Código CeroCódigo CeroCódigo Cero
  • NOVAS
    • Actualidade
    • Electrónica de consumo
    • Eventos
    • Intelixencia artificial
    • I+D+i
    • Audiovisual
    • Software libre
    • Telefonía
  • TREBELLOS
  • VIDEOXOGOS
  • REVISTA EN PAPEL
Lendo: O CITIC acolle un curso internacional sobre IA aplicada á procura de migrantes desaparecidos
Compartir
Código CeroCódigo Cero
Buscar
  • Novas
  • Trebellos
  • Videoxogos
  • Revista en papel
Actualidade

O CITIC acolle un curso internacional sobre IA aplicada á procura de migrantes desaparecidos

S. P.
Publicado: 14/07/2025
3 Min de Lectura
Compartir
3 Min de Lectura

citic_curso_mdvi-workshop-768x512.jpgO Centro de Investigación en Tecnoloxías da Información e as Comunicacións da Universidade da Coruña (CITIC) acolleu un curso internacional centrado nos fundamentos da Intelixencia Artificial e a súa aplicabilidade na procura e identificación de persoas migrantes desaparecidas. A formación enmárcase no proxecto europeo Migrant Disaster Victim Identification (Migrant DVI), unha acción do programa COST (Cooperación Europea en Ciencia e Tecnoloxía), financiada por Horizon Europe.
citic_exposicion-6-scaled.jpg O curso, coordinado polo investigador do CITIC Óscar Ibáñez, estivo dirixido a un grupo diverso de profesionais (desde informáticos ata xenetistas, antropólogos, xeógrafos e historiadores) pertencentes á rede internacional do proxecto. A actividade forma parte das accións propostas polo Working Group 4, centrado na formación e detección de necesidades de capacitación dentro do consorcio.
Durante as sesións, ofreceuse unha introdución aos fundamentos da IA e exploráronse as súas posibles aplicacións prácticas en contextos de procura e identificación de persoas desaparecidas en tránsito dende os seus países de orixe. Presentáronse ferramentas, exemplos de uso e casos de estudo que amosaron o potencial destas tecnoloxías para abordar os desafíos únicos do ámbito forense migratorio, nun curso accesible e pensado para persoas non especialistas na área tecnolóxica.
citic_exposicion-3-scaled.jpg O proxecto Migrant DVI responde a unha necesidade urxente: mellorar as capacidades europeas na identificación de persoas falecidas durante o seu tránsito migratorio.
Así, nas sesións explicouse que a día de hoxe “só o 20 % dos corpos destas persoas falecidas chegan a ser identificados, debido a limitacións legais, técnicas e de cooperación transnacional”. Neste punto, “a aplicación da IA representa unha oportunidade clave para avanzar cara a procesos máis eficaces, sostibles e respectuosos coas familias das persoas desaparecidas”, engadiron.
citic_exposicion-5-scaled.jpg A rede Migrant DVI está composta por arredor de 200 membros de máis de 35 países, incluíndo institucións académicas, organizacións humanitarias e centros forenses de referencia. Entre as entidades participantes figuran a Universidade da Coruña, a Liverpool John Moores University, a Università degli Studi di Milano, o European Training Center of Active Forensic Sciences and Disaster Victim Identification, a Universidade de Málaga, a Masarykova univerzita (República Checa), a International Commission on Missing Persons, o University College Dublin, a Federación de Asociacións Africanas en Canarias e a Platform for Transnational Forensic Assistance.

Últimos números da nosa edición impresa

Shelf Wood

Outras novas populares

BoBots gaña o premio do público en Odisea Indie
Actualidade VIDEOXOGOS
4 Min de Lectura
Carlos J. Escudero: “Podemos ser mellores profesionais coas ferramentas IA, sempre que as utilicemos para reforzar as nosas capacidades e non como unha escusa para deixar de aprender”
Actualidade
13 Min de Lectura
A Semana Europea da Robótica pecha en Santiago cunha mañá profesional e unha feira aberta ás familias
Actualidade
6 Min de Lectura
Novo número da nosa edición impresa
Actualidade
2 Min de Lectura
Compartir Este Artigo
Facebook Whatsapp Whatsapp Copiar Ligazón Imprimir
- PÁXINA WEB HOSPEDADA EN -
Ad imageAd image
-PUBLICIDADE-
De fronte á violencia de xénero
-PUBLICIDADE-
PEL 2027

Revista en papel


Ad imageAd image

Feed RSS: ACTUALIDADE DA AMTEGA ACTUALIDADE DA AMTEGA

  • As persoas que coordinan as 93 aulas CeMIT de Galicia celebran o seu encontro anual na Cidade da Cultura
  • A intelixencia artificial é a tecnoloxía avanzada que máis medra no tecido empresarial galego no último ano
  • Inauguración Laboratorio e Centro Demostrador de Ciberseguridade Industrial de Galicia
  • Laboratorio e Centro Demostrador en Ciberseguridade Industrial

Subscríbete ao noso boletín

Recibe de balde por correo electrónico as novas novas.







banner							
banner
Lenos en Magzter
Os contidos da nosa edición impresa poden lerse comodamente a través da aplicación de Magzter para iOS e Android.
Ir a Magzter
Ad imageAd image

Outras novas de interese

apple_park_visitor_center_explore_03.jpg
Actualidade

OpenAI contrademanda a Apple

27/11/2026
Actualidade

As XVI Xornadas Achégate á Igualdade de Ames puxeron o foco na machosfera e nas plataformas dixitais

27/11/2026
Actualidade

Maldita.es denuncia unha rede de páxinas de Facebook que difunden desinformación política en campaña electoral

27/11/2026
Actualidade

A Universidade de Vigo dá o salto ao voto electrónico

27/11/2026

CÓDIGO CERO

Código Cero, diario de novas tecnolóxicas de Galicia, é unha publicación en galego sobre TIC nacida en formato dixital o 25 de xullo de 2001, que comezou a editarse tamén en formato impreso en decembro do mesmo ano.

- PÁXINA WEB HOSPEDADA EN -
Ad imageAd image

 

PREMIOS

   
   

Grupo Código Cero Comunicación, S.L.

Rúa das Hedras 4 1 M
(Pol. Novo Milladoiro)
15895 Ames - Milladoiro
981 53 02 68
redaccion@codigocero.com
Código CeroCódigo Cero
Síguenos
© Grupo Código Cero Comunicación, S.L. – Política de privacidade
Banner de cookies RXPD

Utilizamos cookies para ofrecerche a mellor experiencia na nosa web.

Podes aprender máis sobre que cookies utilizamos na nosa política de cookies ou desactivalas nos axustes.

Welcome Back!

Sign in to your account

Nome de usuario ou Enderezo de Correo
Contrasinal

Perdiches o teu contrasinal?