunta” entre os dous primeiros, cunha forma e posición que vén marcada pola propia topografía do terreo no que se emprazará.
Cuns 6364,88 metros cadrados construídos, o edificio contará con dez laboratorios docentes destinados ao ensino e oito laboratorios de investigación destinados a facilitar recursos ás liñas de investigación que requiran de laboratorios especiais onde poder dispor de maquinaria para investigacións aplicadas no ámbito aeroespacial. Haberá catro aulas para 50 persoas; dúas aulas para 70 persoas e outras dúas para 100 persoas, 35 despachos e unha zona de dirección. Ademais, contempla seis seminarios e unha nave taller de aproximadamente 200 metros cadrados destinada a facilitar recursos ás liñas de investigación que requiran de laboratorios especiais e bancos de proba onde poder dispor de maquinaria pesada, ruidosa ou que necesite grandes superficies. Tamén se contempla que o edificio conte cun espazo de reserva para posibles futuras necesidades da titulación ou do campus.

Últimos números da nosa edición impresa

Shelf Wood

Outras novas populares

BoBots gaña o premio do público en Odisea Indie
Actualidade VIDEOXOGOS
4 Min de Lectura
Carlos J. Escudero: “Podemos ser mellores profesionais coas ferramentas IA, sempre que as utilicemos para reforzar as nosas capacidades e non como unha escusa para deixar de aprender”
Actualidade
13 Min de Lectura
A Semana Europea da Robótica pecha en Santiago cunha mañá profesional e unha feira aberta ás familias
Actualidade
6 Min de Lectura
Novo número da nosa edición impresa
Actualidade
2 Min de Lectura
Compartir Este Artigo
Facebook Whatsapp Whatsapp Copiar Ligazón Imprimir
- PÁXINA WEB HOSPEDADA EN -
Ad imageAd image
-PUBLICIDADE-
De fronte á violencia de xénero
-PUBLICIDADE-
PEL 2027

Revista en papel


Ad imageAd image

Feed RSS: ACTUALIDADE DA AMTEGA ACTUALIDADE DA AMTEGA

  • As persoas que coordinan as 93 aulas CeMIT de Galicia celebran o seu encontro anual na Cidade da Cultura
  • A intelixencia artificial é a tecnoloxía avanzada que máis medra no tecido empresarial galego no último ano
  • Inauguración Laboratorio e Centro Demostrador de Ciberseguridade Industrial de Galicia
  • Laboratorio e Centro Demostrador en Ciberseguridade Industrial

Subscríbete ao noso boletín

Recibe de balde por correo electrónico as novas novas.







banner							
banner
Lenos en Magzter
Os contidos da nosa edición impresa poden lerse comodamente a través da aplicación de Magzter para iOS e Android.
Ir a Magzter
Ad imageAd image

Outras novas de interese

apple_park_visitor_center_explore_03.jpg
Actualidade

OpenAI contrademanda a Apple

27/11/2026
Actualidade

As XVI Xornadas Achégate á Igualdade de Ames puxeron o foco na machosfera e nas plataformas dixitais

27/11/2026
Actualidade

Maldita.es denuncia unha rede de páxinas de Facebook que difunden desinformación política en campaña electoral

27/11/2026
Actualidade

A Universidade de Vigo dá o salto ao voto electrónico

27/11/2026

CÓDIGO CERO

Código Cero, diario de novas tecnolóxicas de Galicia, é unha publicación en galego sobre TIC nacida en formato dixital o 25 de xullo de 2001, que comezou a editarse tamén en formato impreso en decembro do mesmo ano.

- PÁXINA WEB HOSPEDADA EN -
Ad imageAd image

 

PREMIOS

   
   

Grupo Código Cero Comunicación, S.L.

Rúa das Hedras 4 1 M
(Pol. Novo Milladoiro)
15895 Ames - Milladoiro
981 53 02 68
redaccion@codigocero.com
Código CeroCódigo Cero
Síguenos
© Grupo Código Cero Comunicación, S.L. – Política de privacidade
Banner de cookies RXPD

Utilizamos cookies para ofrecerche a mellor experiencia na nosa web.

Podes aprender máis sobre que cookies utilizamos na nosa política de cookies ou desactivalas nos axustes.

Welcome Back!

Sign in to your account

Nome de usuario ou Enderezo de Correo
Contrasinal

Perdiches o teu contrasinal?